Archivos Mensuales: agosto 2012

O Tricetractor

Extra, Extra!!!!. Presentámosvos en primicia unha nova especie de dinosaurio achada hai escasas horas nas proximidades de Chumbotown, O Tricetractor; un antepasado do Tricera-tops (o dinosaurio comedor de Pizza) do que de momentos se descoñecen máis cousas das coñecidas. Segundo os estudos científicos e paleontolóxicos aos que foron sometidos os seus osos descubriuse que era motorífero (reprodución a través dun motor v8) e ferrivoro (baseaba a súa alimentación en ferro, alomenos para almorzar). Sabemos tamén que se movía con tracción as catro rodas, que o número de chasis da femia era diferente ao do macho e que estaban disponibles en catro cores diferentes.

Deixamosvos unha foto do achazgo do que seguiremos informando en próximos posts.

Goodbye Neil

«Un pequeno paso para o home, un grande paso para a humanidade»

O astronauta Neil Armstrong, a primeira persoa que pisou a lúa, finou este sábado. O 16 de Xullo de 1969 comezaría a súa grande aventura cando a nave Apolo 11, da que era comandante, iniciou a súa viaxe cara o descoñecido; a súa viaxe cara a lúa. Tres persoas foron as afortunadas en emprender a primeira misión pilotada á lúa; Neil Armstrong, «Buzz» Aldrin e Michael Collins que lograron aterrar nela o 21 de Xullo. Despois de máis de dúas horas recollendo mostras, facendo experimentos e tomando fotografías emprenderon a volta ao noso planeta aterrando no Océano Pacífico o 24 dese mesmo mes.

Chegaba, deste xeito, o culme da denominda Carreira espacial, que evidenciaba a competencia entre os dous países que ostentaban o título de grandes potencias mundiais naquel entonces (EEUU e a URSS). Esta «Carreira» por explorar o espacio exterior, por dominar o mundo, perdorou uns cantos anos máis (ata 1975). Ben é sabido por todos vos que moralmente falando  non estamos de acordo con esta «guerra» nin con nigunha outra; pero pensando científicamente, hai que dicir que gracias a ela algúns de nós soñamos con conquistar as estrelas e como Yuri Gagarin; ser a primeira persoa en ver o espacio cos nosos propios ollos.

Pensamento, creatividade, ciencia e innovación!

A estas alturas xa todos sabemos o afán científico dos CCIs, as ganas de coñecemento, de aprendizaxe que teñen, pero… ata onde chegan esa ganas?

Se queredes ir máis aló, poñer a proba o voso cerebro e saber se pensades de forma creativa, esto é o voso! ¡Eureka! Ciencia y Creatividad é unha exposición da Domus, en busca do espírito creativo que levamos dentro.

Exposición Eureka! Ciencia y Creatividad

Na Ciencia (non só nas Artes) podemos atopar unha morea de inventos e descubrimentos gracias ás ideas creativas e diferentes dos científicos. Esa creatividade, xunto co traballo (ás veces duro e longo) fai posible que xurdan xenios! Atoparemos algún dentro dos nosos CCIs???

Nesta época de descanso non podemos deixar que as nosas mentes se enferruxen! Imaxinade, tede Ideas, Inspirádevos, Investigade e Innovemos, como nos propoñen dende a Domus, porque agora tócavos a vós!!!

«TOP TEN»

Aquí temos o TOP TEN dos descubrimentos paleontolóxicos do pasado ano 2011.

 

Agardaremos a finalizar o 2012 para ver que extrañas criaturas foron descubertas neste ano.

Imaxinades algún destes bechos?? un oso con sete patas, por iso da adaptación ao medio, para que correra máis ou un dinosaurio con ás, cornos, pelo, dentes, barba, gafas???

Bueno pois ahi quedan os novos descubrimentos e as miñas aportacións de animais que poden ser descubertos neste ano.

Un saúdo CCI`s