Archivo del sitio

Preparados para a aCCIón de campo

Unha semana máis os CCIs xuntámonos nas Bibliotecas Municipais, esta vez da man de Damián Romay, biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat, ó que acompañou o último día Atocha, outra bióloga do Grupo.

Con eles preparamos a próxima saída á contorna de Cecebre, na que xa de forma real teremos que poñer en práctica todo o descuberto e aprendido nas sesións anteriores.

Esquema del método científicoCon Damián puidemos saber en qué consiste o método científico, e porqué éste é tan importante para un naturalista. Decatámonos de que observar, preguntar, cuestionarse calquer cousa e anotalo todo é a base para comezar a crear un caderno de campo. Completando o comezado en sesións anteriores, analizamos un dos cadernos de Damián, con moitos anos de vivencias anotadas e analizadas, e mesmos doutros compañeiros que aínda que distintos, sempre tiñan en común a rigorosidade da descrición.

Pero, unha vez coñecido o proceso de “investigación” que utilizaremos, que máis precisa un naturalista nunha saída de campo? Facemos un repaso do que nos indicaron?

A roupa: imprescindible adaptala ao entorno no que nos moveremos, e xa sabemos que nesta época a choiva pódenos acompañar en calquer momento, así que calzado e roupa para non mollarnos.

Os aparellos: como se trata de descubrir, estudar e ver pero sen molestar ós paxaros e demáis seres vivos, botaremos man de todo aquilo que nos facilite a observación. O máis común entre os nosos CCIs eran os prismáticos e as cámaras  (que a maioría xa coñecía) pero tamén nos ensinaron as lupas e telescopios, moito menos utilizados no día a día.

Bibliografía: e como non o coñecemos todo, e precisamos de algo que nos indique qué estamos a ver cando saímos ó campo, Damián presentounos un montón de guías de aves e manuáis (como as que temos nas Bibliotecas) que nos axudarán a ir descubrindo pouco a pouco a plumaxe dos paxaros, os seus cantos, onde e cómo viven…

Aínda queda un pouquiño para poder xuntarnos de novo en Cecebre, así que por se nos entraban as ansias de pisar xa o campo, repasamos os entornos máis cercanos, ós que podemos ir mesmo a pé, dentro da Coruña, e observar a variedade de aves entre outras moitas cousas: parque de Santa Margarita, Eirís, San Pedro, Torre de Hércules, etc. Alguén nos quere contar qué descubriu nos seus paseos por estes sitios?

E por último, recordarvos que igual que os CCIs, nas Bibliotecas de Ágora, Forum Metropolitano e Infantil e Xuvenil podedes levar en préstamo un dos CCIlotes que temos preparados con documentos sobre todo isto.

Vémonos na seguinte, e antes, por aquí, no Flickr ou nas Bibliotecas, todas as veces que queirades!

Cadernos de campo.

CADERNO DE CAMPO 02Despois dun verán de expedicións, de visitas, de camiños verdes nos que os amigos carballos dábannos fresco para poder seguir a camiñar, non queda máis remedio CCIs que volver a rutina, volver ás clases, ao colexio, ao instituto, ás actividades varias…

Pero non pensedes que eso é malo, para nada, eso significa que estamos a piques de emprender o camiño do novo ano do CCI que vos levamos adiantando nos últimos posts. E xa que estamos, pensades que o título deste fai referencia a un caderno que vive no medio dunha fraga?CADERNO DE CAMPO 04

Un caderno de campo é unha ferramenta empregada por investigadorxs onde anotan as súas observacións, os seus progresos e descubrimentos durante as súas investigacións. E neste caso ven moi ben que aprendamos o que son xa que será tamén para nós unha útil ferramenta de traballo cando empecemos co CCI deste ano. Pero esa é unha historia que vos contarán xs compañeirxs de Hábitat.

Polo momento, ide afilando o s lápices e preparándovos para debuxar nos vosos cadernos o que vedes de natureza non só no campo, senón taméns ao voso carón, máis cerquiña do que credes…