Archivos Mensuales: enero 2014

É un paxaro,é un avión,é superman…?

Sabedes cal é o animal que voa sen ser ave?

Siiiii, acertáchedes son os esquíos voadores. Estos esquíos poden voar aínda que non teñan ás, máis que voar planean xa que teñen unha ampla membrana de pel que se estende dende os nocellos ata as bonecas, formando unha superficie similar a dun paracaídas.
portada

 

De esquíos voadores e de moitas historias que esconde a natureza fálanos a fermosa novela ilustrada El hombre que abrazaba a los árboles gañadora do XXIV Premio Ala Delta da editorial Edelvives. Un relato que nos narra Felicidade, unha nena que vive nun pequeno pobo chamado Piñares. Felicidade descobre a beleza do campo e a transcendencia das pequenas cousas da vida a través da súa amizade con Marcial, un vello leñador amante dos paxaros, das árbores e, en definitiva, da natureza e de todo aquilo que nos dá se a coidamos e a protexemos.

 

 E por que non comezar abrazando ás árbores como fai Marcial neste fermoso relato? devolvéndolles así con este xesto todo o ben que nos fan. CCI´s, para a próxima saída ao campo ou excursión polo bosque que teñades programada, probade abrazar unha árbore e regalarvos unha boa dose de enerxía.

imagen1

El hombre que abrazaba a los árboles o tes dispoñible nos CCI-lotes das Bibliotecas Municipais do Agora, Infantil e Xuvenil e no Fórum Metropolitano. A QUE ESPERAS? ven correndo e leva o teu en préstamo. E se aínda non estás moi convencido de que algúns esquíos podan voar, observa o seguinte vídeo. É un paxaro, é un avión, é superman….noooon, é un esquío voador!!!

Extra! Extra! Nace a Biblioteca Verde!!!

conciencia sostenible

Moi boas, CCi´s e demáis familia!!! Como bos naturalistas que sodes, estamos seguros de que esta noticia vaivos a interesar. Estade moi atentos ao que vén a continuación e contarllo aos vosos pais, nais, irmáns, irmás, amigos, amigas, profesores, profesoras, cans, gatos, paxaros, todos e todas!!!! porque os amantes da natureza estamos de noraboa!!! Que corra a voz!!!

As Bibliotecas Municipais implícanse no Desenvolvemento Sustentable. Nace a BIBLIOTECA VERDE.

Este mes de xaneiro inauguramos unha nova liña de traballo en torno á Sustentabilidade, coa intención de ofrecer información e recursos sobre natureza, ecoloxía, medio ambiente e desenvolvemento sustentable.

*Se crees que as pequenas accións de cada día contribúen a crear un mundo mellor;

*Se crees nunha sociedade consciente, responsable e participativa;

*Se che interesan a conservación do medio ambiente, o consumo responsable, a alimentación consciente, a banca ética, as enerxías renovables, a agricultura ecolóxica, a movilidad sustentable……

interésache a BIBLIOTECA VERDE, un espazo para informarte, reflexionar e compartir. Desde agora, nas nosas bibliotecas, atoparás un recuncho no que poderás consultar e levar en préstamo libros, revistas, documentales e películas relacionadas coa sustentabilidade. Tamén che ofrecemos recursos web e noticias de interese sobre estos temas.

Paralelamente programamos un ciclo de encontros participativos, co fin de crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade. A última semana de cada mes, durante todo o 2014 e en todas as Bibliotecas Municipais, poderás asistir a estas charlas para escoitar, coñecer e compartir experiencias sustentables que teñen lugar moi cerca de nós.

Os temas que trataremos este ano son: Permacultura e Desenvolvemento Sustentable, Alternativas na xestión energética, Iniciativas creativas de autoempleo en tempos de crise, Banca ética, Alimentación consciente, Movilidad sostenible e Bioconstrucción.

Charla "Permacultura y desarrollo sostenible" en Rosales

O próximo xoves 30 de Xaneiro, inauguramos o ciclo con César Fernandez, experto en Permacultura e facilitación de grupos. César participou activamente no proxecto “As Chozas” unha ecoaldea na provincia de Pontevedra que foi banco de probas do deseño permacultural e doutras técnicas sustentables. Teremos a oportunidade de escoitar de primeira man as súas experiencias e compartir a nosa paixón pola natureza. Estade moi atentos ao calendario de encontros, xa que a próxima charla pode celebrarse na túa biblioteca máis próxima!!!  

Fotografando…

Disque no CCI este ano vamos facer fotos a moito paxaro, disque imos facernos case fotógrafxs especialistas en natureza a base de biodiversidade aérea e terráquea, de flora e de fauna, de aprender a ver onde habitualmente miramos, e grazas á xente do Grupo Hábitat.

Pois ben, dentro da multitude de información que na rede podemos atopar sobre fotografía naturalista, sempre compre botar un ollo ao que temos cerca, á nosa propia contorna e así desfrutar do que temos ao alcance da man. Habituadxs como estamos a ver fotos de zonas lonxanas e fauna exótica, perdemos o fío do que temos ao noso carón, así que de cara ao que veremos este ano no CCI visitando zonas da Coruña desas que non sabemos que gardan tesouros agochados á vista non entrenada, podemos ir facendo un visionado da cantidade, da variedad e da multitude de aves que podemos atopar na contorna da nosa cidade.

Queredes saber de qué falo? Pois entrade no blog Fotografiando aves en Arteixoe desfrutade igual que fixen eu con eses seres que sobrevoan as nosas cabezas sin que moitas veces sexamos quen de erguela, mirar cara o ceo e observar, ou deses que viven entre lamas costeiras que tanto noxo dan para a estética dunha localidade e que son paraísos para diferentes especies.

BUSARDO DE HARRISLembrade que non só é ver o invisible, senón ver a falta que fai aprender a valorar en outros termos o que nos rodea, porque non todo é o “bonito” das cidades, senón a calidade de vida que nos aporta a biodiversidade, o respecto ao ciclo vital dos animais, o respecto a nós mesmxs.

 Abride os ollos CCIs!

Coñecedes os CCI-lotes?!

Unha vez inaugurado o CCI deste ano como se merece, e debidamente reseñado no post anterior aCCIonando mentes, querémosvos presentar unha novidade deste ano: os CCI-lotes!! Aínda que na Biblioteca do Forum é algo que viñan facendo en anos anteriores do CCI, neste 2014 sumámonos á iniciativa as bibliotecas Infantil e Xuvenil e de Ágora. O que si é unha super novidade nas tres bibios son as mochilas tan chulas dos CCI-lotes!!

Os e as CCI’s que puidéchedes vir á primeira sesión xa tivestes ocasión de ver en que consisten os lotes de préstamo do CCI, pero para aqueles rapaces e rapazas que non puideron asistir e para o resto de persoas amantes da natureza e do medio ambiente con ganas de levar en préstamo os CCI-lotes imos explicar brevemente que é iso dos lotes:

3 x 1: tres documentos que contan coma un só préstamo.

A biblio nunha mochila: materiais relacionados coa  natureza, medio ambiente, naturalismo e máis en concreto… aves, que é o tema que nos ocupa este ano no CCI. En cada lote intentamos abarcar a variedade de materiais na biblioteca (audiovisuais, libros de ficción, materias) e a amplitude dos temas relacionados co naturalismo.

Duración do préstamo: 15 días, renovables por outros 15. En total 30 días!

E vos estaredes a preguntar, quen pode levar en préstamo os CCI-lotes? Calquera usuario ou usuaria das Bibliotecas Municipais da CoruñaAsí que bulide! Os CCI-lotes agárdanvos!!

CCI lotes en Bib. Infantil

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil

CCI lotes na Bib. Forum

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

CCI lotes na Bib. Ágora

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Ágora

aCCIonando mentes

Por fin inauguramos o CCI deste ano! Tras meses sen vernos arrincamos de novo a semana pasada nas bibliotecas de Ágora, Fórum e Infantil e Xuvenil, e abofé que mereceu a pena a espera! Os veteranos e novos aventureiros, ben ilusionados e con moitas ganas de aprender, de investigar e explorar empezaron a quentar motores.

Ricardo e Andrés, os colegas do Grupo Hábitat que nos acompañaron, axudáronnos a facer a nosa primeira inmersión no Naturalismo, en concreto no mundo das aves, xa que é o tema escollido para explorar este ano! Trouxeron ás biblios unha chea de documentos (libros, revistas, folletos, carteis) e artiluxios que, coma eles, tamén empregaremos nas nosas saídas de campo. Se cadra, o máis interesante… eses tesouros que nas súas saídas foron atopando (ovos de paxaro, plumas, esqueletes de animais, ósos…)

E como resulta que a moda e os paxaros non teñen porque estar reñidos, tamén fixemos un pequeño voo polas ferramentas 2.0 que utilizaremos no Clube. Este o noso blog será o cuartel principal, pero como bos investigadores teremos máis bases estratéxicas para informarnos e comunicarnos; Facebook, Twitter, Youtube, e Pinterest son un exemplo delas!

E non queremos rematar sen falar de algo especial que tanto chamou a atención ós CCIs, os CCI-lotes, que tamén queremos compartir con todos os demáis usuarios das bibliotecas. Pero iso, amigos, será algo que vos presentaremos en breve como se merece!

CoruñAves 2014

Maraton Ornitoloxica_2014Un ano máis o Grupo Naturalista Hábitat organiza a V edición de CoruñAves 2014, maratón ornitolóxica no Concello da Coruña.

A data para esta actividade está prevista para o sábado 11 de xaneiro ás 9 da mañán, na rúa Camariñas, 8-baixo. (a 150m da Domus)

Esta actividade consiste en dividirnos por equipos e ver o maior número de especies de aves como sea posible ata as 13:30h, empregando prismáticos, telescopios, cámaras fotográficas… e os medios de transporte que respectan o noso entorno, como poden ser o bus urbano, a bicicleta ou o coche de San Fernando (un pouquiño a pé e outro pouquiño andando).

Ás 13:30h terá lugar o reconto de aves no local do Grupo Hábitat (rúa Camariñas, 8-baixo) é moi importante chegar a esa hora xa que a impuntualidade pode supoñernos a descalificación. O equipo gañador recibirá un pequeno agasallo.

Así que, se queres pasar a mañán do sábado entre amigos e aves, non tes máis que:

  • enviar un correo electrónico a gnhabitat@yahoo.es, indicando o teu nome completo e o teu teléfono
  • ou chamando 981 135 014

Deixámosvos as bases completas para que poidades consultalas.  O prazo de inscrición remata mañán.

Esperámos que o pasedes moi ben e lembrade que todavía quedan prazas para formar parte do club CCI o ano que ven nas Bibliotecas Municipais do Forum Metropolitano e do Ágora.

Podes inscribirte neste formulario .

Guapxs a conciencia

 Xa sabedes que estamos quecendo motores para dar comezo ao CCI 2014, pero antes xusto de comezar queriamos lembrarvos unha nova de hai case un ano, unha nova que afecta tamén a todxs xs paxaros que imos aprender a identificar e que imos avistar nas nosas saídas deste ano.

Sónavos a palabra vivisección? Pois ben, o 11 de marzo do 2013 deuse un grande paso na defensa dos dereitos animales ao ser prohibida para a proba de productos cosméticos así como a súa venda en Europa. Qué significa esto? Símbolo de producto non experimentado en animais

  1. Por unha parte que millóns de animales que eran criados en laboratorios e destinados á experimentación, van deixar de ser utilizados con probas realmente crueis para probar toxicidades, alerxias, lesións, etc.
  1. Que esas colonias, xeles de ducha, champús, pastas de dentes e demais productos cosméticos que usamos na nosa vida diaria, deixarían de estar probados en animales co que non teriamos que buscar a marca co simboliño de producto non testado en animales. 

En definitiva, que xa podemos estar guapxs todxs a conciencia e con conciencia. Agora só queda esperar que se prohiba en todas partes.

Parabéns con antelación a todxs xs animais de laboratorio!

Animal testing ban

Cartaz do 11 de Marzo de 2013.

Inscrición ao programa CCI deste ano 2014

Boas CCI’s!!!

Hoxe comeza a inscrición para o CCI deste ano 2014 e acaba o martes 14 deste mesmo mes, un CCI que estará cheo de aventuras… Como xa saberedes, este ano o adicamos á Natureza e máis en concreto ás aves. Así que vade preparando os prismáticos, afiando os lapiceiros e agudizando os sentidos a curiosidade, e por suposto exercitando a paciencia, algo que sempre precisa un bo naturalista. Converterémonos en científicos de campo adicados á investigación e ao estudo da natureza e do medioambiente.

Se tedes curiosidade por todo o que imos facer, non tedes máis que botarlle un vistazo ao blog e ir descubrindo un pouco máis sobre que o que nos depara este ano para chegar a ser un bo naturalista.

Se tes entre 9 e 13 anos, non o dubides máis e cubre o seguinte formulario cos teus datos. Tamén podes achégarte ás Bibliotecas Municipais Infantil e Xuvenil, Forum Metropolitano e Ágora, nas que este club ten a súas sedes e apuntarte no mostrador ou chamando por teléfono.

Ágora Tel: 981189886
Forum Tel: 981184298
Infantil Tel: 981184388

XA NON QUEDAN PRAZAS PARA O CCI DE ESTE ANO!!!