Archivo del sitio

Ciclo A natureza chega ás bibliotecas

O Concello da Coruña, a través de @CorunaSostible, propoñen xuño coma Un mes para pensar na nosa cidade e no noso planeta . Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellería de Medio Ambiente programa un variado paquete de actividadesabertas ao conxunto da cidadanía entre as que se atopa o ciclo A natureza chega ás bibliotecas.

Xuño Mes do Medio Ambiente

Con esta charlas descubrirás unha serie de trucos imprescindibles para achegarte á observación dos seres vivos e aos instrumentos e ferramentas máis útiles para facelo.

Guías de flores, setas, árbores ou algas. Aves, mamíferos, reptiles, insectos ou fauna marina. Tamén te achegaremos á busca e observación de pegadas e rastros animais e ás principais clases de prismáticos, ao uso de telescopios terrestres e lupas binoculares.

Tamén te aconsellaremos para unha correcta elección e compra dos diferentes libros especializados.

Converte en proveitosas as túas saídas ao campo!

.: Descarga o programa completo (pdf)

Anuncios

A natureza, de cerca

¡Moi boas CCI’s aventureiros!

Xa nun post anterior vos adiantábamos algunha cousiña das nosas andainas de verán, entre outras, pararnos a observar detidamente todo o que está ao noso arredor e desfrutar da natureza. Foi unha experiencia marabillosa e démonos de conta do importante que é

descubrir que a natureza está a volta da esquina,

¡só é menester saber como e onde mirar!

Este e outros moitos descubrimentos que vos iremos contando de a pouquiños, viñeron da man duns novos amigos naturalistas, o Grupo Naturalista Hábitat.

Agora imos a compartir con vos un recurso moi interesante, a ver se con estas pistas averiguades que temáticas imos a abordar no CCI do curso que ven. Trátase da páxina web Biodiversia, a Plataforma Interactiva do Inventario Español do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. O nome parece un trabalinguas, ¿non si?

Biodiversia

 

¡Animádevos a explorar a nosa biodiversidade, a coñecer os seus valores e as súas ameazas!

Sempre que intentamos resaltar unha cousa en si mesma, descubrimos que está entrelazada con todas as demáis cousas do universo (John Mur)

Test de Biodiversidade no Encoro de Cecebre

Congreso Natureza e imaxe

 

Este ano no CCI tivemos unha saída para visitar o encoro de Cecebre e coñecer o percorrido da auga por este espazo e máis saber como se trata para que chegue en perfectas condicións ata as nosas casas. De seguro que ós nosos CCIs lles chegou a pouco, e para que poidan disfrutar outra vez da natureza, do seu verde e incluso de como ule a auga, aproveitamos para avisarvos de que o CEIDA organiza o Test de Biodiversidade, dentro do marco do III Congreso Natureza e Imaxe o sábado 1 de xuño, coa colaboración do Concello de Abegondo e o patrocinio do Consorcio As Mariñas.

 

Esta é unha convocatoria de balde dirixida a toda a cidadanía interesada en coñecer a diversidade paisaxística e natural do Encoro de Abegondo-Cecebre. Os participantes realizarán fotografías da súa flora, fauna, paisaxe, etc. para posteriormente subilas á plataforma dixital Biodiversidad Virtual onde un grupo de expertos se encargarán de clasificalas e catalogalas.

Por iso, se tes ganas dun bo paseo pola natureza non o dubides, porque o único requisito é inscribirse a través do formulario de inscrición.