Archivo del sitio

Semana Santa nos Museos Científicos da Coruña

Aviso a navegantes do CCI con ganas de aproveitar a Semana Santa.

mc2

O tres Museos Científicos Coruñeses estarán abertos tódolos días durante toda a Semana Santa (do 23 ao 31 de marzo) cun horario especial. A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren as súas portas ós ollos curiosos e inquedos con distintas experiencias:

Na DOMUS atoparedes a exposición interactiva “Xogo de neuronas”, sobre a intelixencia humana, na que se exploran diversos aspectos da anatomía e funcionamento do cerebro. Propón actividades que pon en práctica as diferentes habilidades das persoas, como tentar reproducir nun teclado unha melodía, clasificar uns seres extraterrestres, realizar un debuxo seguindo instrucións verbais, ou probar os reflexos e a axilidade nun panel con pulsadores a diferentes alturas que hai que tocar cando se acenden.

Como complemento, cada día a Domus ofrece 4 sesións de Cine 3D.

Na CASA DAS CIENCIAS acábase tamén de estrear o programa de planetario “Enerxía para a vida”, no que se aborda a importancia das enerxías renovables, pero tamén fala dos combustibles fósiles e da enerxía nuclear. As espectaculares animacións a toda cúpula permiten ao público voar sobre os rañaceos de Manhattan, introducirse no interior da cheminea dunha central térmica, viaxar aos confíns da nosa galaxia ou penetrarse nas tripas dun aeroxerador.

Cada día ofrece 4 sesións de Planetario dixital.

No AQUARIUM FINISTERRAE, como xa vos comentamos, temos a recente incorporación de lampreas ao tanque cilíndrico, na sala Maremagnum. Cara a mediados desta semana Santa as lampreas recibirán a compañía dunha pequena poboación de esturións.

O Aquarium inclúe ademais nas súas actividades diarias a alimentación das focas, que comen todos os días ás 11.30 e 17 horas, momento no que se convoca ao público e ofréceselle unha charla divulgativa sobre estes animais; tamén, luns, mércores e venres, ás 12 da mañá, pódese ver como se lles dá para comer ás quenllas da piscina do Nautilus.

E con todo isto, e todo o que se vos ocorra, moi bos días de minivacacións!

Á volta contádenos todo o que fixestes!

Noraboa CCIs!

Benvida e noraboa ós primeiros CCIs do ano!

Despois de ler as vosas preguntas só me queda dicirvos que o listón deste ano comeza alto! Nótase que tedes curiosidade e ganas de investigar, e iso é o que buscamos no CCI e nas Bibliotecas!

Aproveito para presentarvos o «Punto científico» que promove a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) na Domus este venres 22 de febreiro; dirixido ao público xeral, de balde até completar aforo.

Alí poderedes atopar, entre outras cousas, dende as 16.30:

– Cinema 3D

– Sesión de charlas, vídeos, música e teatro de ciencia para toda a familia.

Espero que vos sirva de complemento ó CCI, o disfrutes en familia e, sobre todo, sobre todo, chegue ás vosas neuronas espertas!!!

Punto Científico na Domus - 22 de feb. de 2013 na Coruña

PERCORRIDO POLA EXPOSYFY

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡COIDADO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O que vas ver a continuación contén Spoilers do que te atoparás na Exposyfy que está ata o 20 de Agosto na Fundación Caixa Galicia de A Coruña. Se aínda non fuches deixa agora mesmo de ler isto e que non se che ocurra mirar as fotos. Se polo contrario queres botar unha ollada en imaxe ao que xa viches , Adiante.

"ExpoSyfy: Viaje fantástico"


Boas rapaces!!!

Sospeitamos que a Fundación Caixa Galicia, estivo investigando sobre as actividades secretas que levamos a cabo este ano en materia de Ciencia- Ficción… xa que onte saíu á luz unha noticia que nos fixo intuir que tiveron algún chivatazo dende esta organización secreta, ou vós sodes dos que creedes que AS CASUALIDADES EXISTEN…???
Por que a exposición que prepararon desde a Fundación e que comeza hoxe e remata o día 20 de Agosto, con entrada gratuíta, está adicada aos filmes de CIENCIA-FICCIÓN, e poñen a disposición de tódolos visitantes obxectos orixinais de películas como Star Wars, Batman, Mars Attacks
¿E sospeitoso ou non?

Que a gocedes!!!!