Archivos Mensuales: septiembre 2013

O laio dos xigantes

Parece que o vento da terra pódese ouvir laiar no Monte Pindo, fogar dos xigantes que custodiaban un dos montes máis preciosos da costa galega.

1280px-Xigante_do_Monte_Pindo
Todo o espíritu naturalista do que falamos estes meses pode axudarvos a entender a pena que debe afogar a cada xigante de pedra que vivía nas faldras dun monte que antes fervía en vida e auga. Mentras escribo este pequeno post, o Monte Pindo arde en lume descontrolado e de nada servirán a partir de agora os nosos cadernos de campo, as nosas observacións, os nosos debuxos, porque no Pindo só quedarán cinzas.

Monte Pindo ardendo

E posiblemente o rumor do laio dos xigantes…

Cadernos de campo.

CADERNO DE CAMPO 02Despois dun verán de expedicións, de visitas, de camiños verdes nos que os amigos carballos dábannos fresco para poder seguir a camiñar, non queda máis remedio CCIs que volver a rutina, volver ás clases, ao colexio, ao instituto, ás actividades varias…

Pero non pensedes que eso é malo, para nada, eso significa que estamos a piques de emprender o camiño do novo ano do CCI que vos levamos adiantando nos últimos posts. E xa que estamos, pensades que o título deste fai referencia a un caderno que vive no medio dunha fraga?CADERNO DE CAMPO 04

Un caderno de campo é unha ferramenta empregada por investigadorxs onde anotan as súas observacións, os seus progresos e descubrimentos durante as súas investigacións. E neste caso ven moi ben que aprendamos o que son xa que será tamén para nós unha útil ferramenta de traballo cando empecemos co CCI deste ano. Pero esa é unha historia que vos contarán xs compañeirxs de Hábitat.

Polo momento, ide afilando o s lápices e preparándovos para debuxar nos vosos cadernos o que vedes de natureza non só no campo, senón taméns ao voso carón, máis cerquiña do que credes…

 

 

I Certame de debuxo da natureza

Animádesvos a participar no

I CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA!??

cartel_A3 horizontal

O Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), organiza o I CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA Vida silvestre do encoro de Cecebre“, co gallo de seleccionar aquelas ilustracións que pasarán a formar parte do Calendario 2014 do Grupo Naturalista Hábitat.

A participación no certame é aberta e de balde. De entre todos os debuxos achegados, o xurado escollerá aquelas 12 ilustracións máis destacables, as cales ademais de pasar a formar parte do vindeiro calendario, gozarán dunha serie de agasallos por parte dos organizadores e patrocinadores. Desas 12, as consideradas como as tres mellores obras polo xurado, terán tamén unha dotación económica.

O prazo de peche de inscricións e entrega dos debuxos é ata o vindeiro 31 de outubro de 2013.

Sexades ilustradores expertos, afeccionados ao debuxo ou simples amantes da natureza, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!.

Descarga aquí as bases da convocatoria, a folla de inscrición (PDF ou DOC).

Máis información  visita www.gnhabitat.org.

E para calquera duda ou aclaración que teñades podedes chamar ao 981 135 014 ou enviar un correo electrónico a gnhabitat@yahoo.es

No rumor da fraga.

Abre os ollos como o moucho e deixa de pensar nas musarañas, pecha o teu PC xa e marcha á montaña, a unha fraga, ao rincón máis escondido da costa onde parece que ninguén te ve. Xa que pronto voltaremos aos ritmos do curso escolar, nada mellor que aproveitar estes días para estar na compañía de todxs xs compañeirxs que ninguén ve, da morea de especies que nos nosos montes hai a pesar do pesadelo dos incendios, da mirada curiosa do cárabo mentras paseamos por unha fraga…

CÁRABO
Se queredes que vos sexa sincero, botade un ollo a este catálogo de especies que podedes atopar sin salir de Galicia e deixade de mirar para o blog do CCI, un/ha naturalista non se fai só mirando para a pantalla dun ordenador!