Archivos Mensuales: marzo 2012

James Cameron toca fondo… mariño

Ben puidéramos pensar que James Cameron comparte connosco os obxectivos do CCI deste ano. Despois do que nos contaron o sábado no CEPESMA do fondo mariño, dos 11000 metros de profundidade que ten o punto máis profundo, de que alí viven dúas de cada tres especies animais, todas descoñecidas, etc… hoxe vemos nos medios de comunicación que o cineasta acaba de sumerxirse na fosa das Marianas.

Aprovisionado cun minisubmarino, setes anos de práctica de ioga para gañar flexibilidade, un robot articulado e varias minicámaras acadou o seu obxectivo para gravalo todo e recoller mostras. A operación, denominada “Deepsea challenge”, tiña un doble obxectivo: rodar un documental e coñecer algo máis sobre a vida animal no punto máis recóndito do planeta. A aventura puido seguirse en twitter e tivo unha gran repercusión. Agora pode dicir que filmou a película máis taquilleira da historia, Avatar, e que tocou a parte máis profunda dos océanos, a fosa das Marianas, ao sudoeste da illa de Guam.

O certo é que xa houbo dúas personalidades que acadaron ese recóndito punto do planteta, Don Walsh e Jacques Piccard, mais a hazaña de Cameron vai máis aló por terse sumerxido en solitario, como vemos neste vídeo.

Esperamos poder ver pronto ese documental para ver se descubriu algo novo…

Anuncios

Dous días despois…

O sábado fomos actualizando o blog a medida que iban sucedendo as cousas. Tivemos problemas coa cobertura 3G e non puidemos facelo como nos gustaría.

Foi un día intenso: saímos ás 8:00h do Fórum e chegamos ao Parque da Vida ás 12:00h (fixemos unha parada técnica, claro!). Alí fixemos un percorrido pola historia do planeta para comprender como se formou, como evolucionaron os continentes e as súas masas e, por exemplo, entendimos o proceso de desaparición dos dinosauros ou o de conversión das baleas en seres acuáticos. Tivemos a ocasión de ver fósiles de cada etapa histórica e mesmo de tocarlle a un meteorito.

Despois vimos unha serie de animais que estaban recibindo os cuidados do centro de recuperación (Cepesma traballa en colaboración con Seprona, a Cruz Vermella, etc): mapaches (que odian aos humanos), mouchos, etc… e, finalmente, pudiemos tocarlle ás serpes.

De alí saímos ás 14:00h e fomos comer ao lado do Museo do Calamar Xigante, onde tiñamos a visita concertada ás 16:00h. Uns bocatas e unhas carreiras despois explicáronnos o paso do mito á realidade en torno á figura do kraken. Descubrimos que os exemplares femia sempre son moito máis grandes que os machos, que teñen os ollos máis grandes do reino animal, que as súas bocas son dun tamaño dun puño humano e que o seu exófago pasa polo medio do seu cerebro (de aí que teñan que comer pezas moi pequechas, para non golpear nin malformar o cerebro, que ten forma de rosquilla).

En fin, que foi un día cheo de aventuras que gardamos todos no recordo. E por se nos falla, sempre nos quedará a galería de fotos que preparamos para todos vós.

Vémonos na próxima sesión, CCI´s!!

Galería de fotos

 

 

A Luarca!

Agora comeremos e logo visitaremos o Museo. Subiremos fotos ao flickr na sobremesa!

Xa estamos no Parque da Vida

Estamos facendo a visita ao Parque da Vida. Nada máis chegar as guías presentáronse e comezamos. Dúas simpáticas ocas deronnos unha ruidosa benvida, estuvemos acompañados por un cochiño vietnamita e agora imos estar cas serpes. Unha mañá estupenda

Xa estamos no bus

Acabamos de saír agora mesmiño e xa empezamos a contar a aventura. Houbo algún CCI interesado en ir sentado ao lado do condutor, pero para iso hai que ter polo menos 16 anos. Uns imos con 3DS e outros con tablet, estamos todos moi familiarizados coas novas tecnoloxías.

 

Xa chegou o día da Expedición Calamardo!

Pois iso, CCI´s, que mañá poremos rumbo a Luarca para visitar o Museo do Calamar Xigante.

Ademais de conter exemplares dos calamares máis grandes do mundo (que tamén foron expostos no Museo de Historia Natural de Washington), parece ser que tamén van expoñer un dos setenta exemplares existentes do tiburón duende, que foi atopado en augas galegas, máis concretamente, en Marín.

Tamén visitaremos o Parque da vida onde faremos un divertido estudo da contorna natural, do mundo animal (que será?) e do espazo…

Vémonos mañá cediño!

No es lombriz todo lo que reluce

Y continuado con el tema acuático, nos vamos hasta la India, donde han descubierto una extraña especie de anfibio que bien nos podría paracer una lombriz de tierra común, pero NO.

La investigación ha sido publicada en la revista Proceedings of the Royal Society B.

Sathyabhama Das Biju, responsable del estudio afirma tras concluir la investigación que se trata de una nueva especie que además es el representante de un tipo de familia desconocida hasta la fecha. Sería la décima familia de cecílidos identificada en el mundo.

Para ellos, los investigadores  han escogido el nombre de Chikilidae.

El estudio de su ADN sugiere que esta rama se escindió de sus parientes africanos más próximos hace unos 140 millones de años, cuando la India y África formaban parte del mismo continente.

Uno de los hábitos de los Chikilidae es:

Las hembras incuban sus huevos durante dos o tres meses sin moverse y, aparentemente, sin comer nada durante todo este tiempo.

Los biólogos consideran que estos animales están amenazados por el crecimiento de población, las técnicas agrícolas de la zona, y porque algunos habitantes los confunden con serpientes venenosas y los matan.

Así que CCI`S salvemos a los CHIKILIDAE!!!

 

A Expedición Malaspina na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Aquí tedes as imaxes deste sábado na Biblioteca Infantil e Xuvenil, sesión na que completamos o Caderno de Bitácora de Alejandro Malaspina durante a súa expedición circunnavegando o globo.

 

A outra Expedición Malaspina

Se no post anterior falabamos da Expedición que o marino Alessandro Malaspina realizou entre 1789 e 1794; neste trataremos unha expedición que, a pesares de ter o mesmo nome, é un pouquiño máis actual, A expedición Malaspina 2010.

Foi potenciada polo Ministerio de Ciencia e Innovación coa participación da Armada Española, nacendo co obxectivo de estudar o impacto do cambio global no ecosistema do océano e explorar a súa biodiversidade, sobre todo a grandes profundidades.

A expedición oceanográfica, a bordo dos Buques Oceanográficos HespéridesSarmiento de Gamboa, realiza un itinerario moi parecido ao feito pola primeira expedición impulsando por unha banda as celebracións do Ano Internacional da Biodiversidade (2010) e o 200 aniversario do finamento de Alessandro Malaspina (1754 – 1810); e por outra a cooperación na comunidade oceanográfica española. Coa que se pretende formar, no funcionamiento dos ecosistemas marinos, a unha nova xeración de novos investigadores.

A expedición, impulsora das ciencias marinas en España, finaliza en Xullo de 2011 os seus obxectivos e os dous buques regresan a península cos máis de 250 científicos que participaron nesta derrota que circunnavegou o mundo enteiro.

Máis información neste CCI.