Archivo del sitio

O CCI Aq(t)úa

AqtuaComeza o CCI e con el o noso compromiso. Un compromiso coa Ciencia, un compromiso co noso planeta e un compromiso co Medio Ambiente enmarcado no Ano Internacional da cooperación na esfera da auga.

Queres que chegemos a Pekín?, queres difundir a nosa mensaxe a través do Ciberespacio?, queres coñecer de primeira man o que temos preparado para ti durante todo o ano?… pois asiste a primeira sesión do CCI para: Navegar polo noso blog, tecer as redes que fagan eco das nosas voces, coñecer o Maremagnum de información que podes manexar na Internet, refrescarte con contidos que non sabías nin que existían,…

Invita aos teus pais e bebede xuntos da auga fresca que vos ofrecemos este ano. No 2013 Aq(t)úa.

Be water, my nerd

Pois si rapaces, o ano pasado a Asamblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que, este 2013, sería o Ano Internacional da cooperación na esfera da auga.

Nós coincidindo con eles decidimos adicar o CCI tamén a auga. Queremos demostrar con visitas guiadas, sesións na biblioteca e experimentos que a auga é un elemento imprescindible para poder vivir. Non só porque máis da metade do noso corpo esté composto de auga, senón porque non hai absolutamente nada na Terra que non precise de auga para vivir e/ou para ser construído. Pero non só iso, trataremos ademáis de concienciar a todo o mundo da necesidade de xestionar a auga de manera sostible, ou o que é o mesmo, proporcionarvos estratexias para aforrar auga a tódolos niveis.

“Vacía tu mente, se amorfo, moldeable, como el agua. Si pones agua en una taza, se convierte en la taza, si pones agua en una botella se convierte en la botella, si la pones en una tetera se convierte en la tetera. El agua puede fluir o puede aplastar. Se como el agua. Amigo mío, el agua que corre nunca se estanca, así es que hay que seguir fluyendo”

Vémonos prontiño na biblio. Estade atentos ao blog!!!!

Seguimos dando pistas…

… do tema que ocupará este ano CCI. Xa queda pouco para que colguemos no blog toda a información referente ao contido das sesións, días nos que nos podemos apuntar e calendario de cada unha das bibliotecas; pero antes temos que dicirvos que este ano teremos uns colaboradores de luxo que nos axudarán a entender o tema que nos ocupa coa «ruta da … pola nosa cidade». Entrade na súa páxina web e investigade. Deixámosvos un video de Beakman para que vos fagades unha idea do nos queren amosar:

O Bestifosiliario das Bibliotecas Infantil e Forum

En CCI sempre damos unha de cal e outra de xeso. Por iso  xa podedes ver, en imaxes, todo o que aconteceu na expedición Bestifosiliario realizada nas bibliotecas Infantil e Forum. Nesta viaxe os nosos aguerridos CCI´s descubriron un importante xacemento arqueolóxico con restos de fósiles que farían as delicias de calquer Paleontólogo.

Vémonos na próxima colegas, que nos vos de Malaspina asistir.