Archivos Mensuales: mayo 2013

VacaCCIóns

O CCI xa está de vacacións, pero a ti aínda che queda o máis duro… aprobar os exames de Xuño. Para darte unha alegría e ganas de aprobalo todo recomendámoste a Ruta Da Auga de Guitiriz. Que que é?. Pois ahí o tes:

É un roteiro, para facer a pé, duns vinte kilómetros de lonxitude que tenta enlazar o camiño norte de Santiago coas tres fontes de auga medicinais existentes no Concello de Guitiriz: Fonte de Valdovín,en Parga, Fonte de San Xoán, en Lagostelle e Fonte de Pardiñas, situada dentro da aldea do mesmo nome que pertence á parroquia de Lagostelle.

O inicio, nun lugar emblemático de Guitiriz, está na parroquia de Sambreixo, en San Alberte. Un lugar onde conflúen unha ponte romana, unha interesante capela gótica con cruceiro e un asombroso conxunto natural con gran variedade de árbores; todo á beira do río Parga que nesta zona xa é adulto e corre raudo a xuntarse co Ladra uns kilómetros despois. Moi perto daquí, subindo á esquerda, atópase o miradoiro de Sambreixo dende o que se pode disfrutar  dunha fermosa visión da zona.

E o resto… xa o descubriredes vos. Nós, pola nosa banda, a pesares de estar de vacacións, seguiremos actualizando o blog con contidos relacionados coa auga ou non. Ata o ano que ven!!!

Gárdasme o segredo?

GÁRDASMO??

Visita a Punta Langosteira

Moi boas CCI´s!!!!

Como xa sabedes polas mensaxes e as chamadas que fixemos ao longo da semana, hoxe é o día no que visitaremos, o que nun futuro será, o Porto Exterior de A Coruña. Un proxecto de Novas Instalacións Portuarias que se erixe como unha das más importantes obras en execución debido ao seu nivel de complexidade e de incidencia para a Comunidade Autónoma Galega.

Un proxecto, cofinanciado con Fondos de Cohesión da Unión Europea, que pretende, ademáis da recuperación da fachada marítima, incidir de forma notable nas relacións do Porto coa cidade, atribuíndo a este novos usos para a cidadanía.

Na nosa visita, os axentes especiais do CCI Andrés Guerra e Ramón Castro, serán os guias que nos explicarán os plans para converter o noso porto no máis importante de Galicia nunha última sesión de infarto ao borde da auga.

Se queredes saber máis, a Autoridade Portuaria de A Coruña creou un portal web no que podedes atopar:

– Información relativa ao desenvolvemento e execución do proxecto.

– Información correspondente ao desenvolvemento do proceso de transformación de parte dos actuais espazos de uso exclusivo portuario para novos usos cidadáns.

– Sección de Hemeroteca, tanto de noticias xeradas ao longo da xestión do proxecto e o seu impacto en medios como inclusión de imaxes das distintas fases das obras.

– Zona de contactos

Vémonos ás 17 horas en frente de Autoridade Portuaria.

Saíde xa de clase e bulide para aquí!!!

Foro sobre ecosistemas mariños na Domus

Hoxe,  ás 19.30 horas, regresan á Domus os foros de debate do proxecto europeo “Sea for Society”, que en España lidera o Aquarium Finisterrae.

Nesta ocasión intervirá Ricardo Aguilar, director de Investigación de Oceana en Europa, quen charlará sobre “O que o mar nos ofrece. Os servizos ambientais dos océanos”. Coa súa intervención, arrinca o segundo ciclo de debates de Sea for Society, titulado “O océano, un lugar en que vivir”.

O mar, pulmón da Terra?
Ricardo Aguilar falará sobre a necesidade de dispor de cifras e datos para falar de conservación. Moitos investigadores empezaron a pór números á importancia dos ecosistemas para a alimentación, a sanidade, os ciclos fundamentais da vida, a loita contra a erosión, o cambio climático e todo aquilo que está unido á propia orixe da crise ou que vai dificultar a saída desta.

Os océanos seguen sendo os grandes descoñecidos, pero as primeiras estimacións están a demostrarnos que a súa produtividade para as actividades humanas é enorme. Os seus ecosistemas poden producir até 10 veces máis beneficios que os bosques tropicais. E aínda estamos a empezar a comprender todo o que o mar nos ofrece. O primeiro é a nosa existencia: sen océanos sería imposible a vida sobre a Terra.

Tras a presentación do tema terá lugar un debate no que desempeñarán un papel esencial os mozos colaboradores, estudantes universitarios seleccionados para participar no proxecto.

Entrada libre e gratuíta

De Leviatanes e Mastodontes

Leviatán é unha palabra de antigo, directamente sacada do que lle chaman “Escrituras Sagradas” e que están no trasfondo das relixións maioritarias na nosa contorna. Pero o CCI non iba sobre a auga este ano? Claro que si!, e é que Leviatán é unha balea, un cetaceo inmenso, monstruoso na súa representación, e fora de control.

E das profundidades abisales do mar, xordeu Leviatán en 2004, un disco feroz dun grupo feroz, Mastodon.  Un grupo de Atlanta que con este seu segundo disco fixo unha revisión das bestas mitolóxicas que do profundo mariño saen dos nosos imaxinarios. A música, como todo, para gustos, img-album_leviathan_0mais é un disco feroz e con clase, como Leviatán. As letras, percorrendo a mitoloxía monstrosa-mariña e a presentación, sinxelamente bonita, chea de imaxes referentes á mitoloxía mariña levada pola furia das ondas do mar.

Son moitas as obras que Leviatán inspirou, non só na música mais tamén na literatura e como símbolo de inmersión en moitos e diferentes aspectos da realidade, desde Thomas Hobbes e o seu asentamento de parte das bases das nosas sociedades actuales ou o persoal de Paul Auster ; ata a visión de Fredy Perlman sobre a evolución do planeta e a necesidade dun cambio profundo.

Leviatán está en nós CCIs, nas nosas profundidades ancestrales, quizais non como balea, mais coa forza que temos, capaz de transformar a nosa relaidade…

Test de Biodiversidade no Encoro de Cecebre

Congreso Natureza e imaxe

 

Este ano no CCI tivemos unha saída para visitar o encoro de Cecebre e coñecer o percorrido da auga por este espazo e máis saber como se trata para que chegue en perfectas condicións ata as nosas casas. De seguro que ós nosos CCIs lles chegou a pouco, e para que poidan disfrutar outra vez da natureza, do seu verde e incluso de como ule a auga, aproveitamos para avisarvos de que o CEIDA organiza o Test de Biodiversidade, dentro do marco do III Congreso Natureza e Imaxe o sábado 1 de xuño, coa colaboración do Concello de Abegondo e o patrocinio do Consorcio As Mariñas.

 

Esta é unha convocatoria de balde dirixida a toda a cidadanía interesada en coñecer a diversidade paisaxística e natural do Encoro de Abegondo-Cecebre. Os participantes realizarán fotografías da súa flora, fauna, paisaxe, etc. para posteriormente subilas á plataforma dixital Biodiversidad Virtual onde un grupo de expertos se encargarán de clasificalas e catalogalas.

Por iso, se tes ganas dun bo paseo pola natureza non o dubides, porque o único requisito é inscribirse a través do formulario de inscrición.

Auga pasada non move muíños.

Auga e muíñoPero tamén “Muiñeiro do diaño, que a fariña fai salvado”, ou “O crego e o muíño cantando gañan”… Moitos son os ditos populares, os refráns, a sabedoría popular que teñen inspirado e acollido nas súas pedras os muíños na nosa terra. Precisamente porque son parte esencial da tradición galega, instrumento necesario para moer a fariña, desde a época na que se facían turnos de día e noite á os nosos días, lembranzas de pedra dun pasado no que o ser humán manipulaba con xeito e respeto a natureza.

Preto da cidade temos exemplos en Culleredo, en Perbes, en Cecebre… Mais compre botarse á ruta e caer nos máxicos lugares onde se situaban numerosos muíños en fía, rutas de muíños agora en desuso para o seu fin orixinario, mais marcando os senderos no Rego dos Muíños, dando cobixo á flora e a fauna cabalar nos Muíños do Folón ou ficando na paz dos bosques no Muíño de Toxedos.

Imaxinádesvos o camiño que se abre entre a fraga, verde, fresca, co cantar da auga e os regatos no voso lado mentras ulides mil e un cheiros a vida? Non perdades a oportunidade de sair  da cidade e perdervos polos bosques que albergan estas rutas, lembrade que debaixo do cemento morto nun tempo houbo árbores vivos…

Charla na Biblioteca de Ágora

A loita pola vida na terra da auga

Emilio Varela é un vello coñecido das Bibliotecas Municipais da Coruña. Fai tempo, moito tempo, alá polo 2005, cando xs que agora que sodes CCIs érades tan sólo cachorrxs aprendendo a camiñar en dúas patas, Emilio facía unha sesión especial na primeira edición do CCI.

Naquel momento Emilio, periodista científico, voltaba da súa propia expedición de ultramar rumbo a Antártida para fotografar o hábitat e as especies alí presentes. Expedición helada, chamouse daquela a súa participación… Toda a xente que daquela participaba no programa a lembra con abraio polo material fotográfico que mostrou, pola información que achegou, e polo seu empeño en trasladar o seu coñecemento e fomentar a toma de conciencia con respecto a Antártida.

Pois ben, aínda que falar da Antártida neste ano da auga tamén nos viña ao dedillo, mañá día 11 de Maio na Biblioteca Municipal de Ágora ás 11:30, Emilio Varela volverá colaborar coas bibliotecas e o CCI facendo o que mellor sabe facer, difundir información. Na súa visita fará un percorrido polo litoral galego e falará da maneira en que a minería a ceo aberto afecta non só ás costas e a súa forma, senón aos ecosistemas que acolle, a animais humáns e non humáns, a plantas, á terra, á auga…

Así que xa sabedes, mañá ás 11:30 esperámosvos na Biblioteca Municipal de Ágora para aprender un pouco máis dos proxectos de minería na Galiza e tentar dar un pulo a nosa propia conciencia medioambiental.

Pasou o día…

… e pasou a romaría!

Sabes que pasaría se lanzas ao aire, a -41ºC, unha pota chea de auga fervida?

Un momento na jaima

Un momento na jaima

Aínda que durante o Día da ciencia na rúa fixo un sol espléndido, o noso trivial tivo practicamente o mesmo efecto na xente que visitou a jaima das Bibliotecas Municipais (cando non acertaban as respostas, claro. Porque se as acertaban todo eran risas).

Todas as preguntas que formulamos foron extraídas de algún dos materiais que temos nas bibliotecas e que formaron parte da mostra do CCI deste ano, así que se non sabes algunha non dubides en pasarte por algunha das nosas sucursais.

Outra das cousas que mostramos na jaima foron dous vídeos resumo das actividades: un específico do CCI e outro de todas as demais (bebeteca, merendas con contos, voluntariado, etc)

Aínda que acabamos de pechar un ciclo no DCR, haberá algunha sorpresiña antes da seguinte tempada. Estade atentos!