Archivos Mensuales: abril 2011

CCI vs FUTURAMA

Boas Rapaces!!!!!!
Durante o que resta da semana ímonos enfrontar a un dos cerebros máis brillantes do Universo. E decimos cerebros porque é iso, un cerebro. O seu afán de coñecemento leváo a recopilar todo, absolutamente todo, o que aconteceu nos seus millóns de anos de existencia. Está apunto de rocopilar todo o saber universal, e en canto o consiga será a fin de tódolos planetas.
Así que estes días, CCI´s, teremos que viaxar ao ano 3011 no que xunto coa axuda dos Niblonianos, Omicronianos, Neutrales e Globettoterienses remataremos con esta raza de comecocos para sempre.
Estades preparados para á batalla??
Anuncios

DENTRO DE 15 DÍAS NO QUI-CI-FI-ROL…

Coñeceremos da man dos expertos bibliotecarios/axentes especiais do CCI, os experimentos que este ano imos levar ao “Día de la Ciencia en la Calle”, que unha vez máis estará coordinado polos Museos Científicos Coruñeses. Esperámosvos o día 28 na biblioteca Forum e o día 30 na biblioteca Infantil e Xuvenil para reestructurar os parámetros delimitados pola nosa sociedade e desfrutar, a base de Química e Ciencia Ficción, dun mundo “irreal” que pode que estea máis preto de nós do que pensamos. Non faltes, que pasamos lista.

SIEMPRE CCI COLA

Ao final non nos dixeron cal é o ingrediente segredo de coca cola, pero si que sabemos que das tres persoas do mundo que o saben, unha é española. A si que, a partir de agora poñerémonos as pilas para que alomenos un de nós chegue tan alto na multinacional como para ser o portador do segredo mellor gardado do mundo mundial.
O que si que nos deron, foi unha cocacola que nos soubo a gloria despois de pasar unha hora e media sen beber absolutamente nada, na tarde de abril máis calurosa que ningún de nós lembrara xamáis. Amén dunha moi boa acollida e unha paciencia infinita por parte do noso axente especial Alejandro, que estoicamente aguantou un alubión de preguntas que non satisfizo a nosa curiosidade científica.Se vos quedou algo no tinteiro, queredes comentar a vosa visita á coca cola ou participar no concurso de redacción só tedes que entrar na súa páxina web e atoparedes un montón de sorpresas agardándovos. E agora, a chamar aos da casa do queixo para que se vaian preparando, porque o noso afán de coñecemento levarános “hasta el infinito y más allá”.