Archivo de la categoría: Concursos

II Certame de debuxo da natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”

Tras o éxito do pasado ano, o Grupo Naturalista Hábitat, da man novamente da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), organiza o II CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, co obxectivo de seleccionar aquelas ilustracións que pasarán a formar parte do Calendario 2015 da entidade.

A participación nesta nova convocatoria é aberta e de balde. De entre todos os debuxos achegados, o xurado escollerá aquelas 24 ilustracións máis destacables, as cales ademais de pasar a formar parte do vindeiro calendario gozarán dunha serie de premios por parte dos organizadores e promotores.

Haberá dúas categorías diferentes:
– Menores de 14 anos
– E de 14 anos en diante.

O prazo de peche de inscricións e entrega das obras remata o vindeiro 7 de novembro de 2014. 

Sexades ilustradores expertos, afeccionados ao debuxo ou simples amantes da natureza…ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

1

Anuncios

“Científicas galegas en acción”

ciencia en accion“Ciencia en Acción” é unha iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas, o Instituto de Ciencias Matemáticas, a Real Sociedade Española de Física, a Real Sociedaga Española de Química, a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, a Sociedade Xeolóxica de España e a Universidade Nacional de Educación a distancia. É un programa aproxima a ciencia e a tecnoloxía ao gran público dun xeito dinámico, doado e ameno.

cartel

Este ano celébrase a décimo quinta edición de “Ciencia en Acción” e terá lugar do 3 ao 5 de outubro en CosmoCaixa Barcelona e contará con presenza galega.

Unha web galega de mulleres científicas e investigadoras foi seleccionada. En busca da Igualdade, da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña é a  web en cuestión, elixida como un dos traballos gañadores nesta décimo quinta edición na modalidade de Ciencia, Enxeñaría e Valores.

Na páxina web recóllese a biografía e as obras dun bo número de mulleres que traballaron e traballan nos distintos eidos da ciencia, a cultura, a tecnoloxía ou as artes. A idea, informa a Oficina, xurdiu a partires da exposición Mulleres nas bibliotecas, organizada con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Haberá que agardar a outubro para saber se finalmente a presenza galega chega á final europea.

CoruñAves 2014

Maraton Ornitoloxica_2014Un ano máis o Grupo Naturalista Hábitat organiza a V edición de CoruñAves 2014, maratón ornitolóxica no Concello da Coruña.

A data para esta actividade está prevista para o sábado 11 de xaneiro ás 9 da mañán, na rúa Camariñas, 8-baixo. (a 150m da Domus)

Esta actividade consiste en dividirnos por equipos e ver o maior número de especies de aves como sea posible ata as 13:30h, empregando prismáticos, telescopios, cámaras fotográficas… e os medios de transporte que respectan o noso entorno, como poden ser o bus urbano, a bicicleta ou o coche de San Fernando (un pouquiño a pé e outro pouquiño andando).

Ás 13:30h terá lugar o reconto de aves no local do Grupo Hábitat (rúa Camariñas, 8-baixo) é moi importante chegar a esa hora xa que a impuntualidade pode supoñernos a descalificación. O equipo gañador recibirá un pequeno agasallo.

Así que, se queres pasar a mañán do sábado entre amigos e aves, non tes máis que:

  • enviar un correo electrónico a gnhabitat@yahoo.es, indicando o teu nome completo e o teu teléfono
  • ou chamando 981 135 014

Deixámosvos as bases completas para que poidades consultalas.  O prazo de inscrición remata mañán.

Esperámos que o pasedes moi ben e lembrade que todavía quedan prazas para formar parte do club CCI o ano que ven nas Bibliotecas Municipais do Forum Metropolitano e do Ágora.

Podes inscribirte neste formulario .

Fotografías polo territorio

Xa vedes que as asociacións preocupadas pola natureza non deixan de facer actividades que poidan ser de interese para todxs aquelxs que gosten de temas naturalistas. Neste caso a xente da Asociación Ecoloxista Adega convoca un concurso fotográfico do que seguro que podedes decir moito… Esta é a información que na súa páxina de Facebook teñen:

Participa no III Concurso “Fotografías polo territorio” de ADEGA. O prazo para presentar as túas fotos remata o 1 de novembro.As fotografías deberán ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao n…oso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info.

Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos. O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de novembro do 2013.

Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 200 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 150 euros. 

 
 
CONCURSO FOTOGRAFÍA ADEGA 2013

Xa sabedes, cámara en man e a participar!

I Certame de debuxo da natureza

Animádesvos a participar no

I CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA!??

cartel_A3 horizontal

O Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), organiza o I CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA Vida silvestre do encoro de Cecebre“, co gallo de seleccionar aquelas ilustracións que pasarán a formar parte do Calendario 2014 do Grupo Naturalista Hábitat.

A participación no certame é aberta e de balde. De entre todos os debuxos achegados, o xurado escollerá aquelas 12 ilustracións máis destacables, as cales ademais de pasar a formar parte do vindeiro calendario, gozarán dunha serie de agasallos por parte dos organizadores e patrocinadores. Desas 12, as consideradas como as tres mellores obras polo xurado, terán tamén unha dotación económica.

O prazo de peche de inscricións e entrega dos debuxos é ata o vindeiro 31 de outubro de 2013.

Sexades ilustradores expertos, afeccionados ao debuxo ou simples amantes da natureza, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!.

Descarga aquí as bases da convocatoria, a folla de inscrición (PDF ou DOC).

Máis información  visita www.gnhabitat.org.

E para calquera duda ou aclaración que teñades podedes chamar ao 981 135 014 ou enviar un correo electrónico a gnhabitat@yahoo.es