Archivo del sitio

Terranova

Del latín, “tierra nueva”; en inglés, Newfoundland; en francés, Terre-Neuve

Hoxe é o día no que nos enfrontaremos intelectualmente aos membros do CCI que máis saben sobre a auga, os axentes especiais de Terranova. Levan anos traballando para que saibamos cal é a verdadeira ruta da auga pola nosa cidade. Unha ruta perfectamente plasmada nun caderno co que poderemos seguir a pista do proceso de abastecemento desde que se recolle a auga en primeira instancia ata que chega as nosas casas. Un caderno que nos plantexa preguntas, dúbidas, suxestións… que deberemos solucionar co que xa sabemos e cos experimentos que nos plantexen. Un reto que fará que abastezamos de coñecemento esa “nova terra” intelectual que se abre ante os nosos ollos.

Comezamos coa ruta en tres, dous, un…

ruta agua terranova

Ruta da Auga Pola Biblioteca

Boas tardes CCI´s!!!

Hoxe imonos preparar concienzudamente para a próxima sesión. Nela, os axentes especias de Terranova visitarán as nosas biblios para presentarnos a Ruta da Auga da Nosa Cidade; por iso temos como cometido facer primeiro a “Ruta da Auga Pola Biblioteca”, na que descubrirremos os libros que nos permitirán estar á altura das circunstancias. Con eles, poderemos elaborar preguntas que serían quen de sacarlle as cores ao mesmísimo Einstein. Comezamos en tres, dous, un… Dalle.

prezi cci

Seguimos dando pistas…

… do tema que ocupará este ano CCI. Xa queda pouco para que colguemos no blog toda a información referente ao contido das sesións, días nos que nos podemos apuntar e calendario de cada unha das bibliotecas; pero antes temos que dicirvos que este ano teremos uns colaboradores de luxo que nos axudarán a entender o tema que nos ocupa coa “ruta da … pola nosa cidade”. Entrade na súa páxina web e investigade. Deixámosvos un video de Beakman para que vos fagades unha idea do nos queren amosar: