Archivo del sitio

Debuxando debuxando… seguimos observando

Ó longo do CCI deste ano decatámonos, entre outras moitas cousas, de que o que máis e o que menos ten unha vea artística importante.

Temos CCIs ós que lles gusta escribir e contar experiencias, ós que lles gusta rebuscar na información curiosidades varias, ós que se volven tolos pola fotografía e, como non, ós que o debuxo saca o mellor deles.

Todos, e digo todos, poderán disfrutar este sábado da aCCIón conxunta que as Bibliotecas Municipais lles temos preparada da man dos integrantes do Grupo Naturalista Hábitat nos arredores da Torre de Hércules. Para iso, só temos que recordar, que é necesario que leve un naturalista cando sae a explorar?

Calzado e roupa cómoda, entre o que non podemos olvidar unha gorra.

Auga e algo de comida, por se apreta a fame nalgún momento (bocadillo, galletas, fruta… o que cada un queira).

Caderno de campo con lápis, bolígrafo ou cores. Moi importante, para deixar probas de todo o atopado ese día.

Cámara de fotos (vale tamén a cámara do móvil) sempre que se poida.

Prismáticos e lupa, no caso de ter na casa, que non fai falla mercalos!

Recordade que o máis importante é pasalo ben, aprender moito e seguir descubrindo os arredores e toda a súa biodiversidade, tan rica coma sorprendente.

E para os que o sábado se queden con ganas de desenvolver a súa vena artística na natureza, o CEIDA ofrece o domingo 11 de maio no Castelo de Santa Cruz un obradoiro de técnicas básicas de debuxo da natureza que de seguro será espectacular.

Cartel do Obradoiro de debuxo da natureza 2014 no CEIDA

Xa sabedes, a disfrutar tódolos días un pouquechiño da beleza do que nos rodea!

 

Anuncios

VacaCCIóns

O CCI xa está de vacacións, pero a ti aínda che queda o máis duro… aprobar os exames de Xuño. Para darte unha alegría e ganas de aprobalo todo recomendámoste a Ruta Da Auga de Guitiriz. Que que é?. Pois ahí o tes:

É un roteiro, para facer a pé, duns vinte kilómetros de lonxitude que tenta enlazar o camiño norte de Santiago coas tres fontes de auga medicinais existentes no Concello de Guitiriz: Fonte de Valdovín,en Parga, Fonte de San Xoán, en Lagostelle e Fonte de Pardiñas, situada dentro da aldea do mesmo nome que pertence á parroquia de Lagostelle.

O inicio, nun lugar emblemático de Guitiriz, está na parroquia de Sambreixo, en San Alberte. Un lugar onde conflúen unha ponte romana, unha interesante capela gótica con cruceiro e un asombroso conxunto natural con gran variedade de árbores; todo á beira do río Parga que nesta zona xa é adulto e corre raudo a xuntarse co Ladra uns kilómetros despois. Moi perto daquí, subindo á esquerda, atópase o miradoiro de Sambreixo dende o que se pode disfrutar  dunha fermosa visión da zona.

E o resto… xa o descubriredes vos. Nós, pola nosa banda, a pesares de estar de vacacións, seguiremos actualizando o blog con contidos relacionados coa auga ou non. Ata o ano que ven!!!

CASA DO QUEIXO EOOOO!!!!!!!

Rematamos o CCI cunha das visitas máis esperadas dos últimos anos, a Casa do Queixo de Grixalba. Un emprazamento bucólico no que desfrutaremos das seguintes actividades:

– Transformación do leite en queixo.
– Procesación e transformación da lá
– Obradoiro de artesanía
– Obradoiro de cereais
– Excursión en tractor

O autobus sairá o día 14 de Maio ás 9:15 do Forum. Lembrade que hai que traer roupa cómoda e algo para saciar o apetito mentras estemos alí, aínda que seguro que algo de queixo ten que caer. Chegaremos a Coruña sobre as 18:00 horas e despediremos ao noso clube ata o ano que ven, que coma sempre virá cargado de sorpresas.

Vémonos CCI´s

SIEMPRE CCI COLA

Ao final non nos dixeron cal é o ingrediente segredo de coca cola, pero si que sabemos que das tres persoas do mundo que o saben, unha é española. A si que, a partir de agora poñerémonos as pilas para que alomenos un de nós chegue tan alto na multinacional como para ser o portador do segredo mellor gardado do mundo mundial.
O que si que nos deron, foi unha cocacola que nos soubo a gloria despois de pasar unha hora e media sen beber absolutamente nada, na tarde de abril máis calurosa que ningún de nós lembrara xamáis. Amén dunha moi boa acollida e unha paciencia infinita por parte do noso axente especial Alejandro, que estoicamente aguantou un alubión de preguntas que non satisfizo a nosa curiosidade científica.Se vos quedou algo no tinteiro, queredes comentar a vosa visita á coca cola ou participar no concurso de redacción só tedes que entrar na súa páxina web e atoparedes un montón de sorpresas agardándovos. E agora, a chamar aos da casa do queixo para que se vaian preparando, porque o noso afán de coñecemento levarános “hasta el infinito y más allá”.

A BEGANO VAMOS

CCI´s, estade atentos porque o xoves que ven temos unha cita obrigada co noso clube. O noso afán investigador levanos a facer unha visita a BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste S.A.), comunmente coñecido como “A fábrica de Coca Cola”. Unha vez alí, os nosos axentes especiais explicarannos o funcionamento da fábrica e saberemos de primeira man que relación hay entre este tipo de bebidas e o tema que estamos a tratar neste ano CCI.
Quen sabe, igual descubrimos cal é o ingrediente químico secreto que fai da coca cola unha bebida tan especial, aínda que pode ser que nos amosen varios modelos de superrobots como o que está na foto.
Para comprobalo teredes que vir.
Vémonos o día 7 as 17:30 na biblioteca do Forum Metropolitano para unha velada Gaseombrosa.