Archivos Mensuales: febrero 2013

Fotos da primeira sesión

Se queredes ver o ben que o pasamos na primeira sesión deste ano non tedes máis que pinchar no bigote do cientíco. 🙂

Dibujo

Un saúdo CCI´s

AnunCCIos

A partires de hoxe mesmo teremos, tódolos luns, un contido novedoso no que tentaremos reflectir a importancia da auga para a humanidade. Lugares para visitar, refráns, festas, citas de personaxes famosos…  entrarán a formar parte do apartado AnunCCIos que se estrea con Nevermind:

O álbum que deu a coñecer mundialmente ao grupo Nirvana e que encumbrou ao máis alto a un xénero musical prácticamente descoñecido ata a época, o Grunge. O CD, lanzado en 1991, converteuse no éxito sen precendentes do panorama underground ao vender máis de 30 millóns de copias en todo o mundo; en parte grazas ao seu single “Smells like teen spirit” que se converteu no paradigma de toda unha xeneración.

Un disco no que música, portada e letras forman unha conxunción conceptual perfecta que nos invita a reflexionar sobre o mundo. O cd co que, a maior parte dos que xa temos máis de trinta, perdimos a inocencia vendo descubertas, nun puñado de temas que siguen estando de recente actualidade, as regras desta farsa que chaman “Estado de Bienestar” .

Pero imos ao que nos fixo publicar isto no blog: a portada. Unha portada sinxela e icónica, orixinal e impactante, naif e escandalosa que foi admirada á vez que criticada polo sector máis consevador do panorama político norteamericano. Unha portada supercoñecida e ultrarecoñecible que se caracteriza por ser, xunto con Abbey Road dos Beatles, a portada máis parodiada no panorama musical.

Se es dos que parodian, dos que se mollan ou dos que pican o anzol; este disco é para ti. Se es un cú inquedo e non coñeces o disco, ou queres volver a escoitalo, podes levalo de gratis para a casa na  biblio municipal máis cercana.

Noraboa CCIs!

Benvida e noraboa ós primeiros CCIs do ano!

Despois de ler as vosas preguntas só me queda dicirvos que o listón deste ano comeza alto! Nótase que tedes curiosidade e ganas de investigar, e iso é o que buscamos no CCI e nas Bibliotecas!

Aproveito para presentarvos o «Punto científico» que promove a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) na Domus este venres 22 de febreiro; dirixido ao público xeral, de balde até completar aforo.

Alí poderedes atopar, entre outras cousas, dende as 16.30:

– Cinema 3D

– Sesión de charlas, vídeos, música e teatro de ciencia para toda a familia.

Espero que vos sirva de complemento ó CCI, o disfrutes en familia e, sobre todo, sobre todo, chegue ás vosas neuronas espertas!!!

Punto Científico na Domus - 22 de feb. de 2013 na Coruña

Vai practicando!!!

Si, si, o que lees, XA PODEDES EMPEZAR A PRACTICAR!!!

Queres facer un post neste blog?…

Pois aquí che deixamos un tutorial para que vexas o sinxelo que é e que todos o podemos facer.

O CCI Aq(t)úa

AqtuaComeza o CCI e con el o noso compromiso. Un compromiso coa Ciencia, un compromiso co noso planeta e un compromiso co Medio Ambiente enmarcado no Ano Internacional da cooperación na esfera da auga.

Queres que chegemos a Pekín?, queres difundir a nosa mensaxe a través do Ciberespacio?, queres coñecer de primeira man o que temos preparado para ti durante todo o ano?… pois asiste a primeira sesión do CCI para: Navegar polo noso blog, tecer as redes que fagan eco das nosas voces, coñecer o Maremagnum de información que podes manexar na Internet, refrescarte con contidos que non sabías nin que existían,…

Invita aos teus pais e bebede xuntos da auga fresca que vos ofrecemos este ano. No 2013 Aq(t)úa.

Xa estás tardando…

Dibujo… en apuntarte a primeira sesión CCI. Xa sabes que, se tes entre 9 e 13 anos e compartes o espíritu aventureiro de Lara Croft, a paixón de Jules Verne e a curiosidade científica de Stephen Hawking esté é o teu club. Verémonos as caras cada 15 días nas bibliotecas Municipais Ágora, Forum Metropolitano e Infantil e Xuvenil. Elixe a túa biblio favorita e pásao en grande!!!!!!!

Ágora, o mércores 20 as 18:30. Tel: 981189886

Forum, o xoves 21 ás 18:30. Tel: 981184298

Infantil, o sábado 23 ás 17:30. Tel: 981184388

El ciclo del agua

Muy interesante para que os pongáis al día en el tema que vamos a tratar este año.

Ya queda menos.

Farmacoxenómica e Mediciña Personalizada na Domus

“Farmacogenómica e Mediciña personalizada” é unha exposición instalada na sección de Xenética da planta baixa de Domus. Con ela preténdese achegar á sociedade a investigación da mediciña personalizada, a través dun conxunto de paneis e actividades que axudan a entender, dunha forma rigorosa pero amena, como os científicos estudan os perfís xenéticos poboacionais e o seu efecto sobre a resposta aos fármacos.

Así, por exemplo, os visitantes poderán coñecer cales son as ferramentas modernas para descifrar a información que contén o ADN, técnicas que xa permitiron secuenciar o xenoma de miles de organismos.

Noutro dos módulos explícase como as mutacións e as variacións nas secuencias xenéticas poden influír na resposta a un tratamento; aquí proponse ao visitante unha actividade na que ha de facer de detective xenético para descubrir que porcentaxe da poboación non pode utilizar un analxésico concreto. Ademais, proponse un xogo ao redor do xenética modo de mesa táctil colaborativa que permite participar a varios xogadores á vez.

Programa Diana de investigación farmacoxenética
O programa desenvolve un conxunto de proxectos de investigación sobre a mellora da efectividade dos fármacos e a minimización dos efectos secundarios dos mesmos en base a novas ferramentas xenéticas para a mediciña personalizada en diversas patoloxías de gran incidencia poboacional e impacto social e económico como as enfermidades cardiovasculares, o VIH ou diversos tipos de cancro. Ademais do desenvolvemento de novos protocolos xenéticos que aumenten a efectividade do tratamento terapéutico, o programa busca a transferencia das devanditas innovacións á sociedade que redunden nun beneficio social para os pacientes e económico para as administracións sanitarias.

Aventuras no Aquarium

O Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades de fin de semana chamado “Aventuras no Aquarium, que inclúe experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. É unha ocasión para aquelas persoas que desexen coñecer a Casa dos Peixes desde outra perspectiva e realizar unha actividade especial da man do persoal especializado do centro.

As “Aventuras” propostas serán as seguintes:

Aventura coas focas. Os asistentes a esta actividade coñecerán os segredos da dieta das focas, prepararanlles a comida e participarán na súa alimentación. Sábados e domingos ás 11 horas a partir do 9 de febreiro. Dirixida a nenos maiores de 7 anos, que deben asistir acompañados dun dos seus pais.

Viaxe ao centro do Aquarium. Unha visita guiada pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, celebrarase sábados e domingos a partir do 16 de marzo, ás 12 horas.

Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 842, a partir do 4 de febreiro, e abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Cartón 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Xa está aquí o CCI

O Club de Ciencia e Investigación (CCI) xa está de volta.

Solicita toda a información que precises nas Bibliotecas Municipais Ágora, Fórum e Infantil e Xuvenil. Corre que o tempo pasa!

Comezamos o día 20 de Febreiro na Biblioteca Ágora ás 18:30h.

oñjk