Archivo del sitio

aLUZinante: 6ª sesión do Club de Ciencia e Investigación 2015

A semana pasada tivemos nova sesión do Club de Ciencia e Investigación na Biblioteca Forum e na Biblioteca Infantil respectivamente. Nesta ocasión contamos coa colaboración de Ricardo Ferreiro do Grupo Naturalista Hábitat.Grupo-Naturalista-Hábitat-300x90

 Logo de ter debatido anteriormente sobre a primeira luz do universo, de qué cor era, de ter claro que a primeira luz dependía do espectro de emisión dos elementos presentes… pasamos á  práctica con experiencias sinxelas nas que comprobamos o comportamento da luz e dos nosos sentidos en diferentes circunstancias con elementos da vida diaría.

 Dedicámonos a observar unha serie de principios básicos:

  • Reflexión e refracción da luz en diferentes medios (aire, auga, aceite, fume)
  • Efecto Tyndall: o fenómeno que axuda a determinar se unha mestura homoxénea é realmente unha disolución ou un sistema coloidal, coma suspensións ou emulsións, por medio da dispersión da luz.
  • Espectro da luz (visible e non visible)
  • Descomposición e recomposición da luz blanca
  • Ilusións ópticas

 

Comportamentos e principios básicos e moi prácticos que fixemos utilizando unha serie de materiais que calquera pode ter á man na casa:  

  • Disco CD
  • Recipientes de vidrio plano
  • Frascos de vidrio
  • Prisma
  • Punteiro laser
  • Mechero e Incienso (para crear fume dentro dun frasco)
  • Agua, Aceite, Leite
  • Perlas de hidroxel transparentes
  • Mando a distancia
  • Cámara de video (teléfono móvil)

 Na galería fotográfica do noso flickr podedes ver como foi a sesión e o Día da Ciencia na Rúa daremos boa conta destes, e máis experimentos que nos quedan por facer, a todo aquel que se achegue á nosa Jaima.

 

Anuncios

A contaminación lumínica: efectos e solucións

O pasado venres 6 de marzo tivo lugar no MUNCYT unha charla sobre contaminación lumínica a cargo de Fernando Jáuregui, astrofísico do Planetario de Pamplona e presidente de Cel Fosc, Asociacion contra a contaminacion luminica.  Jáuregui falou sobre o problema da contaminación lumínica, de cómo é posible abordala e de posibles solucións para un consumo responsable.

contaminacion luminica

Dende o Club de Ciencia e Investigación das Bibliotecas Municipais facémonos eco da noticia e queremos chamar a atención sobre o problema asi como concienciar a sociedade do problema e das posibles solucións.  Cando falamos de  “contaminación lumínica”  estamos a referirnos á introdución directa ou indirecta de luz artificial no medio ambiente con intensidades, direccións, horarios e características técnicas innecesarias para o desenvolvemento normal das actividades.luminica_copia

O mal uso da luz artificial implica un desperdicio de recursos enerxéticos mais tamén afecta de maneira preocupante aos ecosistemas naturais, incluso a grandes distancias, e pode ter repercusións severas na saúde das persoas. Por iso queremos que tomedes conciencia delo.

 Por poñer algúns exemplos, algúns efectos da contaminación lumínica son:

  • Fenómenos de deslumbramento e desorientación nas aves.
  • Alteración dos ciclos de ascenso e descenso do plancton mariño, o que afecta a alimentación das especies mariñas que habitan preto da costa.
  • Incide sobre os ciclos reproductivos dos insectos, algúns dos cales teñen que atravesar grandes distancias para atoparse e non son quen de atravesar as “barreiras da luz” que forman os núcleos urbanos iluminados.
  • Rómpese ademáis o equilibrio poboacional das especies.
  • A flora vese afectada ao disminuir os insectos que realizan a polinización de certas plantas.

A pesar de ser un problema que preocupa dende xa hai varias décadas ainda queda moito traballo por facer. Dende comezos dos anos 80 existen diferentes movementos organizados de xente preocupada por este problema e que intentan promover campañas de redución da contaminación lumínica. Exemplos a seguir son as cidades que xa levaron a cabo a súa reducción mediante a instalación de sistemas de iluminación nocturnos máis adecuados que difunden unha menor cantidade de luz cara ó ceo e permiten reducir custes de electricidade.

Aquí vos deixamos un video feito polos nenos de aula2punto0 como exemplo de que podemos recuperar “as nosas noites estreladas.”

LÚZete: 2ª sesión do CCI 2015

A pasada semana tivemos unha nova sesión do Club de Ciencia e Investigación (CCI) das Bibliotecas Municipais. Desta volta demos boa conta do uso e manexo de varias ferramentas tecnolóxicas.

Porque non queremos que os nosos investigadores e investigadoras perdan detalle de todo o que acontece durante as sesión. Queremos que estean a última de calquera novidade que se publique acerca do noso tema de investigación: a Luz e as enerxías derivadas da Luz.

 

Coñecemos e presentamos Pinterest unha nova rede social que está moi en auxe. Pinterest é a unión de dúas palabras, Pin máis Interest, que viría a traducirse como enganchar intereses, a gran diferenza desta rede social, é que é practicamente 100% visual.

Os investigadores e investigadoras utilizarán o Pinterest como ferramenta de visualización do CCI de cara a presentalo no dia grande o Dia da Ciencia na Rua (DCR).

 De xeito especial traballamos co Blog. O Blog oficial do programa, dende o que aquí escribimos será o noso principal medio de comunicación durante os días que non teñamos sesión: nel poderase consultar o calendario das sesións de todo o curso, repasar o que aprenderon en sesións anteriores cos post de resumo que imos subindo e descubrir noticias interesantes que vaiamos atopando e compartindo con eles relacionados coa luz.

 

O Blog de Traballo , da Biblioteca Infantil e da Biblioteca Forum é o sitio no que os pequenos investigadores e investigadoras poderán practicar: escribir os seus propios artigos e facer comentarios ás achegas dos seus compañeiros.

Para iso, recalcamos unhas nocións básicas, coas que aprenderon a:

  • Entrar no blog co seu usuario e contrasinal.
  • Crear unha nova entrada (distinguir entre o título e o corpo do post)
  • Engadir ao post imaxes, videos e hipervínculos
  • A importancia das categorías e as etiquetas

E logo da teoría pasamos á práctica. Axudados do material e dos libros que conforman  mostra permanente así coma da propia busca en internet e no Opac das bibliotecas os CCIS comezaron as súas primeiras pesquisas e investigacións sobre a materia. Os CCIS xa foron quen de publicar os seus primeiros traballos sobre a LUZ, as enerxías derivadas da Luz asi coma de posibles experimentos no seu propio blog de traballo. Isto só foi o comezo, de seguro que as súas publicacións darán moito que falar.

Animamosvos a que sigades os seus blogs de traballo e esteades atentos ao que se vai publicar!!

 

aLUZina: así foi a nosa primeira sesión do CCI 2015

A semana pasada demos comezo de xeito oficial ao CCI 2015. Realizamos a nosa primeira sesión tanto na Biblioteca Infantil coma na Biblioteca Forum Metropolitano.

ANO INTERNACIONAL LUZ

Como xa adiantabamos nun post anterior, este novo ano 2015, dende as Bibliotecas Municipais queremos sumarnos á Asemblea Anual da Organización das Nacións Unidas (ONU), que proclamou o 2015 como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz, e adicar o noso Club de Ciencia e Investigación a experimentar todo o que esté nas nosas mans sobre a materia.

Foi unha primeira sesión de presentación e de coñecemento xa que este ano contamos con moitas caras novas entre os membros do noso club, algo que nos alegra enormemente. Fixémoslles entrega das ferramentas fundamentais de todo bo investigador: carnés oficiais de investigadores, os cadernos de notas e os CCI Lotes, algo que para os veteranos xa era coñecido. Que ti ainda non sabes que son? Pois toma boa nota porque de seguro que che interesa:

-Un 3 x 1: tres documentos que contan coma un só préstamo.

A biblio nunha mochila: materiais relacionados coa  luz e as tecnoloxías baseadas na luz, a fotografía, a óptica, os faros, as sombras etc. En cada lote intentamos abarcar a variedade de materiais que temos na biblioteca (audiovisuais, libros de ficción, materias) e aportar novos datos que complementen as sesións e que os CCIs poidan desfrutar tranquilamente nas súas casas de xeito ameno e divertido.

-Duración do préstamo: 15 días, renovables por outros 15. En total 30 días!!

Sen dúbida os CCIs nunca deixan de sorprendernos, comprobamos que saben moito máis da luz do que eles mesmo pensaban. Algo que demostraron no breve repaso xeral de datos importantes relacionados coa Luz, coma por exemplo:

  • o descubrimento da electricidade estática no século II a.C. por Tales de Mileto,
  • a invención do teléfono por Alexander Graham Bell no 1876
  • a pila voltaica por Alessandro Volta no 1791
  • o descubrimento da corrente alterna por Nikola Tesla considerado o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial.

 Aproveitamos a ocasión para ver un adianto das sesións que nos esperan onde abordaremos a Luz dende o seu descubrimento ata ver como inflúe na vida moderna e trataremos de xeito particular o mundo dos faros. Por suposto non nos esquecemos das saídas, un dos grandes reclamos para os pequenos grandes investigadores. Este ano visitaremos o MUNCYT e a Torre de Hércules por dentro!!

A cousa promete, ¿non si? Por iso estade ben atentos e non perdades ollo do que aquí vos imos contar nas vindeiras sesións porque logo da teoria pasaremos a experimentar. Traballaremos a reo para que o noso día grande o Día da Ciencia na Rúa nos quede ben LUZido!!!

Aquí vos deixamos a galería fotográfica completa para que poidades ver como foi toda a sesión. Recordámosche que na Biblioteca Infantil ainda quedan prazas libres, só tes que cubrir o formulario para inscribirte e formar parte do noso club de ciencia das Bibliotecas Municipais.

Non queremos poñelo punto e aparte ata a vindeira sesión sen antes darvos un pequeno consello de investigador:

Abre ben os ollos, ponte mans á obra porque a ciencia comeza XA!!!