Archivo del sitio

Reciclar nivel paxaro

Anuncios

Héroes da Ciencia

Queres ter ao teu cinetífico favorito na casa?. Pois estás de sorte, porque chegan para todos nos os Heroes of Science Action Figures; unha colección de 30 figuras de acción que representan aos científicos máis emblemáticos que viviron no s. XX, ou nalgún momento dese século. Evidentemente aínda non están todos os que deberían estar, pero de seguro que pronto o estarán. Os que podemos ver de momento molan a mazo.

E ti, cal quererías que estivera?

Con todos vós… os novos zapatos de Gema

O Tricetractor

Extra, Extra!!!!. Presentámosvos en primicia unha nova especie de dinosaurio achada hai escasas horas nas proximidades de Chumbotown, O Tricetractor; un antepasado do Tricera-tops (o dinosaurio comedor de Pizza) do que de momentos se descoñecen máis cousas das coñecidas. Segundo os estudos científicos e paleontolóxicos aos que foron sometidos os seus osos descubriuse que era motorífero (reprodución a través dun motor v8) e ferrivoro (baseaba a súa alimentación en ferro, alomenos para almorzar). Sabemos tamén que se movía con tracción as catro rodas, que o número de chasis da femia era diferente ao do macho e que estaban disponibles en catro cores diferentes.

Deixamosvos unha foto do achazgo do que seguiremos informando en próximos posts.

Con todos ustedes, la biCCI