Archivo del sitio

reLÚZete: 9ª sesión do CCI

cartel_2015-01-01Xa queda pouco, estamos coa conta atrás para o noso día grande o Día da Ciencia na Rúa (DCR) o próximo sábado 9 de maio. Os nervos xa afloran e queremos que todo saia perfecto, por eso cada sesión é importante e os CCIs traballan arreo elaborando contidos.

Seguro que sabedes que dende as Bibliotecas Municipais da Coruña, e por medio do noso Club de Ciencia e Investigación (CCI), achegamos sempre unha selección de libros que podedes atopar nas nosas bibliotecas e que teñen que ver coa temática tratada durante todo o ano nas sesións do CCI. Este ano non imos ser menos e ese día presentaremos a guía de lectura, pero haberá unha sorpresa, imaxinades cal?? Pois xa volo adiantamos agora: os CCIs tamén elaboraron a súa propia guia de lectura, si sí ledes ben, unha guía formada por material elaborado íntegramente polos rapaces e rapazas que formaron parte do Club de Ciencia e Investigación este ano.

 O que ides atopar na guía son reseñas de libros seleccionados por eles mesmos feitas do seu puño e letra e ilustradas con imaxes captadas coas súas cámaras e aparellos móbiles. Os CCIs o que pretenden con esta selección, ademáis de deixar boa constancia do traballo que realizaron durante todo o ano, é transmitirvos as mesmas ansias e entusiasmo coas que eles o fixeron e poidades así ampliar os vosos coñecementos sobre a Historia da LUZ. Na última sesión estiveron ultimando os detalles.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aproveitamos a ocasión para deixarvos noticia de varias actividades que vos son de interese e nas que vos animamos a participar:

O V Concurso de Relatos de Inspiración Científica, no que poderes amosar as vosas dotes literarias e como non, relacionalas coa ciencia. Tedes ata o 17 de maio para presentar as vosas propostas e podedes consultar todas as bases do concurso aquí!

Talleres sobre enerxía, electricidade e magnetismo mañá sábado 18 e o domingo 19 de abril no MUNCYT. Mediante xogos e outras actividades os participantes aprenderán divertíndose coa observación e produción de fenómenos eléctricos e magnéticos.

Como vedes hai centos de xeitos de aprender e desfrutar coa ciencia de xeito ameno e divertido e no noso Club de Ciencia damos boa conta delo!!! 😉

XIX Día da Ciencia na Rúa

Este sábado 10 de maio os membros do Club de Ciencia e Investigación (CCI) das Bibliotecas Municipais saímos á rúa para sermos partícipes do Día da Ciencia na Rúa. Aproveitaremos a ocasión para poñer en práctica, amosar e difundir todo o visto durante estes catro meses de CCI nos que, baixo o lema aCCIón ambiental,  nos adentramos na temática naturista e mais concreto no mundo das aves.

Día da Ciencia na Rúa 2014

Cartel do Día da Ciencia na Rúa 2014

Ademais de aprender unha chea de cousas ben interesantes sobre as aves, divertirémonos cos xogos que temos preparados:

  • Xerador de haikus
  • O xogo dos pares
  • Non perdas os aneis

Haberá tamén roteiros polo Parque de Santa Margarita, guiados por membros do Grupo Naturalista Hábitat, que este ano colaboraron con nós no CCI. Os roteiros estarán abertos a todo o público que queira sumarse e os CCI’s irán sacando fotos de natureza durante o roteiro, que entrarán en concurso.

Polo de pronto non vos imos desvelar nada mais… acercádevos este sábado á nosa jaima no Parque de Santa Margarita (Casa das Ciencias) e descubrídeo!! Agardámosvos!!

Pasou o día…

… e pasou a romaría!

Sabes que pasaría se lanzas ao aire, a -41ºC, unha pota chea de auga fervida?

Un momento na jaima

Un momento na jaima

Aínda que durante o Día da ciencia na rúa fixo un sol espléndido, o noso trivial tivo practicamente o mesmo efecto na xente que visitou a jaima das Bibliotecas Municipais (cando non acertaban as respostas, claro. Porque se as acertaban todo eran risas).

Todas as preguntas que formulamos foron extraídas de algún dos materiais que temos nas bibliotecas e que formaron parte da mostra do CCI deste ano, así que se non sabes algunha non dubides en pasarte por algunha das nosas sucursais.

Outra das cousas que mostramos na jaima foron dous vídeos resumo das actividades: un específico do CCI e outro de todas as demais (bebeteca, merendas con contos, voluntariado, etc)

Aínda que acabamos de pechar un ciclo no DCR, haberá algunha sorpresiña antes da seguinte tempada. Estade atentos!

Este sábado, os CCI´s á rúa

Cooooorectooo!

Cooooorectooo!

O próximo sábado 04 de maio os membros do Club de ciencia e investigación estaremos no Día da ciencia na rúa no Parque Santa Margarita expoñendo algo que, estamos seguros, vai levantar suspicacias: o trivial do CCI!!

Elaboramos unha batería de preguntas que extraímos dos materiais desta guía e plasmámolas todas nun panel que mostraremos o sábado para comprobar canto sabedes sobre a temática á que adicamos este ano o noso club: a AUGA.

Ven á nosa jaima de 11 a 14 horas pola mañá  e de 16 a 19 horas pola tarde e demóstranos canto sabes! E se non o sabes non te preocupes, dirémosche a onde te podes dirixir para sabelo!