Archivos Mensuales: abril 2013

Este sábado, os CCI´s á rúa

Cooooorectooo!

Cooooorectooo!

O próximo sábado 04 de maio os membros do Club de ciencia e investigación estaremos no Día da ciencia na rúa no Parque Santa Margarita expoñendo algo que, estamos seguros, vai levantar suspicacias: o trivial do CCI!!

Elaboramos unha batería de preguntas que extraímos dos materiais desta guía e plasmámolas todas nun panel que mostraremos o sábado para comprobar canto sabedes sobre a temática á que adicamos este ano o noso club: a AUGA.

Ven á nosa jaima de 11 a 14 horas pola mañá  e de 16 a 19 horas pola tarde e demóstranos canto sabes! E se non o sabes non te preocupes, dirémosche a onde te podes dirixir para sabelo!

Ondas do mar de Vigo

Con auga comeza unha das cantigas máis coñecidas da literatura medieval occidental. A auga é na literatura actual un elemeneto metafórico habitual, e ten sido desde a antigüidade un elemento fundamental en calquera tipo de narración ou expresión artística, como parte da natureza, como elemento que suxire vida e morte, ou como elemento natural ao que acudir para facelo partícipe do propio sentir.

No caso das cantigas de amigo, o mar sempre está presente nas chamadas mariñas ou barcarolas, xogando o papel de confidente da ausencia dun amor. Xa no S.XIII, Martín Códax chamaba ao mar preguntándolle polo paradero do seu amor á ría de Vigo…e ahí sigue a ría, celebrando a nosa entrada co susurro das olas batindo na illa de San Simón.

 Image

Porque non todo é ciencia, a auga inunda a literatura, a arte, a vida…

Ondas do mar de Vigo,

se vistes meu amigo?

E ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,

se vistes meu amado?

E ai Deus, se verrá cedo!

Se istes meu amado,

por que ei gran coidado?

E ai Deus, se verra cedo!

Martín Códax

S. XIII – XIV

Charla na Domus

Hoxe, 23 de abril, ás 19.30 horas, terá lugar na Domus o terceiro evento enmarcado nos foros de debate do proxecto europeo “Sea for Society”, que en España lidera o Aquarium Finisterrae.

Dieta carnívora ou saúde dos océanos?
Con este nome dará lugar ao debate que suscita, desde o punto de vista ecolóxico, o uso masivo de fertilizantes químicos nos océanos. Estes representa unha alteración drástica da circulación do nitróxeno na biosfera que se traduce nun incremento da cantidade de nitróxeno que na actualidade circula a través dos ecosistemas da terra. Como consecuencia deste proceso, a cantidade de nitróxeno que entra nos océanos desde os continentes, ben a través dos ríos ou da atmosfera, aumentou en máis dun 100% desde a revolución industrial.

Isto está a ocasionar cambios severos nos ecosistemas mariños, entre os que cabe destacar a proliferación de algas nocivas ou a xeración de “zonas mortas”, caracterizadas pola desaparición practicamente total do osíxeno na auga. Ambos fenómenos, que acontecen a escala global, ameazan a integridade ecolóxica de numerosos ecosistemas mariños.

Despois da charla, terá lugar un debate no que desempeñarán un papel esencial os mozos colaboradores, estudantes universitarios seleccionados para participar no proxecto.

Día da Terra

Si, rapaces, hoxe é o DÍA DA TERRA!!!!

Cada ano, o 22 de abril, celébrase o Día da Terra. Millóns de persoas de todos os rincóns do mundo o celebran para conseguir protexer o medio ambiente.

Este ano o lema é “DÍA DE LA TIERRA 2013: “EL ROSTRO DEL CAMBIO CLIMÁTICO” . E este é o vídeo que mellor o expresa, nel móstranse animais e lugares afectados ou ameazados polo cambio climático, así como tamén persoas esforzándose por facer algo ao respecto.

Mesmo Google, celebra este día cun dos seus famosos doodle.

Se pinchades na foto poderedes ver o doodle interactivo.

page

 

Así que, dende aquí lle desexamos á nosa nai Terra FELICIDADES!!!!

 

Día do libro: photocall, quedada lectora e outras

Boas CCI´s! Xa estaredes ao tanto de todas as actividades que desde as Bibliotecas Municipais estamos organizando para celebrar por todo o alto o DÍA DO LIBRO.

Festa do libro na cidade que le

Festa do libro na cidade que le

Convidámosvos a todos a que collades algún dos libros que seleccionamos para as nosas sesións do Club e que veñades con eles ao Obelisco o martes 23 ás 19h para formar parte da quedada lectora que xa fixemos outros anos e que coa que esperamos conseguir dar a campanada total.

Despois de ler en voz alta durante uns minutos simultaneamente con todos os asistentes, podedes pasarvos polo photocall que teremos montado e facervos unha divertida foto que despois poderedes descargar da páxina web.

Ou, se vos dá un ataque de timidez (que non cremos que suceda), podedes soltar ao aire algún dos globos con mensaxes que teremos alí preparados.

Tamén temos, xa nas bibliotecas, unha mostra con libros que contan historias ambientadas na Coruña. Se coñecedes algunha que non apareza nesta wiki anotádea para incluíla!!

 

Cada día máis preto

Cada segundo que pasa está máis preto a nosa participación no Día da Ciencia na Rúa. Se en anos anteriores a paixón e o compromiso levou ao stand do “Club de Ciencia e Investigación” a ser un dos máis solicitados e visitados tanto polos medios como polos asistentes ao DCR; este ano serán os nosos cerebros os que han xogar o papel primordial para que asistades as mellores actividades do Parque de Santa Margarita.

Tedes que saber, que este ano os membros do noso club serán os auténticos paladíns da actividade; sendo eles os que amosen o stand, os recursos web que levan utilizando en toda esta campaña, os que saian nos videos promocionais da actividade, os que elixan os libros científicos que van estar no stand… e o máis importante: os que elaboren as preguntas da grande actividade que vos presentaremos, o Trivial.

O noso cometido para coa sesión que comeza hoxe e da que haberá unha segunda parte, será o de ensaiar e levar a cabo todo o que puidestes ler nas liñas de arriba. O voso cometido como futuros participantes no noso stand é que veñades preparados para pasar un rato divertido e para que vos saquemos as cores con algunha das preguntas que formularon e/ou formularán os nosos CCI´s. Podedes ir prácticando visitando os blogs de traballo das bibliotecas adscritas ao programa: Ágora, Infantil e Xuvenil e Forum; así sufriredes menos. Ou non!!

Vémonos

Coitelos que cortan auga!

Hidrofobia chámaselle á rabia, esa enfermidade para a que nos vacunan se nos morde un can, por Cuchillo-corta-agua_TINIMA20121003_0301_18exemplo. Mais hidrofobia é o que fai posible cortar a auga, si, si, eu tamén quedei abraiado coa noticia cando a lin.

Á marxe do espectacular, a auga, ademais de supor para todxs xs seres do planeta un recurso fundamental, a vida, en definitiva, é unha parte fundamental da nosa propia composición, así que lede a noticia e pensade nas implicacións que esta abraiante posibilidade pode ter para nós.

Aventuras no Aquarium

PRIMAVERA 2013

¿CANDO E DONDE?
No Aquarium Finisterrae. Fins de semana 13 abril—16 junio 2013.

De novo o Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades para os fins de semana.

“Aventuras no Aquarium”. No que están incluídas dúas experiencias.

  • Visita á zona das focas e alimentación das mesmas.

¿Queres dar de comer ás focas?

Os asistentes a esta actividade poderán coñecer os segredos que agocha a dieta das focas, prepararlles a comida e participar na súa alimentación.

Aventura coas focas

Sábados e domingos, 11:00
Duración: 1h30min
Para maiores de 7 anos.
Os nenos deberán participal acompañados dun adulto.

  • Viaxe ao centro do Acuario.

Sesions especiais ás 12:00 | 27-28 abril, 8-9 xunio.
Duración: 2h
Para mayores de 14 años  

¿Queres coñecer os segredos do  Aquarium Finisterrae?

Se queres descubrir estes segredos serás partícipe dunha visita guiada pola zona técnica, que inclúe as instalacións, o laboratorio, a cociña, as salas de filtración e tamén as salas de cuarentena.

Nunca choveu…

…que non escampara; e o paraugas do Burgo da choiva te ampara.

Non deixes que as nubes fagan que esquezas as estrelas. Non permitas que as lágrimas de choiva inunden o teu corazón.

O tempo cura todas as feridas; e esperemos que cure tamén o mal estado no que se atopa o paraugas máis grande da nosa provincia, declarado ben de interés etnográfico nos anos 80 e a punto de perder ese galardón por perigo de desplome.

En tempos de treboada, aq(t)úa!!!!.

Juego de Neuronas

Desde el pasado 15 de Marzo, se pueden ver, en la Domus, 13 módulos interactivos nuevos que recorren cada una de las 8 inteligencias descritas por Gardner. Esta producción original de los Museos Científicos Coruñeses constituye una renovación de sus contenidos permanentes, y tiene como elemento más emblemático una colorida red neural perteneciente al programa de participación “Dona tu neurona”. Un programa en el que 780 personas, la mayor parte escolares de toda Galicia (de 74 centros educativos), construyeron un total de 709 neuronas.

Inteligencias múltiples 
La exposición interactiva tiene como hilo conductor la teoría de las inteligencias múltiples de Howard Gardner. Para él, la inteligencia se puede desarrollar y adaptar al entorno, igual que otras capacidades; como la muscular. La inteligencia es la habilidad que utilizamos para resolver problemas, para elegir el camino que mejor lleva a un objetivo, o para crear productos importantes en el entorno social.

Sus ocho inteligencias son: la lingüística, la lógico-matemática, la musical, la cinética, la espacial, la interpersonal, la intrapersonal y la naturalista. Todos las tenemos y todas tienen igual importancia.

A lo largo de la exposición podremos poner en práctica nuestras diferentes inteligencias… intentando reproducir en un teclado una melodía, clasificando figuras de extraterrestres, reproduciendo dibujos con las instrucciones verbales de otra persona, jugando y disfrutando de/con cada una de ellas.