James Cameron toca fondo… mariño

Ben puidéramos pensar que James Cameron comparte connosco os obxectivos do CCI deste ano. Despois do que nos contaron o sábado no CEPESMA do fondo mariño, dos 11000 metros de profundidade que ten o punto máis profundo, de que alí viven dúas de cada tres especies animais, todas descoñecidas, etc… hoxe vemos nos medios de comunicación que o cineasta acaba de sumerxirse na fosa das Marianas.

Aprovisionado cun minisubmarino, setes anos de práctica de ioga para gañar flexibilidade, un robot articulado e varias minicámaras acadou o seu obxectivo para gravalo todo e recoller mostras. A operación, denominada «Deepsea challenge», tiña un doble obxectivo: rodar un documental e coñecer algo máis sobre a vida animal no punto máis recóndito do planeta. A aventura puido seguirse en twitter e tivo unha gran repercusión. Agora pode dicir que filmou a película máis taquilleira da historia, Avatar, e que tocou a parte máis profunda dos océanos, a fosa das Marianas, ao sudoeste da illa de Guam.

O certo é que xa houbo dúas personalidades que acadaron ese recóndito punto do planteta, Don Walsh e Jacques Piccard, mais a hazaña de Cameron vai máis aló por terse sumerxido en solitario, como vemos neste vídeo.

Esperamos poder ver pronto ese documental para ver se descubriu algo novo…

Publicado el 27 marzo, 2012 en Novas. Añade a favoritos el enlace permanente. 12 comentarios.

  1. Y cuando esté, ¡Colgadlo en el blog! 😉

  2. que conte co que

  3. La verdad, Iago, es ilógico. ¿Que presonas en sus cabales o no querría hacerse pasar por ti?

Deja un comentario