Archivo del sitio

A ciencia desatada na Domus.

Estamos de noraboa, CCIs de máis idade! Ata o mes de xullo de 2014 os 9 membros de KiiCS (Knowledge Incubation in Innovation and Creation for Science), especialistas nas áreas de ciencias, artes e plataformas multidisciplinares, e outros 9 museos de ciencia de toda Europa distribuiranse en 6 grupos para proporcionar aos mozos a oportunidade de desenvolver ideas creativas e aprender acerca da aplicación de solucións científico artísticas en diversos campos: o desenvolvemento urbanístico (Grupos Urbanauts e Sexa Cities), o cerebro (Grupo Brain),  a moda sustentable (Grupo Fashionable), as conexións sociais (Grupo B-Linked) e o «faino ti mesmo» de ciencias da vida (Grupo Bio KiiCS).

Qué significa todo esto? Pois que na Domus da Coruña podedes disfrutar de diferentes cursos relacionados con areas ben diversas da ciencia dende o 25 de Outubro ata o 3 de Xaneiro!  Xa vos podedes dar prisa e inscribiros, que son de balde!

Aquí podedes ler toda a información.

logoKiiCS

Foro sobre la ordenación del litoral y la actuación en la costa

Hoy, a las 19.30 horas en la Domus habrá un nuevo foro de debate del proyecto europeo «Sea for Society», que en España lidera el Aquarium Finisterrae.

En esta ocasión intervendrá Rafael Eimil Apenela, jefe de Demarcación de Costas del Estado en Galicia, que expondrá las cuestiones básicas sobre la ordenación del litoral, así como los criterios de la actuación en la costa.

Rafael Eimil también repasará la evolución de la actuación en la costa en los últimos 25 años y pondrá ejemplos del litoral de la provincia de A Coruña. Con su intervención, Eimil continúa con el segundo ciclo de debates de Sea for Society, titulado “El océano, un lugar en que vivir”.

Tras la presentación del tema tendrá lugar un debate en el que desempeñarán un papel esencial los jóvenes colaboradores, estudiantes universitarios seleccionados para participar en el proyecto.

La entrada es libre y gratuita.

Charla na Domus

Hoxe, 23 de abril, ás 19.30 horas, terá lugar na Domus o terceiro evento enmarcado nos foros de debate do proxecto europeo «Sea for Society», que en España lidera o Aquarium Finisterrae.

Dieta carnívora ou saúde dos océanos?
Con este nome dará lugar ao debate que suscita, desde o punto de vista ecolóxico, o uso masivo de fertilizantes químicos nos océanos. Estes representa unha alteración drástica da circulación do nitróxeno na biosfera que se traduce nun incremento da cantidade de nitróxeno que na actualidade circula a través dos ecosistemas da terra. Como consecuencia deste proceso, a cantidade de nitróxeno que entra nos océanos desde os continentes, ben a través dos ríos ou da atmosfera, aumentou en máis dun 100% desde a revolución industrial.

Isto está a ocasionar cambios severos nos ecosistemas mariños, entre os que cabe destacar a proliferación de algas nocivas ou a xeración de «zonas mortas», caracterizadas pola desaparición practicamente total do osíxeno na auga. Ambos fenómenos, que acontecen a escala global, ameazan a integridade ecolóxica de numerosos ecosistemas mariños.

Despois da charla, terá lugar un debate no que desempeñarán un papel esencial os mozos colaboradores, estudantes universitarios seleccionados para participar no proxecto.

Juego de Neuronas

Desde el pasado 15 de Marzo, se pueden ver, en la Domus, 13 módulos interactivos nuevos que recorren cada una de las 8 inteligencias descritas por Gardner. Esta producción original de los Museos Científicos Coruñeses constituye una renovación de sus contenidos permanentes, y tiene como elemento más emblemático una colorida red neural perteneciente al programa de participación “Dona tu neurona”. Un programa en el que 780 personas, la mayor parte escolares de toda Galicia (de 74 centros educativos), construyeron un total de 709 neuronas.

Inteligencias múltiples 
La exposición interactiva tiene como hilo conductor la teoría de las inteligencias múltiples de Howard Gardner. Para él, la inteligencia se puede desarrollar y adaptar al entorno, igual que otras capacidades; como la muscular. La inteligencia es la habilidad que utilizamos para resolver problemas, para elegir el camino que mejor lleva a un objetivo, o para crear productos importantes en el entorno social.

Sus ocho inteligencias son: la lingüística, la lógico-matemática, la musical, la cinética, la espacial, la interpersonal, la intrapersonal y la naturalista. Todos las tenemos y todas tienen igual importancia.

A lo largo de la exposición podremos poner en práctica nuestras diferentes inteligencias… intentando reproducir en un teclado una melodía, clasificando figuras de extraterrestres, reproduciendo dibujos con las instrucciones verbales de otra persona, jugando y disfrutando de/con cada una de ellas.

Semana Santa nos Museos Científicos da Coruña

Aviso a navegantes do CCI con ganas de aproveitar a Semana Santa.

mc2

O tres Museos Científicos Coruñeses estarán abertos tódolos días durante toda a Semana Santa (do 23 ao 31 de marzo) cun horario especial. A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren as súas portas ós ollos curiosos e inquedos con distintas experiencias:

Na DOMUS atoparedes a exposición interactiva “Xogo de neuronas”, sobre a intelixencia humana, na que se exploran diversos aspectos da anatomía e funcionamento do cerebro. Propón actividades que pon en práctica as diferentes habilidades das persoas, como tentar reproducir nun teclado unha melodía, clasificar uns seres extraterrestres, realizar un debuxo seguindo instrucións verbais, ou probar os reflexos e a axilidade nun panel con pulsadores a diferentes alturas que hai que tocar cando se acenden.

Como complemento, cada día a Domus ofrece 4 sesións de Cine 3D.

Na CASA DAS CIENCIAS acábase tamén de estrear o programa de planetario “Enerxía para a vida”, no que se aborda a importancia das enerxías renovables, pero tamén fala dos combustibles fósiles e da enerxía nuclear. As espectaculares animacións a toda cúpula permiten ao público voar sobre os rañaceos de Manhattan, introducirse no interior da cheminea dunha central térmica, viaxar aos confíns da nosa galaxia ou penetrarse nas tripas dun aeroxerador.

Cada día ofrece 4 sesións de Planetario dixital.

No AQUARIUM FINISTERRAE, como xa vos comentamos, temos a recente incorporación de lampreas ao tanque cilíndrico, na sala Maremagnum. Cara a mediados desta semana Santa as lampreas recibirán a compañía dunha pequena poboación de esturións.

O Aquarium inclúe ademais nas súas actividades diarias a alimentación das focas, que comen todos os días ás 11.30 e 17 horas, momento no que se convoca ao público e ofréceselle unha charla divulgativa sobre estes animais; tamén, luns, mércores e venres, ás 12 da mañá, pódese ver como se lles dá para comer ás quenllas da piscina do Nautilus.

E con todo isto, e todo o que se vos ocorra, moi bos días de minivacacións!

Á volta contádenos todo o que fixestes!

Noraboa CCIs!

Benvida e noraboa ós primeiros CCIs do ano!

Despois de ler as vosas preguntas só me queda dicirvos que o listón deste ano comeza alto! Nótase que tedes curiosidade e ganas de investigar, e iso é o que buscamos no CCI e nas Bibliotecas!

Aproveito para presentarvos o «Punto científico» que promove a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) na Domus este venres 22 de febreiro; dirixido ao público xeral, de balde até completar aforo.

Alí poderedes atopar, entre outras cousas, dende as 16.30:

– Cinema 3D

– Sesión de charlas, vídeos, música e teatro de ciencia para toda a familia.

Espero que vos sirva de complemento ó CCI, o disfrutes en familia e, sobre todo, sobre todo, chegue ás vosas neuronas espertas!!!

Punto Científico na Domus - 22 de feb. de 2013 na Coruña

Pensamento, creatividade, ciencia e innovación!

A estas alturas xa todos sabemos o afán científico dos CCIs, as ganas de coñecemento, de aprendizaxe que teñen, pero… ata onde chegan esa ganas?

Se queredes ir máis aló, poñer a proba o voso cerebro e saber se pensades de forma creativa, esto é o voso! ¡Eureka! Ciencia y Creatividad é unha exposición da Domus, en busca do espírito creativo que levamos dentro.

Exposición Eureka! Ciencia y Creatividad

Na Ciencia (non só nas Artes) podemos atopar unha morea de inventos e descubrimentos gracias ás ideas creativas e diferentes dos científicos. Esa creatividade, xunto co traballo (ás veces duro e longo) fai posible que xurdan xenios! Atoparemos algún dentro dos nosos CCIs???

Nesta época de descanso non podemos deixar que as nosas mentes se enferruxen! Imaxinade, tede Ideas, Inspirádevos, Investigade e Innovemos, como nos propoñen dende a Domus, porque agora tócavos a vós!!!