Archivos Mensuales: May 2015

A Ciencia na cidade non para!

Como non queremos que nos botedes de menos, e moito menos ás cousas relacionadas cas ciencias, aquí vos deixamos un lote de actividades que dende esta fin de semana podemos aproveitar na Coruña. Sen dúbida todas elas boas ideas para aproveitar, que os días se volven máis largos (as noites máis curtas) e que o tempo nos acompaña para disfrutalas!

Día Internacional dos Museos 2015 na Coruña

 

  • DÍA DOS MUSEOS. O luns 18 é o Día Internacional dos Museos, e os tres Museos Científicos Coruñeses @mc2coruna son gratuítos!!! Tedes todo a programación á vosa disposición.

  • Con motivo desta mesma celebración o MUNCYT invítanos a (re)descubrir os seus contidos cunhas visitas teatralizadas, da man de investigadores e innovadores españois do século XX, este sábado 16 de maio ás 20:00, 21:00 e 22:00h.

    É preciso reserva previa no 900 100 134.

Na axenda de maio do MUNCYT podedes consultar o resto de actividades que se desenvolverán.

  • Para aos que lles gusten as matemáticas, este ano a IX FEIRA MATEMÁTICA celébrase tamén o sábado 16 de maio no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11h. ata as 19h. e a súa temática estará centrada nos xogos.

IX Feira Matemática na Coruña

Unha xornada para disfrutar das matemáticas de forma divertida, lúdica e na que nenos e non tan nenos poderán desfacer os miolos para resolver diversos problemas matemáticos. Se vos gustan os retos este é  voso sitio!

  • No Museo de Arte Contemporánea (MACUF), tamén o sábado 16, de 17.30 a 22.00 h., a proposta céntrase na «Arte en termos de sostenibilidade«, un caderno de bitácora artística onde os visitantes poderán expresar o seu talento en papel reciclado, lapis ecolóxicos e outros materiais similares.
  • E non queremos perder a oportunidade de falar doutra proposta do MACUF, xa que temos a oportunidade de coñecer a obra de Jaime Serra, un dos máis recoñecidos xornalistas infográficos a nivel mundial, que ca mostra «Diez historias y un paisaje» presenta historias cotiás a partires da representación de datos subxectivos, pensamentos e emocións, unha provisión de información a través de imaxes, sexan estas fotografías, debuxos, diagramas, esquemas ou mapas. Todo un luxo para a nosa mente.
    Exposición de Jaime Serra no MACUF
    Exposición de Jaime Serra no MACUF
  • Pola súa banda, o CEIDA celebra os días luns 18 e martes 19 de maio as xornadas Congreso Mundial de Parques: a promesa de Sydney e os retos para as áreas protexidas en España, na que presentará as cuestións máis relevantes presentadas no Congreso Mundial «Os Parques, a Xente e o Planeta: Inspirando Solucións”. Para asistir só tedes que inscribirvos mediante formulario.

CEIDA - Centro de Divulgación Ambiental de Galicia

As xornadas inclúen unha visita a diferentes espazos naturais e culturais dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A visita terá lugar o 17 de maio.

Cartaz do Día das Letras Galegas nas bibliotecas Municipais da Coruña

Recordade, estas tan só son algunhas das propostas para estes próximos días, pero nas Bibliotecas Municipais da Coruña tamén celebraremos o Día das Letras Galegas, porque a nosa lingua o merece máis ca nunca.

E como sabemos que a vós tamén vos apetece celebralo, mostrámosvos varios dos camiños para facelo:

– A través do Twitter, co hastag @m8mepresta. Para completalo escolle a túa mensaxe, posa no Photocall que hoxe estará na Biblioteca Ágora todo o día e compárteo!

– Engadindo as vosas obras preferidas en galego, ás xa seleccionadas polas Bibliotecas, na wiki que ano tras ano vaise nutrindo do mellor da nosa literatura.

Cartaz dos mellores da nosa lingua

XX Edición do Día da Ciencia na Rúa

Parque de Santa Margarida converteuse un ano máis nun gran laboratorio de probas onde os grandes protagonistas foron os nenos. O parque acolleu 43 carpas cheas de talleres, proxectos tecnolóxicos, xogos divulgativos e experimentos prácticos para celebrar o XX Día da Ciencia na Rúa e difundir o saber entre os cidadáns.

Xunto aos colexios, ás decenas de entidades e empresas que participaron activamente, tamén estiveron presentes as Bibliotecas Municipais da Coruña representadas como non, a través do seu Club de Ciencia e Investigación. Os CCI’s formaron parte moi activa unha vez máis da festa da ciencia, que xa está consolidada no calendario da cidade.

Este ano, como novidade, incorporouse á festa un novo personaxe, a mascota do Día da Ciencia na Rúa, un robot que representa a vertente tecnolóxica da festa, de nome Medusa e que por suposto nos veu visitar.

mascota

Os CCI’s foron os grandes anfitrións, amosaron o stand aos visitantes, os libros sobre a luz e as teconoloxías derivadas da luz que levamos como mostra e que os socios podían levar en préstamo, ademáis de formar parte das reseñas das guías de lectura.

 Durante todo o día os CCI´s non pararon de recibir visitantes na jaima das Bibliotecas Municipais, visitantes aos que explicaban, moi entusiasmados, os experimentos cos que traballabamos durante o ano e que reflexaban aspectos prácticos sobre a teoría da luz tales como a reflexión ou a refracción, o disco de Newton, etc.

Na nosa jaima tamén nos acompañaron membros do Grupo Naturalista Hábitat que colaboraron, un ano máis, durante algunha sesión.

Pero tamén houbo tempo para visitar o resto de jaimas nas que os CCI’s puxeron a proba as súas dotes para desenvolver a súa curiosidade, enxeño e destrezas resolvendo as probas que o resto de participantes no Día da Ciencia na Rúa tiñan preparados.

 Foi sen dúbida un día de moito axetreo, no que fóra das aulas, a ciencia mostrou con entusiasmo a súa faciana máis divertida. Aínda que baixo a apariencia do xogo houbo experimentación en estado puro, respostas a realidades explicables grazas á curiosidade científica. E ver as caras de entusiasmo e satisfación dos CCI’s resulta do máis gratificante para quen nos toca levar a dirección do programa durante o ano. Este feito é un aliciente máis que aporta máis gañas aínda de poñerse a organizar xa a próxima edición.

Este foi só un pequeno resumo do día grande do Club de Ciencia e Investigación das Bibliotecas Municipais, se queredes ver máis fotos visita a nosa galeria en Flickr.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

E aínda que o programa rematou oficialmente por este ano, queremos seguir en contacto con vós a través do blog contándovos noticias interesantes sobre a ciencia e seguro que adiantándovos algunha que outra novidade para o próximo CCI no que esperamos volver contar con vós. Vaia dende aquí o noso agradecemento aos CCI’s polo seu interese, entusiasmo e participación constante.

20 anos non son nada… e son moito!

Cartel do Día da Ciencia na Rúa 2015Como xa adiantabamos fai pouco, este sábado 9 de maio celébrase o XX aniversario do Día da Ciencia na Rúa  (DCR) na Coruña e as Bibliotecas municipais, de novo, levan o seu Clube de Ciencia e Investigación (CCI) para unirse á festa e demostrar que, como din os obxectivos deste gran día:

  • a Ciencia pode sair á rúa
  • que a Ciencia é de todos
  • que pode ser divertida e fácil de entender
  • e que as rapazas e rapaces teñen moito que dicir e mostrar sobre a Ciencia

E os nosos CCIs teñen, efectivamente, moito que dicir, e aínda máis ganas de mostrar todo o que este ano levan investigando sobre a luz, as tecnoloxías e inventos derivados da luz. Para os que queirades que vos sorprendan, acercarán os seus coñecementos e experimentos e, sobre todo, mostraranvos toda a ilusión que levan posta.

Grupo-Naturalista-Hábitat-300x90Como se fai un espectroscopio, e mesmo un periscopio como o dos submarinos, qué pasa ca luz cando atravesa distintos medios, e que sucede cas ilusións ópticas e o noso cerebro tan só son algunhas das cousas que as rapazas e rapaces do CCI descubriranvos ese día (aínda que xa o fumos adiantando noutras  ocasións) xunto coa a axuda dos nosos colaboradores de do Grupo Naturalista Hábitat.

O DCR celebrarase nun horario ininterrumpido entre as 11 da mañá e as 7 da tarde no Parque de Santa Margarita (e a súa Casa das Ciencias) onde se ubicará o núcleo fundamental das actividades, cun total de 43 jaimas que centros educativos da contorna e outras institucións encherán de experiencias e entretemento. Ao longo da xornada haberá multitude de actividades, obradoiros, exposicións e xogos, que podedes consultar no programa completo.

Logo dos Museos Científicos CoruñesesMuseos científicos coruñeses

Os Museos Científicos Coruñeses únense tamén a esta celebración abrindo as súas portas ao público gratuitamente, de 11 a 19 horas.

  • A Casa das Ciencias ofrecerá, entre outras actividades, unha maratón de sesións de planetario. Os pases serán ás 11, 12, 13, 16, 17 e 18 horas (para asistir hai que retirar as invitacións que se repartirán na recepción media hora antes do seu comezo).
  • Na Domus haberá pases gratuítos de cine 3D, ca película “Titanes da idade de xeo”, ás 12, 13, 17 e 18 horas. Celebrarase tamén o obradoiro “Crea o teu garabateador”, para inventar artiluxios a motor que debuxen os garabatos más inesperados (actividade, de aforo limitado, que se desenvolverá en 2 sesións de 11 a 14h., e de 16 a 19 h.)
  • E o Aquarium ofrece a ocasión de coñecer a nova exposición “Perseguiendo a Mr.Goodfish”, un percorrido en fotografías do proceso que segue o peixe dende o mar ata o noso plato. E, coma sempre, será unha oportunidade para acompañar ás focas das piscinas exteriores nas súas comidas diarias, ás 12 e ás 17 horas.

logo_muncytO MUNCYT pola súa parte aproveitará para celebrar ao mesmo tempo o 40º aniversario do vídeo Betamax e ofrecerá obradoiros de cine na súa carpa ao longo de todo o día.

Xa vedes, todo un día adicado ás Ciencias no que o CCI das Bibliotecas Municipais esperámosvos para disfrutar con todos vós o remate do programa por este ano.

Vémonos!!!