Archivo del sitio

“TOP TEN”

Aquí temos o TOP TEN dos descubrimentos paleontolóxicos do pasado ano 2011.

 

Agardaremos a finalizar o 2012 para ver que extrañas criaturas foron descubertas neste ano.

Imaxinades algún destes bechos?? un oso con sete patas, por iso da adaptación ao medio, para que correra máis ou un dinosaurio con ás, cornos, pelo, dentes, barba, gafas???

Bueno pois ahi quedan os novos descubrimentos e as miñas aportacións de animais que poden ser descubertos neste ano.

Un saúdo CCI`s

 

Por fin!!!

Todos os que me coñecedes un pouco sabedes que a miña comida favorita é a tortilla. Os que me coñecen un pouco máis están ao corrente de que fai máis de 8 anos que son ovo-lacteo vexetariano. Pero tanto se me coñeces como se non, non sabes que  hoxe é o día no que volverei a comer carne. En concreto peixe, xa que novos estudos revelaron a existencia do “Peixe Tortilla”:

Este curioso animal é unha das novas especies que se atoparon no 2011 e ocupa un lugar destacado no top ten de especies máis espectaculares descubertas ese ano. O estudo feito polo Instituto Internacional de Investigación de Especies de la Universidad Estatal de Arizona di que o Halieutichthys intermedius, nome oficial polo que se coñece este peixe, habita os fondos do Golfo de México polos que se arrastra axudándose dos ganchos que ten nas aletas. O autor desta deliciosa foto corresponde a un dos seus descubridores, Prosanta Chakrabarty.

Que aproveite CCI´s