Archivo del sitio

A primeira parexa de quebraosos nos Picos de Europa tras máis de medio século

quebraosos ou crebaosos (Gypaetus barbatus) é unha ave de rapina da famila Accipitridae. A envergadura das súas alas, que pode acadar 2,9 metros, fai del unha das aves voadoras meirandes.

Quebraoso_16_r

Hoxe queremos transmitir con vós unha boa nova da que seguro que tamén vos alegrades. Técnicos da Fundación para a Conservación do Quebraosos (FCQ) detectaron fai un par de semanas unha parexa de quebraosos nos Picos de Europa.

Trátase dunha femia “Deva”– cedida polo Governo de Aragón e liberada no 2010 no marco do Programa de recuperación do quebrantaosos nos Picos de Europa- e un exemplar adulto dispersante.

A noticia é de grande interese porque o quebraosos é unha das especies máis ameazadas de España, xunto co lince ibérico, a águia imperial, o buitre negro, o oso pardo, o urogalo ou o visón europeo. Estivo históricamente presente na maioría das zonas montañosas de Europa, Asia e África, aínda que durante o último século as súas poboacións sufriron unha regresión moi importante.

Ademáis a parexa amosa comportamentos que preceden ao proceso de reproducción. Ainda que Deva está actualmente no seu cuarto ano de vida e que é unha idade fisiolóxicamente temperá para iniciar a reproducción xa amosa actitudes territoriais defendendo a zona ante buitres e outras rapaces.

Esta especie levaba aló menos 60 anos desaparecida do Parque Nacional e o último niño coñecido data do 1956.

Segundo informou a Fundación, a parexa instalouse nunha zona de gran calidade de hábitat para a especie na vertente asturiana do Parque Nacional dos Picos de Europa o que é algo moi positivo.

Aquí vos deixamos unha reportaxe ben interesante da Recuperación do Quebraosos nos Picos de Europa, botadelle un ollo!

Anuncios