Archivo del sitio

O Bestifosiliario das Bibliotecas Infantil e Forum

En CCI sempre damos unha de cal e outra de xeso. Por iso  xa podedes ver, en imaxes, todo o que aconteceu na expedición Bestifosiliario realizada nas bibliotecas Infantil e Forum. Nesta viaxe os nosos aguerridos CCI´s descubriron un importante xacemento arqueolóxico con restos de fósiles que farían as delicias de calquer Paleontólogo.

Vémonos na próxima colegas, que nos vos de Malaspina asistir.

Expedición Bestifosiliario

O pasado venres os CCI´s do Ágora visitamos as antigas aulas e o museo do IES Salvador de Madariaga. Vimos animais disecados diversos, restos fósiles, fetos de diversas especies… incluso un frasco de Abono radioactivo! Alguén me pode explicar para que serve?

Houbo CCI´s moi valentes pero tamén houbo algún outro un pouco medoso! Menos mal que tiñamos linternas que senón…

Recordade que o próximo mércores en Ágora, o xoves no Fórum e o sábado na Infantil terá lugar a seguinte expedición do CCI: a expedición Bestifosiliario da era mecanozoica. Entendedes algo?

Só vos diremos que non esquezades algo moi importante: traer algún obxecto que non sexa moi grande (non vale traer a profe de mates) (nin a de Lingua!): un mando vello dunha consola, un gormiti co que xa non xoguedes, un teléfono móbil desfasado…

Vémonos, CCI´s!!