Archivo del sitio

20 anos non son nada… e son moito!

Cartel do Día da Ciencia na Rúa 2015Como xa adiantabamos fai pouco, este sábado 9 de maio celébrase o XX aniversario do Día da Ciencia na Rúa  (DCR) na Coruña e as Bibliotecas municipais, de novo, levan o seu Clube de Ciencia e Investigación (CCI) para unirse á festa e demostrar que, como din os obxectivos deste gran día:

  • a Ciencia pode sair á rúa
  • que a Ciencia é de todos
  • que pode ser divertida e fácil de entender
  • e que as rapazas e rapaces teñen moito que dicir e mostrar sobre a Ciencia

E os nosos CCIs teñen, efectivamente, moito que dicir, e aínda máis ganas de mostrar todo o que este ano levan investigando sobre a luz, as tecnoloxías e inventos derivados da luz. Para os que queirades que vos sorprendan, acercarán os seus coñecementos e experimentos e, sobre todo, mostraranvos toda a ilusión que levan posta.

Grupo-Naturalista-Hábitat-300x90Como se fai un espectroscopio, e mesmo un periscopio como o dos submarinos, qué pasa ca luz cando atravesa distintos medios, e que sucede cas ilusións ópticas e o noso cerebro tan só son algunhas das cousas que as rapazas e rapaces do CCI descubriranvos ese día (aínda que xa o fumos adiantando noutras  ocasións) xunto coa a axuda dos nosos colaboradores de do Grupo Naturalista Hábitat.

O DCR celebrarase nun horario ininterrumpido entre as 11 da mañá e as 7 da tarde no Parque de Santa Margarita (e a súa Casa das Ciencias) onde se ubicará o núcleo fundamental das actividades, cun total de 43 jaimas que centros educativos da contorna e outras institucións encherán de experiencias e entretemento. Ao longo da xornada haberá multitude de actividades, obradoiros, exposicións e xogos, que podedes consultar no programa completo.

Logo dos Museos Científicos CoruñesesMuseos científicos coruñeses

Os Museos Científicos Coruñeses únense tamén a esta celebración abrindo as súas portas ao público gratuitamente, de 11 a 19 horas.

  • A Casa das Ciencias ofrecerá, entre outras actividades, unha maratón de sesións de planetario. Os pases serán ás 11, 12, 13, 16, 17 e 18 horas (para asistir hai que retirar as invitacións que se repartirán na recepción media hora antes do seu comezo).
  • Na Domus haberá pases gratuítos de cine 3D, ca película “Titanes da idade de xeo”, ás 12, 13, 17 e 18 horas. Celebrarase tamén o obradoiro “Crea o teu garabateador”, para inventar artiluxios a motor que debuxen os garabatos más inesperados (actividade, de aforo limitado, que se desenvolverá en 2 sesións de 11 a 14h., e de 16 a 19 h.)
  • E o Aquarium ofrece a ocasión de coñecer a nova exposición “Perseguiendo a Mr.Goodfish”, un percorrido en fotografías do proceso que segue o peixe dende o mar ata o noso plato. E, coma sempre, será unha oportunidade para acompañar ás focas das piscinas exteriores nas súas comidas diarias, ás 12 e ás 17 horas.

logo_muncytO MUNCYT pola súa parte aproveitará para celebrar ao mesmo tempo o 40º aniversario do vídeo Betamax e ofrecerá obradoiros de cine na súa carpa ao longo de todo o día.

Xa vedes, todo un día adicado ás Ciencias no que o CCI das Bibliotecas Municipais esperámosvos para disfrutar con todos vós o remate do programa por este ano.

Vémonos!!!

Anuncios

Vamos a LUZir o noso traballo I: 10ª sesión do CCI

A semana pasada o Club de Ciencia e Investigación das bibliotecas municipais reuniuse de novo para facer acopio de todos os preparativos para o Día da Ciencia na Rúa (DCR) que se vai celebrar o próximo sábado 9 de maio no Parque de Santa Margarida.

experimentos binfantil

 O DCR é un día importante no que os rapaces e rapazas do CCI toman o protagonismo, son eles os que intentan transmitir e mostrar, a todo o público que se achegue, o coñecemento adquirido durante todo o ano nun ambiente de festa pero sobre todo de compañeirismo. Dende as bibliotecas intentamos inculcarlle aos rapaces e rapazas que forman parte do noso club, os valores e obxectivos que leva implícitos o Día da Ciencia na Rúa:

  • Sacar a ciencia á rúa. Presentar a ciencia que se fixo na biblioteca.
  • Popularizar o coñecemento científico. Achegar a ciencia á sociedade.
  • Desmitificar a ciencia. Presentala como un xogo, como algo sinxelo, doado de entender e ao alcance de calquera cun mínimo de     interese.
  • Dar protagonismo aos alumnos. Que por unha vez non sexa o bibliotecario o condutor do coñecemento, senón que o alumno se    sinta eixe e centro da actividade desenvolvida.

 Grupo-Naturalista-Hábitat-300x90Na pasada sesión fixemos repaso de todo o proceso experimental tanto do aprendido na sesión na que colaborou Ricardo do Grupo Hábitat así coma de experimentos que nos pareceron interesantes e traballamos nós mesmos, é o caso dun espectroscopio e un periscopio caseiros.

 Levamos á  práctica experiencias sinxelas nas que comprobamos o comportamento da luz e dos nosos sentidos en diferentes circunstancias con elementos da vida diaría porque eso é o que queremos mostrar o Día da Ciencia na Rúa.

 Dedicámonos a observar unha serie de principios básicos:

  • Reflexión e refracción da luz en diferentes medios (aire, auga, aceite, fume)
  • Efecto Tyndall: o fenómeno que axuda a determinar se unha mestura homoxénea é realmente unha disolución ou un sistema coloidal, coma suspensións ou emulsións, por medio da dispersión da luz.
  • Espectro da luz (visible e non visible)
  • Descomposición e recomposición da luz blanca
  • Ilusións ópticas

 Na galería fotográfica do flickr podedes ver unha mostra delo, pero para ver os resultados finais teredes que agardar ao 9 de maio no Día da Ciencia na Rúa.

Esperámosvos na jaima das Bibliotecas Municipais!!

LUZ, cámara e aCCIón II

Hai dúas semanas tivemos unha semana do máis intensa. Quedamos coma todos os martes e xoves nas nosas respectivas bibliotecas para falar de faros na sesión Á LUZ do faro da que xa vos falamos no post anterior.
E unha vez tivemos todo falado sobre faros e fareiros nada mellor que visitar o emblema da nosa cidade, a Torre de Hércules.
Esta torre ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo que aínda hoxe en día cumple coa súa función primixenia: a de servir de sinal marítima e instrumento de navegación para as embarcacións. Ademáis é o terceiro faro máis alto de España. E como ben nos explicaron alí, o día 27 de xuño do ano 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

DSC_0069
Unha vez estivemos todos xuntos nas escaleiras imperiales. A nosa guía contounos que a estatua que alí está é o Retrato do rey Carlos III, o monarca o cal baixo o seu reinado se inciaron as obras de remodelación da Torre.

Despois destas primeiras informacións, estabamos listos para pasar ao interior e aquí foi onde a nosa guía comezou explicándonos todo o proceso de construcción da torre, dende as primeiras pedras da muralla que a protexían ata a cúpula e as diferentes etapas e remodelacións que sufriu.
Chamounos moito a atención que as diferentes persoas que a remodelaron deixaron a súas sinais para que se soupera onde arranxaron as partes que estaban deterioradas e así os seguintes coñeceran nunha primeira vista onde estaban o erros e poder retocalos se o necesitaban.

Menos mal que todos desaunamos ben e tiñamos forzas para subir os 234 escalóns que separa a base da torre da terraza onde está situado a lámpada do faro.
Xa na terraza puidemos contemplar as vistas da baía e facer unhas fotos, agora xa só nos quedaba baixar todos eses escalóns, algo que nos custou moito menos que subilos 🙂

la foto

Xa temos ganas de que chegue o noso gran día o Día da Ciencia na Rúa, para amosar a todos os que pasedes pola nosa jaima, as fotos das nosas saídas e os experimentos que fixemos nas nosas sesións. A cita é o día 9 de Maio no Parque de Santa Margarida

A Hora do Planeta

Hoxe, dende o noso blog, queremos dar voz a un feito que consideramos de vital importancia e que ten moito que ver co tema tratado este ano no noso Clube de Ciencia e Investigación. E é que o sábado 28 de marzo celebraremos de novo A Hora do Planeta (LHP/Earth Hour), é a acción voluntaria máis importante do mundo na loita contra o cambio climático e é promovida por WWF, a Organización Mundial de Conservación.

HoradoPlaneta2

Este acto simbólico axuda a concienciar a toda a sociedade de que o cambio climático é unha realidade da que todos somos partícipes. Búscase a participación das cidades, das corporacións e principalmente das persoas para que apaguen as súas luces non esenciais e aparatos eléctricos prescindibles durante unha hora, A Hora do Planeta, en sinal de compromiso polo coidado do medio.

Este grande evento, iniciouse no 2007 en Sydney, Australia,pero foi medrando e uníronse a el, centos de milleiros de persoas en máis de 7.000 cidades e 163 países e territorios.

Cando e como será a Hora do Planeta 2015?

Apagaremos as luces entre as 20:30 e as 21:30 o próximo sábado 28 de marzo.

Pero sobre todo queremos chamar a atención sobre o feito de que apagar as luces e desconectar aparatos electrónicos que non sexan indispensables durante esa hora será tan só o comezo, pois a Hora do Planeta debe durar sempre.

Todos podemos facer moito polo noso planeta. Debemos empezar por cambiar os nosos hábitos a diario na casa, na biblioteca, no colexio ou a rúa. Reciclar, reducir o uso de electricidade, auga e combustibles, comprar produtos eco amigables, evitar o uso de plásticos, camiñar máis ou usar a bicicleta son unha boa forma de facelo pero existen moitas máis maneiras coas que podemos unirnos para axudar a mellorar o noso planeta.

LUZ, cámara e aCCIón I

Esta semana pasada foi ben intensa e chea de contidos para os rapaces e rapazas do noso Clube de Ciencia e Investigación. O  martes e o xoves tivemos as sesións preparatoria nas respectivas bibliotecas Infantil e Forum para poñer todo en marcha para a nosa primeira saída.

cci 008 DSC_0076

Navegamos pola páxina do MUNCYT pescudando todos os pequenos detalles:

  • Visita ao museo
  • Colección
  • Exposicións
  • Actividades
  • Investigación

Os CCIS entenderon que a misión do MUNCYT é a promoción do coñecemento e a cultura científica. Que o museo actúa como referente social e punto de encontro en materia científica e tecnolóxica desde a consideración de que cada cidadán ten un papel importante que desempeñar en ciencia e tecnoloxía. Así como que ten uns obxectivos principais moi claros:

  • Contribuír á educación científica efectiva e de calidade
  • Conservar e poñer en valor o patrimonio histórico científico e tecnolóxico
  • Ser escaparate da ciencia e a tecnoloxía españolas

Un traballo de investigación e pescuda de información que logo reflexaron nos seus blogs de traballo. A elaboración e publicación de post no Blog de traballo da biblioteca Infantil e no Blog de traballo da biblioteca Forum empeza xa a ser unha constante que os CCIS dominan bastante ben, de xeito case autónomo algo que nos marcabamos como obxectivo e que comeza a cumplirse.

 Despois do traballo de investigación chegou a tan ansiada visita. Guiados por un técnico divulgador descubrimos as  distintas propiedades da luz e as súas aplicacións tecnolóxicas mediante o manexo e fabricación de distintos aparellos e equipos lumínicos.

entroido 036 entroido 051

Coñecemos os simpáticos robots Pepexán e Marilú e as 13 xoias da colección do museo. Instrumentos dos séculos XVI a XIX. Soubemos da linterna da Torre de Hércules, o primeiro ordenador, o primeiro acelerador de partículas, a locomóvil. E especial ilusion fixo visitar a sala Iberia: A turbina, a á, as caixas negras e máis elementos do avión máis emblemático da aeronáutica, con visita á cabina do Jumbo Lope de Vega.

Rematamos a visita cun obradoiro de elaboracion de discos de Newton. Un dispositivo inventado por Isaac Newton, consistente nun círculo con sectores pintados en cores vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta. Ao virar rápidamente, as cores combínanse formando a cor branca. Con este dispositivo demóstrase que a luz branca está formada polos sete colores do arco da vella, e que a cor negra é a ausencia de todas as cores.

entroido 114Deixamosvos o enlace á nosa galería fotográfica en flickr para que vexades como foi o resto da sesión e a visita.

“Nikola Tesla: suyo es el futuro”

Exposicion-Nikola-Tesla-suyo-es-el-futuro_image365_Ese é o nome da exposición sobre o inventor americano de orixe serbio Nikola Tesla que está a punto de clausurarse en Madrid. Trátase da exposición máis grande celebrada nunca sobre a figura do inventor, e ofrece ao público, por primeira vez, obxectos persoais do científico que non saíran nunca da súa terra natal.

 Posto que o noso tema a tratar este ano é a Luz e as enerxías derivadas da Luz non podia faltar a presentación e coñecemento deste xenial e cando menos curioso personaxe. Nado o 10 de xullo de 1856 – Nova York, 7 de xaneiro de 1943, Tesla  foi un inventor, enxeñeiro mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial.

Coñéceselle, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX. As patentes de Tesla e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA) que tanto contribuíron ao nacemento da Segunda Revolución Industrial. Ademais do seu traballo en electromagnetismo e enxeñaría electromecánica, Tesla contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación.

 tesla40_17

Tesla consitúe sin dúbida unha figura fundamental da historia do progreso. Podemos afirmar que os seus descubrimentos, inventos, achegas e vaticinios permitiron o desenvolvemento da civilización eléctrica na que aínda vivimos. Non obstante, tras caer en desgraza nos albores do século XX, morreu e residiu no esquecemento ata os albores do noso século XXI. Resulta incomprensible, dada a enorme transcendencia do seu traballo, comparable á dos seus rivais Thomas A. Edison e Guglielmo Marconi, ambos os dous por certo afeccionados a osmar nas súas patentes.

Dende logo unha auténtica mágoa que a exposición sexa en Madrid, pero dende aquí si que vos recomendamos que botedes un ollo á páxina e descubrades máis curiosidades sobre Nikola Tesla.