Archivos Mensuales: junio 2014

A vista de paxaro

Ola CCI´s!!!

Como van esas vacacións? Despois dun ano intenso de cole seguro que o estades pasando en grande gozando do voso tempo libre, indo a praia, trouleando cos amiguetes, lendo un libro na piscina, e porque non, tamén observando aves e gozando da natureza. Xa que despois de todo o que aprendimos e compartimos neste ano cos nosos amigos do Habitat e tras a xornada de anelamento científico de aves e do roteiro pola Torre de Hécules, seguro que a máis dun e dunha se lle despertou o “gusanillo” e o interese polo tema, a que sí!!!

Galicia é un territorio afortunado, aínda que nalgunhas ocasións os plans de praia e de piscina se nos chafen polo tempo xa que os veráns aquí caracterízanse por ser frescos e con algunha choiva que outra. Estamos moi cerca do Océano, esta posición estratéxica fai desta terra un extraordinario lugar para o avistamento de aves.

collage
Esta comunidade autónoma é un dos mellores lugares de España para a observación ornitolóxica, cun catálogo interminable de especies sobrevoando as súas terras. As comunidades de aves varían sensiblemente entre os diferentes ambientes que podemos distinguir en Galicia: Humidales interiores,  Litoral e mar aberto, Áreas montañosas, Ámbitos urbanos, Áreas agrosilvopastoriles, Canóns e vales fluviais.

Aínda que son moitas as zoas de Galicia nas que ver un bo número de aves, existen certas áreas especialmente recomendables por diferentes motivos: facilidade para aceder aos mellores puntos,comunicacións, recursos turísticos…
A continuación, podedes observar un mapa dos espacios naturais de interese ornitolóxico de Galicia.

mapa

mapa1

E se estades planeando unha saída a natureza os deixamos o enlace da páxina web de turismo de Galicia con información sobre rutas, especies e os dez mellores lugares para ver aves nesta comunidade. Non esquezades consultalo noso catálogo das Bibliotecas Municipais e levar con vos algunha guía interesante e dar renda solta á vosa aventura.

 

 Lembrar que…
A observación de aves no seu ambiente natural supón un uso sostenible dos recursos naturais, e permite achegarnos á natureza dende un punto cercano e privilexiado. Con todo, hai que lembrar que non debemos molestar en ningún momento as aves, nin alterar os seus ecosistemas, respetando, sobre todo sus áreas de cría. O silencio e a discreción son imprescindibles.

Orgullo no reino animal

O 28 de xuño é o Día Internacional do Orgullo LGTB e, como cada ano, dende as Bibliotecas Municipais da Coruña organizamos toda unha programación arredor desta temática para contribuír a dar maior visibilidade e apoiar á comunidade LGTB na súa loita polo respecto.

As Municipais Entenden

Cartel da campaña LGTB 2014 “As Municipais Entenden”. Podedes seguir a campaña en redes sociais e participar co hastagh #LeConOrgullo

E dende o blog do Club de Ciencia e Investigación non se nos ocorre mellor tema para reivindicar a diversidade na natureza que o orgullo no reino animal.

Animal homosexuality

E foi o biólogo, lingüista e escritor canadense Bruce Bagemihl o primeiro en realizar unha exhaustiva análise da homosexualidade animal na súa obra Biological Exuberance: Animal Homosexuality and Natural Diversity, publicada no ano 1999.

No seu libro, Bagemihl documenta científicamente a homosexualidade en mais de 450 especies de mamíferos, aves, réptiles, insectos e outros moitos animais de todo o mundo. E afirma que o comportamento homosexual e bisexual entre animais é normal e habitual na natureza.

Con abundantes ilustracións, datos fascinantes e descricións asombrosas da conduta animal, Biological Exhuberance é un referente que cambiará para sempre o modo en que observamos a natureza.

Against natureE precisamente, a primeira exposición internacional que aborda o tema da homosexualidade nos animais toma como base, entre outros, o traballo de Bagemihl. Trátase de Against Nature?: an exhibition on animal homosexuality, organizada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Oslo (Noruega).

Activa dende o mes de outubro de 2006 ata agosto de 2007, a exposición amosa -a través de fotografías e textos- unha pequena selección das mais de 1.500 especies nas que se observou comportamentos homosexuais. O Museo de Historia Natural de Oslo buscou con esta exposición axudar a desmitificar a homosexualidade humana e rexeitar o argumento -por desgraza estendido nalgúns sectores- de que a homosexualidade é un crime contra natura.

Algunhas das imaxes que ilustraron a exposición Against Nature?:

Exemplos homosexualidade reino animal

Dúas baleas femia, dúas xirafas macho e dous bonobos femia.

En ocasións penso que moito temos que aprender todavía da natureza. A fin de contas…

Non latexan os corazóns de todas as persoas do mesmo xeito?

Non experimentamos todos os seres humanos as mesmas emocións?

Non somos todos igual de semellantes e igual de diferentes a un tempo?

#Recomendamosbmc consultar a wiki temática As Municipais Entenden e a guía de lectura #LeConOrgullo 2014

 

Día do Científico Galego

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou o pasado luns 16 de xuño a VII edición do Día do Científico Galego, dedicado este ano ao naturalista Luis Iglesias.

luis iglesias iglesias

A Real Academia Galega de Ciencias celebra dende 2008 o Día do Científico Galego, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e a comunidade educativa en particular. E a Fundación Barrié, a través de educaBarrié, colabora neste importante proxecto coa elaboración e difusión de materiais didácticos sobre a vida e a obra dos homenaxeados, así como no desenvolvemento de actividades para escolares e familias, e visitas guiadas, obradoiros, espectáculos, actividades na rúa, concursos, etc.

 Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis, Vigo, o 2 de xullo de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1977, foi un científico galego. Estudou Bacharelato en Vigo e en Madrid Ciencias Naturais e Medicina. Dedicouse á docencia e a súa obra investigadora centrouse, sobre todo, na Entomoloxía (o estudio científico dos insectos). Tamén colaborou na Historia de Galiza de Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.

 maria-wonenburger-sabia-L-HLl0Yi_1__1

Pero queremos aproveitar tamén este día tan sinalado para facernos eco da triste noticia que estes días recollían todos os medios de comunicación, a morte os 86 anos da matemática e científica coruñesa María Wonenburger que obtivo tardiamente os honores da comunidade científica galega e española e das institucións políticas e reivindicar asi tamén o papel das mulleres no eido científco.

De seguro que os CCI’s das Bibliotecas Municipais serán tamén no futuro uns grandes científicos e científicas galegos, dende o Club de Ciencia e Investigación animámolos a que sigan traballando e non abandonen nunca esa ansia e inquietude pola ciencia e polas gañas de aprender que sempre os acompaña!!

aCCIón conxunta I

Este sábado 14 de xuño, os e as CCI’s ao completo saímos ao campo a gozar dunha xornada de anelamento científico e observación de aves. Foi unha saída moi esperada, que tivemos que aprazar en varias ocasións polo mal tempo, pero a espera… mereceu a pena!!! 

A actividade desenvolveuse no contorno natural do encoro de Cecebre, mais concretamente, no Observatorio Ornitolóxico de Crendes, situado a carón da lámina de auga do encoro.

Estacion ornitoloxica de Crendes

Ao chegar, Berto e David -membros do Grupo Naturalista Hábitat e expertos aneladores- explicáronnos en que consiste iso do anelamento de aves, para que se fai e como. Os e as CCI’s prestaron especial atención á información que nos deron sobre o anelamento, apoiados por diversas guías de aves, e puidemos averiguar que:

O anelamento é un método de estudo das poblacións de aves que consiste na individualización destas mediante a colocación dun anel metálico na pata. Isto permítenos estudar os movementos e migracións das aves, taxa de mortalidade ou supervivencia, así como tamén o sexo e idade das aves aneladas.

Chega de explicacion

Unha vez feitas as explicacións sobre o anelamento científico de aves, dividímonos en dous grupos para visitar as redes de recollida de aves -previamente colocadas polos aneladores, así como tamén a mesa de traballo. Observamos como se recollen as aves que caeron nas redes e o coidado e habilidade que debe ter o persoal anelador neste momento. Os rapaces e rapazas estiveron moi atentos e amosaron especial ilusión por poder levar ás aves da zona das redes á mesa de traballo.

Recollida de paxaros nas aes

A continuación puidemos observar todo o proceso na mesa de traballo: como se pesan as aves, como identificar o sexo ou idade, como se recollen estos datos por escrito e como se coloca o anel. Despois procedemos a liberar as aves, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de sentir o paxaro na man e abrila para deixar que emprenda o voo libremente. Unha experiencia marabillosa!!

Anelamento cientifico de aves

O día acompañou e tivemos a inmensa sorte de ver unha gran diversidade de aves:

Diferentes aves

Os e as CCI’s amosaron un gran interese durante toda a xornada e foron anotando nos seus cadernos de campo aqueles detalles que mais lles chamaron a atención.

Cadernos de campo

Rematada a actividade de anelamento e recollidas as redes, os rapaces e rapazas desfrutaron da observación de diversas aves a través de medios ópticos como prismáticos ou telescopios.

Observacion de aves

Unha xornada moi gratificante na que, ademais de ver o proceso de anelamento científico de aves, desfrutamos do campo e da riqueza en biodiversidade presente no encoro de Cecebre. Dende aquí, o noso agradecemento aos membros do Grupo Naturalista Hábitat que nos acompañaron e guiaron durante toda a xornada!

GNH

Membros do Grupo Naturalista Hábitat

Foto de grupo

Foto do grupo á chegada a Forum

Xornada de anelamento científico e observación de aves

Despois de varios meses agardando polo bo tempo para poder realizar a tan ansiada saída de campo, por fin a choiva e o mal tempo nos dan tregua e este sábado 14 de xuño gozaremos dunha xornada de anelamento científico e observación de aves da man do Grupo Naturalista Hábitat.

A actividade terá lugar no contorno natural do encoro de Cecebre, concretamente no Observatorio Ornitolóxico de Crendes, situado a carón da lámina de auga do encoro. Durante a xornada poderemos:

— Aprender toda a metodoloxía do anelamento científico: para que se fai, por que e como, así como tamén a súa aplicación e vantaxe no estudo e conservación da avifauna.

— Visitar as redes de recollida de aves.

— Fotografar as aves dende unha perspectiva única.

— Observar, coñecer e distinguir as aves presentes no encoro grazas á utilización de diverso material óptico.

Saida CCI 3Saida CCI 2 Saídas CCI

E que precisamos para saír ao campo?

Calzado axeitado, roupa cómoda e protección solar

Auga e algo de refrixerio (bocadillo, galletas, froita…  o que a cada un lle apeteza)

Caderno de campo ou libreta para anotar o que nos chame a atención na saída. Moi importante!

Cámara de fotos sempre que se poida. Tamén vale a cámara do móvil

Prismáticos e lupa, no caso de ter na casa. Non fai falla mercarlos!

Non podemos olvidar tamén a importancia de comportarse dun xeito responsable nas saídas de campo, para iso recomendamos a lectura do Código ético para os observadores de aves, elaborado pola Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife). E dito isto, tan so nos queda prepararnos para gozar da saída! Vémonos o sábado CCI’s!!

Onde ver aves na Coruña

O CCI deste ano está chegando ao seu fin sen esquecer que nos queda o ANELAMENTO DE AVES co Grupo Naturalista Hábitat, pero se non queredes perder comba de todo o que fixemos durante este ano e poñer en práctica todo o aprendido, aquí vos deixamos unha guía de lugares onde podedes avistar aves na nosa cidade.

Lugares de avistamento:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Somos realmente afortunados por ter unha enorme fauna e lugares tan fermosos na Coruña e moitas veces non somos conscientes desta realidade, así que esperamos que grazas a todo o que fixemos no CCI este ano co Grupo Naturalista Hábitat sexa útil para que esta realidade que nos rodea poda seguir medrando e dándonos imaxes tan bonitas coma as que vos amosamos.