Archivos Mensuales: diciembre 2012

Cine en 3D na Domus

“O último arrecife” é unha película en 3D que convida a mergullarse nos iridiscentes arrecifes tropicais, para coñecer a beleza e relevancia de todos os seus habitantes. Son ecosistemas ameazados, ante os que se expón unha reflexión sobre o noso papel na súa protección e conservación.

Adoitamos pensar nos arrecifes como lugares exóticos e afastados con pouca ou ningunha conexión coa nosa vida cotiá. Nesta película preséntanse como cidades baixo o mar cheas de vida, cunha existencia paralela á nosa, distante pero indiscutiblemente conectada.

Os arrecifes son puntos quentes de biodiversidade, tan vitais para a vida na Terra como os bosques tropicais. Durante millóns de anos estiveron modelando nosas costas, formando illas e montañas. Os rexistros fósiles mostran que, nun pasado, puideron rexurdir tras un dos maiores episodios de extinción masiva de especies.

A película, que realiza paralelismos entre a vida no arrecife e nas cidades, foi gravada en diversas localizacións, desde as illas de Palau en Oceanía, a Bahamas, Nova York, Londres, Miami ou a Polinesia Francesa.

A partir do venres 21 de decembro proxectarase na Domus co seguinte horario:
Venres 21 de decembro ás 18 horas
Do 22 ao 31 de decembro, de luns a domingo, ás 12, 13, 17 e 18 horas
Do 2 ao 4 de xaneiro ás 12, 13 e 17 horas
A partir do 5 de xaneiro, de luns a venres ás 17 horas. Sábados, domingos e festivos, ás 12, 13, 17 e 18 horas.

Anuncios

Actividades de Nadal na Casa das Ciencias

A partir do 26 de decembro os nenos e nenas de entre 6 e 10 anos poderán participar no taller de actividades “Maxia, Péndulos e Ciencia das Sombras”, que pretende achegar a todos os públicos o fascinante mundo das sombras e os péndulos, e a súa importancia na ciencia, na arte e na maxia. O ilusionista Kiko Pastur prepara unha serie de xogos e efectos de maxia baseados nas sombras, nun espectáculo lúdico, didáctico e interactivo.

Celebraranse varias sesións os días 26, 27 e 29 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro, para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 844. O prezo da actividade é de 1 euro por participante, gratis para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e titulares de Tarxeta 20.

Ademais, o 28 de decembro terá lugar o concerto Sonata do Soño: Aquófono micronecta, con dúas sesións, ás 18.00 e 20.00 horas. Trátase dun concerto no que se exploran as enormes posibilidades do Aquófono, un instrumento artesanal con forma de escultura sonora. O seu funcionamento baséase en regular os impactos dunha serie de goteros médicos sobre unha superficie sensible, desde a cal se envían sinais a diversos instrumentos electrónicos onde se almacenan diferentes sons e escalas musicais.

Simultaneamente, sobre a cúpula do Planetario proxéctanse imaxes de paisaxes cósmicas, submarinas ou imaxinarias, así como detalles do propio Aquófono. O resultado é unha choiva musical hipnótica e relaxante, unha homenaxe aos estados flotantes, á fronteira entre a vixilia e a fantasía, ao momento especial no que cada espectador completa o silencio entre as pingas musicais só coa súa imaxinación.

Prezo de entrada ao concerto é de 4 euros por persoa.

Dinosaurios Park en Ferrol ata o 13 de Xaneiro

Dinosaurios park

Explora o Universo

Os Museos Científicos Coruñeses e a Fundación Barrié convocan un curso de formación para profesores de Educación Infantil e Primaria. Cunha duración de 10 horas, as actividades desenvolveranse durante a tarde do venres 18 de xaneiro na Casa das Ciencias, e ao longo do sábado 19 de xaneiro na sede da Fundación Barrié.

As sesións inclúen a realización de obradoiros prácticos, visitas ao planetario e unha observación astronómica en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Io.

Os profesores interesados en participar deben inscribirse enviando un correo electrónico á dirección unawe@casaciencias.org, indicando nome e apelidos, así como o centro escolar ao que pertencen.

A admisión no curso realizarase por orde de recepción dos correos que cheguen a partir do martes 11 de decembro.

O curso está enmarcado na I Xornada de Recursos Experimentais de Ciencia en Educación Infantil e Primaria “Os sábados en EU-UNAWE”.

O proxecto UNAWE – Explora o Universo naceu en 2005 para que os nenos de 4 a 10 anos de calquera país e condición teñan un primeiro contacto co cosmos a través de actividades, adiviñas, xogos, cancións e observacións.

Exploradomus Navideño

ExploraDomus é un obradoiro de actividades na Domus pensado para nenos e nenas de 6 a 10 anos. En Nadal celébrase unha edición especial na que a proposta é ver a película en 3D “O último arrecife” e realizar experiencias relacionadas co cinema en tres dimensións. Celebraranse sesións ás 11:45 e 16:45 horas os seguintes días: 26, 27, 28 e 31 de decembro, 2, 3 e 4 de xaneiro.

Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 840, en horario de 10 a 19 horas de luns a venres; sábados, domingos e festivos de 11 a 19 horas. O prazo de inscrición ábrese hoxe, 10 de decembro.

A tarifa é de 1 euro por participante, e gratis para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e titulares de Tarxeta 20.

Biotecnología para grupos escolares en la Domus

Ya podéis empezar a dar la vara a vuestro/a profe de ciencias para que os programe una visita extraescolar a la Domus. El plazo de inscripción para que participeis, con vuestra clase, en el  nuevo espacio de experimentación de la casa del hombre se abrió en estos días con el nombre del científico que hará los experimentos, tú.

Este «Laboratorio abierto» se inaugura con dos talleres sobre biotecnología, enmarcados dentro del proyecto Xplore Health y destinados a escolares de 14 a 18 años.

TALLER 1
¿Cómo se desarrollan los fármacos? 
Participa en la síntesis de una molécula que será parte de un nuevo fármaco que se está investigando para el Parkinson. Los lunes y viernes a las 10:30 y a las 15:00 horas. A partir del 3 de diciembre de 2012.

TALLER 2
La revolución biotecnológica 
Transfórmate en biotecnólogo, realiza una transformación bacteriana, y participa en la búsqueda de una diana para el tratamiento contra la aterosclerosis. Los martes y jueves a las 10:30 y a las 15:00 horas. A partir del 11 de enero de 2013.

TALLER 3
Investiga la vacuna de la malaria
Analiza y experimenta con diferentes candidatos a vacuna contra la malaria, para identificar cuál es el mejor de ellos. Los miércoles a las 10:30 y a las 15:00 horas. A partir del 6 de febrero de 2013.

MacRobot

MacGyver, ¿Como saldremos de esta?.

No te preocupes nena, tengo un chicle.

Damas e Cabaleiros, Ladies and Gentlemen; o futuro da robótica xa está aquí, desde Georgia e cun peso de varios centos de kilos, recibamos cun forte aplauso a… MacGyver. O único robot que ademáis de interactuar co home faino co entorno.

Pois si, rapaces, o que acabades de ler é certo. Este robot, como se do protagonista da serie dos 80 se tratáse, é quen de improvisar e resolver todo tipo de problemas complexos así como escapar de situacións perigosas cos obxectos cotiás que poida atopar ao seu redor: “Queremos comprender o proceso cognitivo básico que permite aos humanos tomar vantaxe a partires do uso de calquer obxecto que atopen e desenvolver un algoritmo que permita aos robots facer tarefas que no poderían facer se non tivesen as ferramentas axeitadas”.

Este monstruo da tecnoloxía contará, polo de agora, cun sistema de aprendizaxe para capturar datos, recoñecer obxectos e personas que sexan capaces de aumentar as súas capacidades funcionais. Nun futuro conseguirase que este tipo de robots desenvolvan labores tan complexas como as realizadas polo manitas do corte de pelo raro.

De aquí a C3PO e R2D2 non hai nada.

Star Wars aló vamos!!!