Archivos Mensuales: diciembre 2013

Xa estamos de volta

foto_postOla CCI’s!!!

Que tal vai o curso? Confiamos que ben. Nas Bibliotecas Municipais estamos a organizar o CCI deste ano, adicado á Natureza, en concreto ás aves. Ide preparando os prismáticos, afiando os lapiseiros para os cadernos que vos imos entregar, agudizando os sentidos e a curiosidade, e por suposto exercitando a paciencia, algo que sempre se precisa para ser un bo naturalista. Converterémonos en científicos de campo adicados á investigación e ao estudo da natureza e do medioambiente, compartiremos unha xornada de anelamento científico de aves, sairemos a contemplar a natureza e aprenderemos a detectar rastros e sinais de animais, entre outras moitas actividades.
Como vedes,  este ano como todos os anteriores, agárdannos novas sorpresas e excitantes aventuras. Sí, leiches ben, a que esperas entón? Se tes entre 9 e 13 anos, non tardes en apuntarte, o prazo de preinscripción comeza o día 2 de xaneiro ata o 14 do mesmo mes. Neses días abrirase un formulario no blog do CCI no que terás que anotarte, tamén podes achegarte as  Bibliotecas Municipais Infantil e Xuvenil, Forum Metropolitano e Ágora, nas que este club ten a súas sedes e apuntarte no mostrador ou chamando por teléfono.

Ágora Tel: 981189886
Forum Tel: 981184298
InfantilTel: 981184388

Esperámosvos!!!

 

Anuncios

II Xornada de iniciación á ornitoloxía

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) organizan, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, a II Xornada de Iniciación á Ornitoloxía.

A xornada, de carácter divulgativo e dirixida ao público interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, terá lugar o venres 13 e o sábado 14 de decembro no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña). Farase especial fincapé nas aves mariñas da Costa de Oleiros.

O programa para o 13 de decembro é o que segue a continuación:

  • 16.00 h. As aves da ría do Burgo: observar, fotografiar, divertirse e pensarAntonio Sandoval Rey
  • 17.00 h. Introdución á observación de gaivotas. As gaivotas na contorna da cidade da CoruñaXabier Varela Varela
  • 18.00 h. Descanso
  • 18.30 h. O mundo do birdingCosme Damián Romai Cousido.
  • 19.15 h. Coñecer e conservar. Cómo participar na defensa das nosas avesSergio París Gómez.
  • 20.00 h. Presentación da obra ¿Para qué sirven las aves?, do escritor e comunicador ambiental Antonio Sandoval Rey

Para o sábado 14 de decembro o que está previsto segundo programa é unha saída ornitolóxica pola Ría do Burgo.

Xornadas ornitoloxia

As prazas para as xornadas son limitadas e requírese previa inscrición. Ten un custo de 10 €.

Para máis información poñerse en contacto co CEIDA: correo electrónico formacion@ceida.org e teléfono 981 630 618.

A natureza ante a lente

 

Xa sabedes que a natureza vive no momento, vive do momento, e no intre menos pensado ofrece as mellores visións que calquera se pcan descansandoode imaxinar.

Igual que o can que descansa sobre un monte enchido de uces, sosegado, tranquilo;  ou o bafo do lobo nun frío mencer, si, deses que tiñamos tantos nos nosos montes e agora escasean polos intereses humanos…

BAFO LOBOSexa como for, as imaxes que a natureza nos regala non son para perdelas, e merecen ter os ollos ben abertos para captalas, senón cunha cámara, co desfrute dos nosos ollos. E se vos gustan estas dúas, estades tardando en ver unha serie de fotos que vos vai deixar apampados aquí!Se nunca vichedes momentos máxicos coma este, tranquilxs, este ano faremos por observar a natureza e poder así capturar imaxes de animais seguro tan impresionantes como estas.