Archivos Mensuales: febrero 2014

Código ético

Quedan poucos días para que por fin poidamos sair a disfrutar de todo aquelo que levamos visto e escoitado no CCI sobre o naturismo, as aves, as súas contornas e moitas cousas máis. Se nas anteriores sesións aprendimos o que é ser un naturista, crear un caderno de campo e mesmo ata ir coñecendo algunhas das aves que hai ó noso arredor, agora tócalle o turno á fotografía.

Despois dun largo inverno temos xa gañas de sair ó campo, de que comece por fin a primavera e de poder fotografar todo aquilo que nos chame a atención ou queiramos estudar. A fotografía no campo pode darnos sorprendentes estampas de animais, vexetación e situacións, pero debemos ter en conta que a nosa actitude pode poñer en perigo ós animais o danar o entorno.

Para evitar que ocorra esto é moi importante seguir os consellos que os nosos compañeiros do Grupo Hábitat xa nos deron nas sesións anteriores: ser prudentes, utilizar o sentido común, respectar a natureza e intentar non modificar nada do que nos rodee. De paso, imos recordar os consellos da Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza (AEFONA), que no seu código ético do fotógrafo da natureza recolle as pautas e consellos para ter presente sempre que saiamos a fotografar ao campo.

RECORDA: O respecto pola natureza debe prevalecer sobre calquer actividade desenvolvida no entorno natural.

A primeira parexa de quebraosos nos Picos de Europa tras máis de medio século

quebraosos ou crebaosos (Gypaetus barbatus) é unha ave de rapina da famila Accipitridae. A envergadura das súas alas, que pode acadar 2,9 metros, fai del unha das aves voadoras meirandes.

Quebraoso_16_r

Hoxe queremos transmitir con vós unha boa nova da que seguro que tamén vos alegrades. Técnicos da Fundación para a Conservación do Quebraosos (FCQ) detectaron fai un par de semanas unha parexa de quebraosos nos Picos de Europa.

Trátase dunha femia “Deva”– cedida polo Governo de Aragón e liberada no 2010 no marco do Programa de recuperación do quebrantaosos nos Picos de Europa- e un exemplar adulto dispersante.

A noticia é de grande interese porque o quebraosos é unha das especies máis ameazadas de España, xunto co lince ibérico, a águia imperial, o buitre negro, o oso pardo, o urogalo ou o visón europeo. Estivo históricamente presente na maioría das zonas montañosas de Europa, Asia e África, aínda que durante o último século as súas poboacións sufriron unha regresión moi importante.

Ademáis a parexa amosa comportamentos que preceden ao proceso de reproducción. Ainda que Deva está actualmente no seu cuarto ano de vida e que é unha idade fisiolóxicamente temperá para iniciar a reproducción xa amosa actitudes territoriais defendendo a zona ante buitres e outras rapaces.

Esta especie levaba aló menos 60 anos desaparecida do Parque Nacional e o último niño coñecido data do 1956.

Segundo informou a Fundación, a parexa instalouse nunha zona de gran calidade de hábitat para a especie na vertente asturiana do Parque Nacional dos Picos de Europa o que é algo moi positivo.

Aquí vos deixamos unha reportaxe ben interesante da Recuperación do Quebraosos nos Picos de Europa, botadelle un ollo!

Charla na Biblioteca Municipal Ágora: Entendes a túa factura da luz?

Este xoves 27 de febreiro, dentro do Ciclo de Conferencias da Biblioteca Verde, terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a charla participativa «Entendes a túa factura da luz?: Alternativas na xestión enerxética«.

Da man de Daniel Espiñeira, veciño do Agra e de Labañou e representante en Galicia da cooperativa Som Energia, trataremos as características e estruturas do sector enerxético para comprender mellor a factura da luz, o que podemos facer para reducir o consumo de enerxía e as alternativas reais que existen ao actual modelo enerxético.

Ademais de analizar como funcionar o mercado eléctrico e as medidas para o aforro enerxético, Daniel presentará a experiencia de Som Energia, unha cooperativa que produce e comercializa enerxía verde e que ten como obxectivo reunir a milleiros de persoas co desexo de cambiar o modelo enerxético actual e de traballar para alcanzar un modelo 100% renovable.

Charla sobre alternativas na xestión enerxética

Lembrade que nas Bibliotecas Municipais da Coruña xa podedes atopar o recuncho BIBLIOTECA VERDE, un espazo para informarse, reflexionar e compartir. Neste rincón poderedes consultar e levar en préstamo materiais relacionados co desenvolvemento sostible.

E estade atentos ao calendario de charlas dentro do ciclo Biblioteca Verde!

Polo de pronto, agardámosvos o 27 de febreiro ás 19.00 na sala de adultos da Biblioteca Municipal Ágora.

Nova APP para coñecer as aves

logoSEOCCI´s e demáis amantes das aves e da natureza en xeral , estades de boa sorte xa que identificar unha ave ao escoitala, ou cando se lle ve fugazmente no campo, xa non será unha habilidade exclusiva dos ornitólogos. Nin sequera dos grandes afeccionados. Coñecer as aves do noso país, así como os lugares excepcionais para a súa observación, resulta agora moito máis doado grazas á nova aplicación para smartphones editada por SEO/BirdLife.
A aplicación informa sobre a vida, o comportamento, a distribución e o estado de conservación das 563 especies de aves que, de forma habitual ou ocasional, están presentes ou foron citadas no territorio español. Tamén describe rutas por 25 enclaves de grande importancia ornitolóxica. Os textos acompáñanse de numerosos recursos: cantos, vídeos, fotografías, ilustracións e mapas. Con este contido a obra convértese na máis completa guía especializada en ornitoloxía realizada ata agora para dispositivos móbiles en España.

 

Preparados para a aCCIón de campo

Unha semana máis os CCIs xuntámonos nas Bibliotecas Municipais, esta vez da man de Damián Romay, biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat, ó que acompañou o último día Atocha, outra bióloga do Grupo.

Con eles preparamos a próxima saída á contorna de Cecebre, na que xa de forma real teremos que poñer en práctica todo o descuberto e aprendido nas sesións anteriores.

Esquema del método científicoCon Damián puidemos saber en qué consiste o método científico, e porqué éste é tan importante para un naturalista. Decatámonos de que observar, preguntar, cuestionarse calquer cousa e anotalo todo é a base para comezar a crear un caderno de campo. Completando o comezado en sesións anteriores, analizamos un dos cadernos de Damián, con moitos anos de vivencias anotadas e analizadas, e mesmos doutros compañeiros que aínda que distintos, sempre tiñan en común a rigorosidade da descrición.

Pero, unha vez coñecido o proceso de «investigación» que utilizaremos, que máis precisa un naturalista nunha saída de campo? Facemos un repaso do que nos indicaron?

A roupa: imprescindible adaptala ao entorno no que nos moveremos, e xa sabemos que nesta época a choiva pódenos acompañar en calquer momento, así que calzado e roupa para non mollarnos.

Os aparellos: como se trata de descubrir, estudar e ver pero sen molestar ós paxaros e demáis seres vivos, botaremos man de todo aquilo que nos facilite a observación. O máis común entre os nosos CCIs eran os prismáticos e as cámaras  (que a maioría xa coñecía) pero tamén nos ensinaron as lupas e telescopios, moito menos utilizados no día a día.

Bibliografía: e como non o coñecemos todo, e precisamos de algo que nos indique qué estamos a ver cando saímos ó campo, Damián presentounos un montón de guías de aves e manuáis (como as que temos nas Bibliotecas) que nos axudarán a ir descubrindo pouco a pouco a plumaxe dos paxaros, os seus cantos, onde e cómo viven…

Aínda queda un pouquiño para poder xuntarnos de novo en Cecebre, así que por se nos entraban as ansias de pisar xa o campo, repasamos os entornos máis cercanos, ós que podemos ir mesmo a pé, dentro da Coruña, e observar a variedade de aves entre outras moitas cousas: parque de Santa Margarita, Eirís, San Pedro, Torre de Hércules, etc. Alguén nos quere contar qué descubriu nos seus paseos por estes sitios?

E por último, recordarvos que igual que os CCIs, nas Bibliotecas de Ágora, Forum Metropolitano e Infantil e Xuvenil podedes levar en préstamo un dos CCIlotes que temos preparados con documentos sobre todo isto.

Vémonos na seguinte, e antes, por aquí, no Flickr ou nas Bibliotecas, todas as veces que queirades!

Presentación do libro «Cuándo ver aves en Galicia»

O próximo venres 14 de febreiro ás 20.30 terá lugar a presentación da obra «Cuándo ver aves en Galicia: propuestas mes a mes para familias, aficionados y expertos«, no local do Grupo Naturalista Hábitat.

Esta guía práctica elaborada por Antonio Sandoval e Damián Romay, e editada por Tundra a finais de 2013, recolle un gran número de destinos e propostas de actividades para a observación de aves en Galicia en función da época do ano.

Cuando ver aves en Galicia

É o libro ideal para observadores de aves e amantes da natureza en xeral, así como tamén para educadores/as e axentes sociais e turísticos, que atoparán información moi útil para a organización de actividades e excursións relacionadas coas aves. Ademáis da proposta de actividades, a guía inclúe: unha ampla lista de recursos sobre aves e ornitoloxía galega, unha lista actualizada das aves de Galicia e unha lista de máis de 290 localidades citadas na obra coas súas coordenadas.

Se vos apetece descubrir máis detalles sobre a obra e os seus autores, non vos podedes perder a presentación que farán Antonio e Damián!!

O aforo é limitado, así que se estades interesados/as é preciso confirmar asistencia mediante un correo electrónico ao Grupo Naturalista Hábitat: gnhabitat@yahoo.es.

E lembrade que este libro e outros moitos sobre aves e natureza, podédelos atopar para levar en préstamo nos CCI-lotes das Bibliotecas Municipais da Coruña!!

Paxaros animados

Seguro que a todos vós vos gustan os debuxos animados e de seguro que coñecedes ao Pato Lucas, ao Correcamiños, ao Piolín e o inesquecible «Pájaro Loco», pero sabiades que todos eles son aves? Si si o correcamiños tamén. Así que tomade boa nota porque aí vos van datos ben curiosos que de seguro podedes anotar no voso recén estreado caderno de campo.

 «Pájaro Loco»

Nome común: Pájaro Carpintero Bellotero pajaro loco

Nome científico: Melanerpes formicivorus

Os paxaros carpinteiros son aves que miden entre 20 e 59 cm. A plumaxe da maioría das especies é predominantemente verde brillante, morado ou laranxa, ainda que moitos carpinteiriños amosan certa cantidade de amarelo e rosa.Aliméntanse de insectos, vermes e larva que poden atopar durante todo o ano, capturándoos baixo a corteza ou perforando o interior das árbores ou dos troncos caídos. Os invertebrados que constitúen a maior parte da súa dieta son termitas e  larvas de formiga.

 

 

 

 

PATO LUCAS

PatoLucas

Nombre común: Pato Salvaje

Nombre científico: Aix sponsa

É  un pato salvaxe. “Pato” é un nome común que se lle atribúe a certos tipos de aves que corresponde ás aves que migran nalgunhas temporadas do ano e habitan a maior parte do tempo na superficie ou en zonas preto da auga.O pato silvestre é abundanten América do norte, norte de América central, a maioría de Europa, Asia e América. O anidado lévase a cabo primeiramente na providencia de Canadá. Os patos silvestres pódense atopar probablemente en corpos de auga fresca, lagos, pantanos e ata en campos inundados.

 

PIOLÍN

piolinNome común:  Canario

Nome científico: Serinus Canarius-canario

Piolín é un pequeno canario amarelo de cabeza gorda e patas desproporcionadamente grandes ao que o gato Silvestre intenta atrapar para devoralo.O canario é o paxaro doméstico de maior popularidade en todo o mundo. Atopamolo en xaulas e paxarerias de todolos países do mundo, adaptándose, ainda que cos coidados pertinentes, a tódolos climas e latitudes.

 

 

 

CORRECAMIÑOS

correcaminos2Nome común: Correcamiños

Nome científico: Geococcyx californianus

 O correcamiños é unha enorme ave nativa do deserto de América do Norte. Aínda que é capaz de voar, o famosos veloz correcamiños prefire correr. Os correcamiños exténdense pola maior parte do sudoeste dos Estados Unidos e o deserto do Norte de México. No 1949, en Novo México adoptouse ao correcamiños como a súa nova ave oficial do estado.O corpo do correcamiños é negro con manchas brancas, e a súa cabeza luce unha cresta distintiva por enriba dun pico cómicamente grande. Arrastra unha longa cola, e pode correr tan rápico como 24,14 km por hora.

 

 Agardámosvos na seguinte sesión do CCI  Bip Bip

 

aCCIón de campo

A semana pasada tivemos a segunda sesión nas Bibliotecas Municipais Ágora,  Forum Metropolitano e Infantil e Xuvenil, baixo o nome «aCCIÓN DE CAMPO»
Nesta sesión os rapaces descubriron grazas aos libros, as tablets e a unha presentación de prezi o que é un caderno de campo, para que serve e quen o emprega.
Entre todos fixemos un pequeno recordatorio da primeira sesión deste ano, xa que houbo CCI´s novos que non puideran asistir á nosa primeira cita.
Lembramos as cualidades que ten que ter un investigador naturalista, como son:
– a paciencia,
– a memoria e
– unha boa observación facendo un xogo que moito lles gustou.
Poñendo a proba a súa capacidade observadora, fixemos unha serie de preguntas sobre nós mesmos nas que nos decatamos da importancia dos pequenos detalles… Neste xogo tiñan que fixarse no que levaban posto e como eran os seus compañeiros e despois facíamos preguntas sobre algún compañeiro e tiñan que acertar, con este xogo os rapaces descubriron a importancia dos pequenos detalles que só se conseguen apreciar cando un observa detidamente, algo moi necesario na observación de aves.
Nesta sesión fóronlles entregados os seus cadernos de campo e mesmo fixeron unha práctica para estar preparados para a seguinte sesión, na que contaremos coa presenza do Grupo Naturalista Hábitat.
Rematamos este encontro cada un co seu CCI- lote xa que o primeiro lote que levaron gustoulles moito e quixeron levar outro en préstamo.
Lembrade que tedes á vosa disposición o noso catálogo por se queredes ir descubrindo máis cousiñas sobre as aves e o naturalismo.