Archivo del sitio
III Xornadas de Iniciación á Ornitoloxía
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) organizan, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, as III Xornadas de Iniciación á Ornitoloxía.
As xornadas, de carácter divulgativo e orientadas ao público en xeral interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía terán lugar o venres 30 e o sábado 31 de maio no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña). Farase especial fincapé nas aves mariñas da Comarca das Mariñas, que se atopa dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
O programa para o venres 30 de maio é o seguinte:
- 16.00 Código de boas prácticas do perfecto ornitólogo, da man de Sergio París Gómez – técnico ambiental na SGO.
- 16.30 Aproximación ao anelamento como ferramenta científica, da man de Alberto Monteagudo – biólogo na SGO.
- 17.30 Descanso
- 18.00 As aves nas Mariñas. Onde ver aves en:
– Oleiros e Sada, da man de Sergio París Gómez – SGO e Grupo Naturalista Hábitat
– Arteixo, da man de Xabi Varela – SGO e Grupo Naturalista Hábitat
– A Coruña, da man de Óscar Vázquez – SGO e Grupo Naturalista Hábitat
– A Ría de Betanzos, da man de Santi Vázquez – SGO e Grupo Naturalista Hábitat
Para o sábado 31 de maio está prevista unha saída polo encoro de Cecebre e unha sesión de anelamento do Programa Passer, da man do Grupo de Anelamento Píllara.
As prazas para as xornadas son limitadas e requírese previa inscrición. Ten un custo de 10 €.
Para máis información poñerse en contacto co CEIDA: correo electrónico formacion@ceida.org e teléfono 981 630 618.
Presentación do libro “Cuándo ver aves en Galicia”
O próximo venres 14 de febreiro ás 20.30 terá lugar a presentación da obra “Cuándo ver aves en Galicia: propuestas mes a mes para familias, aficionados y expertos“, no local do Grupo Naturalista Hábitat.
Esta guía práctica elaborada por Antonio Sandoval e Damián Romay, e editada por Tundra a finais de 2013, recolle un gran número de destinos e propostas de actividades para a observación de aves en Galicia en función da época do ano.
É o libro ideal para observadores de aves e amantes da natureza en xeral, así como tamén para educadores/as e axentes sociais e turísticos, que atoparán información moi útil para a organización de actividades e excursións relacionadas coas aves. Ademáis da proposta de actividades, a guía inclúe: unha ampla lista de recursos sobre aves e ornitoloxía galega, unha lista actualizada das aves de Galicia e unha lista de máis de 290 localidades citadas na obra coas súas coordenadas.
Se vos apetece descubrir máis detalles sobre a obra e os seus autores, non vos podedes perder a presentación que farán Antonio e Damián!!
O aforo é limitado, así que se estades interesados/as é preciso confirmar asistencia mediante un correo electrónico ao Grupo Naturalista Hábitat: gnhabitat@yahoo.es.
E lembrade que este libro e outros moitos sobre aves e natureza, podédelos atopar para levar en préstamo nos CCI-lotes das Bibliotecas Municipais da Coruña!!
II Xornada de iniciación á ornitoloxía
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) organizan, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, a II Xornada de Iniciación á Ornitoloxía.
A xornada, de carácter divulgativo e dirixida ao público interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, terá lugar o venres 13 e o sábado 14 de decembro no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña). Farase especial fincapé nas aves mariñas da Costa de Oleiros.
O programa para o 13 de decembro é o que segue a continuación:
- 16.00 h. As aves da ría do Burgo: observar, fotografiar, divertirse e pensar. Antonio Sandoval Rey
- 17.00 h. Introdución á observación de gaivotas. As gaivotas na contorna da cidade da Coruña. Xabier Varela Varela
- 18.00 h. Descanso
- 18.30 h. O mundo do birding. Cosme Damián Romai Cousido.
- 19.15 h. Coñecer e conservar. Cómo participar na defensa das nosas aves. Sergio París Gómez.
- 20.00 h. Presentación da obra ¿Para qué sirven las aves?, do escritor e comunicador ambiental Antonio Sandoval Rey
Para o sábado 14 de decembro o que está previsto segundo programa é unha saída ornitolóxica pola Ría do Burgo.
As prazas para as xornadas son limitadas e requírese previa inscrición. Ten un custo de 10 €.
Para máis información poñerse en contacto co CEIDA: correo electrónico formacion@ceida.org e teléfono 981 630 618.