Archivo del sitio

Dinosaurios Park en Ferrol ata o 13 de Xaneiro

Dinosaurios park

O Tricetractor

Extra, Extra!!!!. Presentámosvos en primicia unha nova especie de dinosaurio achada hai escasas horas nas proximidades de Chumbotown, O Tricetractor; un antepasado do Tricera-tops (o dinosaurio comedor de Pizza) do que de momentos se descoñecen máis cousas das coñecidas. Segundo os estudos científicos e paleontolóxicos aos que foron sometidos os seus osos descubriuse que era motorífero (reprodución a través dun motor v8) e ferrivoro (baseaba a súa alimentación en ferro, alomenos para almorzar). Sabemos tamén que se movía con tracción as catro rodas, que o número de chasis da femia era diferente ao do macho e que estaban disponibles en catro cores diferentes.

Deixamosvos unha foto do achazgo do que seguiremos informando en próximos posts.

Somos paleontólogos!!!

Ola, somos os paleontólogos do CCI e estamos a investigar os dinosaurios extinguidos que foron pasando pola historia. Os paleontólogos adicámonos a buscar fósiles de dinosaurios, analizalos e facemos novos descubrimentos ou a lo menos o intentamos. Traballamos en laboratorios e buscamos os fósiles por todo o mundo.

Algúns dos dinosaurios que estudamos son:

Albertosaurus, Concavenator, Hungarosaurus, Iguanodon, Postosuchus, Velociraptor e Sauroposeidon