Archivos Mensuales: abril 2015

El MUNCYT cumple tres años

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía MUNCYT cumpre tres anos.
E celébrano con todos nós dun xeito moi especial. Os días 2 e 3 de maio os primeiros visitantes recibirán un regalo por parte do museo e ademáis, podedes felicitalos facendo un selfie ou grabando un vídeo e subindoo á nube co hashtag #MUNCYTcumple3

11174966_10152832296067514_7195991471401080593_n

Os rapaces do CCI quedaron encantados coa visita guiada que nos fixeron hai uns meses e son os primeiros que vos convidan a pasar un día entre ciencia e tecnoloxía cos vosos amigos ou familia. Deixámosvos as fotos que alí fixemos para que vexades o ben que o pasamos

entroido-066

 

FELIZ ANIVERSARIO MUNCYT por moitos anos máis de ciencia e tecnoloxía!!!

Vamos a LUZir o noso traballo I: 10ª sesión do CCI

A semana pasada o Club de Ciencia e Investigación das bibliotecas municipais reuniuse de novo para facer acopio de todos os preparativos para o Día da Ciencia na Rúa (DCR) que se vai celebrar o próximo sábado 9 de maio no Parque de Santa Margarida.

experimentos binfantil

 O DCR é un día importante no que os rapaces e rapazas do CCI toman o protagonismo, son eles os que intentan transmitir e mostrar, a todo o público que se achegue, o coñecemento adquirido durante todo o ano nun ambiente de festa pero sobre todo de compañeirismo. Dende as bibliotecas intentamos inculcarlle aos rapaces e rapazas que forman parte do noso club, os valores e obxectivos que leva implícitos o Día da Ciencia na Rúa:

  • Sacar a ciencia á rúa. Presentar a ciencia que se fixo na biblioteca.
  • Popularizar o coñecemento científico. Achegar a ciencia á sociedade.
  • Desmitificar a ciencia. Presentala como un xogo, como algo sinxelo, doado de entender e ao alcance de calquera cun mínimo de     interese.
  • Dar protagonismo aos alumnos. Que por unha vez non sexa o bibliotecario o condutor do coñecemento, senón que o alumno se    sinta eixe e centro da actividade desenvolvida.

 Grupo-Naturalista-Hábitat-300x90Na pasada sesión fixemos repaso de todo o proceso experimental tanto do aprendido na sesión na que colaborou Ricardo do Grupo Hábitat así coma de experimentos que nos pareceron interesantes e traballamos nós mesmos, é o caso dun espectroscopio e un periscopio caseiros.

 Levamos á  práctica experiencias sinxelas nas que comprobamos o comportamento da luz e dos nosos sentidos en diferentes circunstancias con elementos da vida diaría porque eso é o que queremos mostrar o Día da Ciencia na Rúa.

 Dedicámonos a observar unha serie de principios básicos:

  • Reflexión e refracción da luz en diferentes medios (aire, auga, aceite, fume)
  • Efecto Tyndall: o fenómeno que axuda a determinar se unha mestura homoxénea é realmente unha disolución ou un sistema coloidal, coma suspensións ou emulsións, por medio da dispersión da luz.
  • Espectro da luz (visible e non visible)
  • Descomposición e recomposición da luz blanca
  • Ilusións ópticas

 Na galería fotográfica do flickr podedes ver unha mostra delo, pero para ver os resultados finais teredes que agardar ao 9 de maio no Día da Ciencia na Rúa.

Esperámosvos na jaima das Bibliotecas Municipais!!

Día de la Tierra 2015

Hoxe estamos de celebración, cada ano neste día celebramos o Día da Terra, pero… sabedes porque o celebramos?

Este día é un día celebrado en moitos países. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra. É un día para render homenaxe ao noso planeta e recoñecer á Terra como o noso fogar e a nosa nai, así como expresárono distintas culturas ao longo da historia, demostrando a interdependencia entre os seus ecosistemas e os seres vivos que a habitamos.

earth-day-2015-5638584300208128.3-hp

Como en todas as celebracións importantes Google crea un Doodle especial e este que vos ensinamos é o deste ano, a maiores crearon un divertido cuestionario para saber que animal somos. Facelo leva menos de dous minutos e é moi divertido, eu en concreto son un mamut lanudo :), e vós??

o

Cuestionario do Día da Terra, ¿QUE ANIMAL ERES?

Cuestionario Día de la Tierra

Como sabedes esta ano o CCI está adicado á Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz. E dende logo que a luz xoga un papel fundamental na nosa vida cotiá. Revolucionou a mediciña ou a maneira de fabricar productos e posibilitiou o desenvolvemento de internet.

Por todos estes avances a nosa Terra pode verse afectada senon a aproveitamos de maneira razonable. Debemos xerar un consumo moderado e responsabilizado, esencial para o futuro desenvolvemento da humanidade.

Entre os obxectivos máis importantes deste ano adicado á Luz están:

Aumentar a cooperación internacional, moi ligado ao que prentedía Gaylord Nelson cando instaurou o Día da Terra (crear unha conciencia común aos problemas da superpobación, a producción de contaminación, a conservación da biodiversidade…).

Promover a importancia da tecnoloxía de iluminación no desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida nos países en vías de desenvolvemento.

Por todo isto, debemos coidar a nosa Terra e todo o que nos ofrece, luz, auga, alimento…

Día do ADN no MUNCYT

Esta fin de semana (sábado 25 e domingo 26 de abril), o MUNCYT súmase á celebración mundial do Día do ADN (25 de abril) organizando, en colaboración coa Asociación Española de Xenética Humana, diversos obradoiros para ensinar todo o relacionado con esta molécula.

Cartel informativo da celebración do Día do ADN no MUNCYT da Coruña

Os visitantes poderán extraer o ADN dunha froita a partires de material caseiro e farán observacións de cromosomas ao microscopio. Ademáis, a través da reconstrucción dun crime ficticio, explicarase a identificación xenética e poderase participar na construcción dun ADN xigante.

Tes alma de xenetista? Curiosidade científica? Pois aproveita porque a entrada é libre ata completar aforo!

reLÚZete: 9ª sesión do CCI

cartel_2015-01-01Xa queda pouco, estamos coa conta atrás para o noso día grande o Día da Ciencia na Rúa (DCR) o próximo sábado 9 de maio. Os nervos xa afloran e queremos que todo saia perfecto, por eso cada sesión é importante e os CCIs traballan arreo elaborando contidos.

Seguro que sabedes que dende as Bibliotecas Municipais da Coruña, e por medio do noso Club de Ciencia e Investigación (CCI), achegamos sempre unha selección de libros que podedes atopar nas nosas bibliotecas e que teñen que ver coa temática tratada durante todo o ano nas sesións do CCI. Este ano non imos ser menos e ese día presentaremos a guía de lectura, pero haberá unha sorpresa, imaxinades cal?? Pois xa volo adiantamos agora: os CCIs tamén elaboraron a súa propia guia de lectura, si sí ledes ben, unha guía formada por material elaborado íntegramente polos rapaces e rapazas que formaron parte do Club de Ciencia e Investigación este ano.

 O que ides atopar na guía son reseñas de libros seleccionados por eles mesmos feitas do seu puño e letra e ilustradas con imaxes captadas coas súas cámaras e aparellos móbiles. Os CCIs o que pretenden con esta selección, ademáis de deixar boa constancia do traballo que realizaron durante todo o ano, é transmitirvos as mesmas ansias e entusiasmo coas que eles o fixeron e poidades así ampliar os vosos coñecementos sobre a Historia da LUZ. Na última sesión estiveron ultimando os detalles.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aproveitamos a ocasión para deixarvos noticia de varias actividades que vos son de interese e nas que vos animamos a participar:

O V Concurso de Relatos de Inspiración Científica, no que poderes amosar as vosas dotes literarias e como non, relacionalas coa ciencia. Tedes ata o 17 de maio para presentar as vosas propostas e podedes consultar todas as bases do concurso aquí!

Talleres sobre enerxía, electricidade e magnetismo mañá sábado 18 e o domingo 19 de abril no MUNCYT. Mediante xogos e outras actividades os participantes aprenderán divertíndose coa observación e produción de fenómenos eléctricos e magnéticos.

Como vedes hai centos de xeitos de aprender e desfrutar coa ciencia de xeito ameno e divertido e no noso Club de Ciencia damos boa conta delo!!! 😉

LUZ, cámara e aCCIón II

Hai dúas semanas tivemos unha semana do máis intensa. Quedamos coma todos os martes e xoves nas nosas respectivas bibliotecas para falar de faros na sesión Á LUZ do faro da que xa vos falamos no post anterior.
E unha vez tivemos todo falado sobre faros e fareiros nada mellor que visitar o emblema da nosa cidade, a Torre de Hércules.
Esta torre ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo que aínda hoxe en día cumple coa súa función primixenia: a de servir de sinal marítima e instrumento de navegación para as embarcacións. Ademáis é o terceiro faro máis alto de España. E como ben nos explicaron alí, o día 27 de xuño do ano 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

DSC_0069
Unha vez estivemos todos xuntos nas escaleiras imperiales. A nosa guía contounos que a estatua que alí está é o Retrato do rey Carlos III, o monarca o cal baixo o seu reinado se inciaron as obras de remodelación da Torre.

Despois destas primeiras informacións, estabamos listos para pasar ao interior e aquí foi onde a nosa guía comezou explicándonos todo o proceso de construcción da torre, dende as primeiras pedras da muralla que a protexían ata a cúpula e as diferentes etapas e remodelacións que sufriu.
Chamounos moito a atención que as diferentes persoas que a remodelaron deixaron a súas sinais para que se soupera onde arranxaron as partes que estaban deterioradas e así os seguintes coñeceran nunha primeira vista onde estaban o erros e poder retocalos se o necesitaban.

Menos mal que todos desaunamos ben e tiñamos forzas para subir os 234 escalóns que separa a base da torre da terraza onde está situado a lámpada do faro.
Xa na terraza puidemos contemplar as vistas da baía e facer unhas fotos, agora xa só nos quedaba baixar todos eses escalóns, algo que nos custou moito menos que subilos 🙂

la foto

Xa temos ganas de que chegue o noso gran día o Día da Ciencia na Rúa, para amosar a todos os que pasedes pola nosa jaima, as fotos das nosas saídas e os experimentos que fixemos nas nosas sesións. A cita é o día 9 de Maio no Parque de Santa Margarida