Archivos Mensuales: febrero 2010

Novas aventuras no CCI

Seguimos coa nosa andadura CCI. Esta vez a nosa inquedanza investigadora, o noso soño de protexer a Biodiversidade existente en tódolos rincóns do mundo, levanos a coñecer o Centro Oceanográfico de A Coruña, situado no Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, nº 10 (moi perto do Dique de Abrigo). Unha vez alí saberemos, de primeira man, cales son os estudos e as accións que os nosos expertos están a desenvolver para preservar a estabilidade dos animais e as prantas das nosas costas.

Estás preparado para descubrir o que Centro Oceanográfico aporta aos nosos mares?, tes entre 9 e 13 anos? Se as dúas respostas foron un si, este é o teu clube. Esperámoste o xoves día 18 de Febreiro nas portas do Oceanográfico ás 17:40.

Podes Inscribirte presencial ou telefónicamente en:

* Biblioteca Municipal Forum (981 184 298 – bforum@coruna.es)
* Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil (981 184 388 – binfantil@coruna.es)

Anuncios

O CCI nas fragas do Eume

O sábado 6 de febreiro estivemos nas “Fragas do Eume”. Levantámonos moi cedo para poder observar xunto co noso experto botánico Carlos Franco a biodiversidade existente nos sendeiros, bosques e ríos das fragas. Desgraciadamente só puidemos ver a biodiversidade floral, posto que somos tan ruidosos que os animais nin sequera se nos achegaron. Despois de 7 km por camiños que desafiarían ao mesmo Robin Hood algúns afortunados puideron ver garzas e máis cabras montesas, pero outros quedámonos coas ganas. Para que non quededes vos tamén con elas, aquí tedes en imaxes o que aconteceu.

http://www.flickr.com/apps/slideshow/show.swf?v=71649

Excursión ás Fragas do Eume

Este sábado día 6 de febreiro ás 8:45 da mañá o CCI trasladarase ás Fragas do Eume. O autobús recolleranos na porta de Forum Metropolitano (Río Monelos 1) ás 9:00 h. para asistir a un dos lugares máis máxicos e especiais da nosa xerografía.

Da man dun dos nosos expertos botánicos percorreremos os sendeiros, bosques e ríos, nos que poderemos observar a biodiversidade alí presente, para rematar a nosa visita no Mosteiro de Caaveiro.

Por suposto, os pais podedes asistir tamén á actividade. Recordade que os menores necesitan unha autorización por escrito que podedes descargar aquí.