Archivos Mensuales: abril 2010

LUME NA RÚA


Todo o bo acaba rematando, o CCI tamén, pero a nosa despedida será gloriosa. Rematamos este ano CCI cunha nova misión, O LUME, que constará de dúas sesións. Nesta misión amosaremos a todo o mundo o lume que levamos dentro, as nosas inquedanzas, as nosas quimeras, as nosas esperanzas cara o futuro do noso planeta. Un planeta que está a sufrir continuos abusos pola nosa parte. O quecemento global, a extinción das especies, a desertización… son só o principio dos problemas que estamos a xerar. Non pretendemos dar solucións, pero si coincienciar a xente do que estamos a facer e de como podemos camiñar cara un desenvolvemento sostible.

Se queres ser parte consciente do que está pasando no mundo, ven este xoves 29 de Abril a sesión de preparación do que será a nosa participación no Día da Ciencia na Rúa. Nela faremos os experimentos cos que concienciaremos a todo o mundo dos problemas das enerxias non renovables e a reutilización de recursos.

Se tes entre 9 e 13 anos esperámoste o xoves día 29 de Abril na Biblioteca Infantil e Xuvenil ás 18:30.

Podes Inscribirte presencial ou telefónicamente en:

* Biblioteca Municipal Forum (981 184 298 – bforum@coruna.es)
* Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil (981 184 388 – binfantil@coruna.es

Anuncios

DÍA DA TERRA


Bandeira da Terra proposta por John McConnell.

Onte celebrouse o 40º Día da Terra. Unha festa, pertencente a xente que non está regulada por nigunha entidade ou organismo, promovida polo senador estadounidense Gaylord Nelson, que instaurou 22 de Abril como o día no que debemos tomar unha conciencia común aos problemas da contaminación e a conservación da biodiversidade, entre outras preocupacións ambientais, para protexer a Terra.
Dende CCI desexámoste un feliz Día da Terra e animámosvos a todos a “celebrar” este día durante todo o ano.

Fascinante

En este año de la Biodiversidad, las productoras Walt Disney Studios, Notro Films y Acció nos han deslumbrado con un increíble película que se estrenará en los cines el próximo 23 de Abril.

E MAÑÁ EN CCI…

…Fotosssssssssssssssss!!!!!!!!!!!!!!!!

Faremos o noso primeiro Safari Fotográfico. Nel, conseguiremos milleiros de fotos de diferentes sitios da cidade coas que denunciaremos, a modo de exposición, os malos usos de diferentes zonas urbanas (e non tanto) da nosa cidade.

Con elas demostraremos que os CCI somos como o aire, xa que estamos en todas partes, que estamos concienciados cos problemas aos que nos estamos enfrontando nos últimos anos e demostraremos unha vez máis o noso compromiso coa preservación da biodiversidad e o desenvolvemento sostible.

Vémonos mañá na Biblioteca do Forum e o sábado na de Durán Loriga.
Se queres podes traer a túa cámara dixital.

Luns con ciencia na Domus: a biodiversidades

O vindeiro luns 12 de abril ás 20:00 horas teremos nova sesión dos luns con ciencia na Domus da Coruña baixo o lema Áreas Marinas Protegidas(AMPs), unha estratexia para a conservación da biodiversidade mariña.
Actuará como introductor-moderador Santiago Parra Descalzo (Director do Centro Oceanográfico da Coruña). O ponente José Luis Vargas Poncini (Instituto Español de Oceanografía Madrid) falará sobre “INDEMARES: La propuesta española de nuevos espacios marinos para la Red Europea Natura 2000”. E o outro ponente, Francisco Sánchez Delgado (Centro Oceanográfico de Santander, IEO) intervirá sobre “El Cachucho”, primera Área Marina Protegida (AMP) en aguas profundas españolas. Nuevos retos: Banco de Galicia y Cañón de Avilés”.