Archivo del sitio

A Ciencia na cidade non para!

Como non queremos que nos botedes de menos, e moito menos ás cousas relacionadas cas ciencias, aquí vos deixamos un lote de actividades que dende esta fin de semana podemos aproveitar na Coruña. Sen dúbida todas elas boas ideas para aproveitar, que os días se volven máis largos (as noites máis curtas) e que o tempo nos acompaña para disfrutalas!

Día Internacional dos Museos 2015 na Coruña

 

  • DÍA DOS MUSEOS. O luns 18 é o Día Internacional dos Museos, e os tres Museos Científicos Coruñeses @mc2coruna son gratuítos!!! Tedes todo a programación á vosa disposición.

  • Con motivo desta mesma celebración o MUNCYT invítanos a (re)descubrir os seus contidos cunhas visitas teatralizadas, da man de investigadores e innovadores españois do século XX, este sábado 16 de maio ás 20:00, 21:00 e 22:00h.

    É preciso reserva previa no 900 100 134.

Na axenda de maio do MUNCYT podedes consultar o resto de actividades que se desenvolverán.

  • Para aos que lles gusten as matemáticas, este ano a IX FEIRA MATEMÁTICA celébrase tamén o sábado 16 de maio no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11h. ata as 19h. e a súa temática estará centrada nos xogos.

IX Feira Matemática na Coruña

Unha xornada para disfrutar das matemáticas de forma divertida, lúdica e na que nenos e non tan nenos poderán desfacer os miolos para resolver diversos problemas matemáticos. Se vos gustan os retos este é  voso sitio!

  • No Museo de Arte Contemporánea (MACUF), tamén o sábado 16, de 17.30 a 22.00 h., a proposta céntrase na “Arte en termos de sostenibilidade“, un caderno de bitácora artística onde os visitantes poderán expresar o seu talento en papel reciclado, lapis ecolóxicos e outros materiais similares.
  • E non queremos perder a oportunidade de falar doutra proposta do MACUF, xa que temos a oportunidade de coñecer a obra de Jaime Serra, un dos máis recoñecidos xornalistas infográficos a nivel mundial, que ca mostra “Diez historias y un paisaje” presenta historias cotiás a partires da representación de datos subxectivos, pensamentos e emocións, unha provisión de información a través de imaxes, sexan estas fotografías, debuxos, diagramas, esquemas ou mapas. Todo un luxo para a nosa mente.
    Exposición de Jaime Serra no MACUF
    Exposición de Jaime Serra no MACUF
  • Pola súa banda, o CEIDA celebra os días luns 18 e martes 19 de maio as xornadas Congreso Mundial de Parques: a promesa de Sydney e os retos para as áreas protexidas en España, na que presentará as cuestións máis relevantes presentadas no Congreso Mundial “Os Parques, a Xente e o Planeta: Inspirando Solucións”. Para asistir só tedes que inscribirvos mediante formulario.

CEIDA - Centro de Divulgación Ambiental de Galicia

As xornadas inclúen unha visita a diferentes espazos naturais e culturais dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A visita terá lugar o 17 de maio.

Cartaz do Día das Letras Galegas nas bibliotecas Municipais da Coruña

Recordade, estas tan só son algunhas das propostas para estes próximos días, pero nas Bibliotecas Municipais da Coruña tamén celebraremos o Día das Letras Galegas, porque a nosa lingua o merece máis ca nunca.

E como sabemos que a vós tamén vos apetece celebralo, mostrámosvos varios dos camiños para facelo:

– A través do Twitter, co hastag @m8mepresta. Para completalo escolle a túa mensaxe, posa no Photocall que hoxe estará na Biblioteca Ágora todo o día e compárteo!

– Engadindo as vosas obras preferidas en galego, ás xa seleccionadas polas Bibliotecas, na wiki que ano tras ano vaise nutrindo do mellor da nosa literatura.

Cartaz dos mellores da nosa lingua

Anuncios

A Ciencia está de moda

Imaxe xenérica que ilustra a CienciaQue a Ciencia está de moda é algo que algunhas persoas xa viñamos ulindo dende fai tempo. Segundo o seu sentido máis amplo, a Ciencia é calquera coñecemento organizado, e dende o CCI queremos facervos partícipes das moitas e variadas actividades e experiencias que xiran arredor das ciencias na Coruña.

Escollede qué vos atrae máis á hora de coñecer o mundo que nos rodea, que vos interesa descubrir, e deixade que a curiosidade vos leve!

NA CORUÑA

As estrelas e Galileo. Comezamos ca máis inmediata e gratuíta, hoxe venres 13 de marzo, no Salón de actos do Centro da UNED da Coruña (Pza. da Tolerancia).

Esta actividade consta de dúas partes:

1. 19:45-20:45 h. Conferencia de Borja González Tosar: “La Charla que le gustaría que le dieran a Galileo”, sobre os avances da Ciencia dende a época de Galileo ata a actualidade e a súa relación ca Astronomía.

2. 21:00 h. Observación astronómica guiada, na que se observarán as estrelas e o ceo do mes de marzo, mes da primavera. A observación farase na Praza da Tolerancia.

 

Logo dos Museos Científicos CoruñesesQueremos destacar tamén os Museos Científicos Coruñeses, cos que compartimos a filosofía de que “Sen ciencia non hay cultura”, e propoñervos algunha das súas actividades (na súa Axenda podedes ver tódalas actividades que ofertan):

  • No Planetario dixital da Casa das Ciencias pódese explorar o Sistema solar español tódolos sábados, domingos e festivos ás 13:00 e ás 18:00 h. É un programa que fai unha viaxe pola atmósfera de Venus, os tubos volcánicos de Marte e algúns cometas e asteroides do Sistema Solar.
  • A mostra El cielo paso a paso da Casa das Ciencias é unha exposición de seis time-lapses sobre diversos fenómenos relacionados co firmamento, dende os movementos das estrelas, planetas e satélites ata o paso das nubes ou a subida e baixa das mareas, obtidas polos astrofotógrafos Oscar Blanco, Alfredo Madrigal, Angel R. Arós e Pablo Canedo.
Imaxe da Mostra El cielo paso a paso na Casa das Ciencias

Mostra El cielo paso a paso na Casa das Ciencias

  • Xogo de neuronas é a exposición que a Domus destina á intelixencia humana, na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro a través de 13 módulos interactivos, que percorren cada unha das 8 intelixencias descritas polo sicólogo Howard Gardner, premio Príncipe de Asturias no 2011.
Imaxe do Xogo de neuronas na Domus da Coruña

Xogo de neuronas na Domus

  • Zona-i do Aquarium Finisterráne. O Aquarium conta cun espacio de reflexión sobre a información científica, a Zona-i, na que se invita a interpretar, imaxinar e mesmo adentrarse no desconocido a través de xogos, algo que sempre cremos que é moi necesario para que o noso cerebro non se aletargue.
  • No Museo de Arte Contemporáneo atopamos Y la luz se hizo (Et facta est lux), unha exposición de varios artistas na que a luz, os seus efectos e todo o xogo de texturas e formas que esta produce son os seus protagonistas.
Peza de Duvier del Dago na exposición Y la luz se hizo

Peza de Duvier del Dago na exposición Y la luz se hizo

 

E con todo isto, a poñer de moda a Ciencia!!!

A ciencia desatada na Domus.

Estamos de noraboa, CCIs de máis idade! Ata o mes de xullo de 2014 os 9 membros de KiiCS (Knowledge Incubation in Innovation and Creation for Science), especialistas nas áreas de ciencias, artes e plataformas multidisciplinares, e outros 9 museos de ciencia de toda Europa distribuiranse en 6 grupos para proporcionar aos mozos a oportunidade de desenvolver ideas creativas e aprender acerca da aplicación de solucións científico artísticas en diversos campos: o desenvolvemento urbanístico (Grupos Urbanauts e Sexa Cities), o cerebro (Grupo Brain),  a moda sustentable (Grupo Fashionable), as conexións sociais (Grupo B-Linked) e o “faino ti mesmo” de ciencias da vida (Grupo Bio KiiCS).

Qué significa todo esto? Pois que na Domus da Coruña podedes disfrutar de diferentes cursos relacionados con areas ben diversas da ciencia dende o 25 de Outubro ata o 3 de Xaneiro!  Xa vos podedes dar prisa e inscribiros, que son de balde!

Aquí podedes ler toda a información.

logoKiiCS