Archivos Mensuales: May 2010

NOSOTROS TAMBIÉN PODEMOS HACERLO

Aquí tenemos a Severn Suzuki, una niña Canadiense que en 1992 cuando contaba con solo 13 años de edad (más o menos la edad que tiene alguno de vosotros), dió una lección de activismo medioambiental en Cumbre de Medio Ambiente y Desarrollo «The Earth Summit», celebrada por la ONU en Río de Janeiro.

CCI´s, nosotros también podemos hacerlo. Entre todos debemos deconstruir este mundo y edificar encima uno mejor. Somos el futuro. La vida del planeta está en nuestras manos y nuestras manos todavía no están manchadas.

A ONU lembra que a Biodiversidade periga

Levámolo dicindo dende principio de curso. Somo moitos os que o pensamos pero xa era hora de que alguén dese a cara.

CienCIa NA RÚA II

Buffffffffff!!!!!!!!!!!!!!!!!

Menuda mañá que tivemos, eh??. Todo o ano agardando por este día e xusto cando máis ganas tiñamos de mostrarlle ao mundo todo o que sabemos da Biodiversidade, a través de experimentos, ponse a chover.

Aínda así, aínda que ninguén puido desfrutar do noso intelecto, non podemos quedar parados. O que aprendimos non debe quedar no aire, o que sabemos non debe quedar no «olvido». Temos que ser consecuentes cos problemas do medio ambiente, temos que rexeitar calquera acción que conleve un perigo para o planeta, temos que loitar contra a extinción de especies…, temos que ser como o Capitán planeta. Uns defensores acérrimos da Terra.

Como agasallo pola vosa participación e como recoñecemento a vosa labor podedes levárvos para casa (ou descargalo dende o voso ordenador) ao Capitán Planeta. Se non tedes impresora, ou non sabédes como facelo, vide pola biblioteca e volo explicaremos. De tódolos xeitos, que o CCI esté rematado por este ano non quere dicir que non haxa sorpresas. Seguide agardando e visitade o noso blog. Ninguén sabe o que pode acontecer.

Biodiversifícate!!!!!!!!!

CienCIa NA RÚA

Este sábado celébrase o XV día da Ciencia na Rúa promovido polos museos científicos coruñeses e o Concello de Coruña. Para celebralos os intrepidos membros deste clube asistirán con tres experimentos que deixarán boquiabertos, ou boquipintados, a toda a xente que se deixe pasar polos stands situados no Parque de Santa Margarida a partires das 11:00 horas. Non desvelaremos o que imos facer, pero dámosvos un adianto do que pode acontecer se caedes nas nosas máns, hahahahahahaha.

SAFARI FOTOGRÁFICO

Como todo o mundo está a preguntar: que tal saiu o Safári Fotográfico?; Onde podo ver as fotos?; quén participou nel?; están as fotos expostas?; etc, etc, etc… decidimos que as puidesedes ver todos a través do noso blog. Os que querán velas a tamaño real nunha «macroexposición» poden vir a biblioteca Forum Metropolitano a presenciar tal evento.

Para os vagos/as que aínda non mandastes as fotos, facedeo pronto que en breves imos de Vacacións. E sen máis dilación, un safari sen leóns.