Archivo del sitio

A Ciencia na cidade non para!

Como non queremos que nos botedes de menos, e moito menos ás cousas relacionadas cas ciencias, aquí vos deixamos un lote de actividades que dende esta fin de semana podemos aproveitar na Coruña. Sen dúbida todas elas boas ideas para aproveitar, que os días se volven máis largos (as noites máis curtas) e que o tempo nos acompaña para disfrutalas!

Día Internacional dos Museos 2015 na Coruña

 

  • DÍA DOS MUSEOS. O luns 18 é o Día Internacional dos Museos, e os tres Museos Científicos Coruñeses @mc2coruna son gratuítos!!! Tedes todo a programación á vosa disposición.

  • Con motivo desta mesma celebración o MUNCYT invítanos a (re)descubrir os seus contidos cunhas visitas teatralizadas, da man de investigadores e innovadores españois do século XX, este sábado 16 de maio ás 20:00, 21:00 e 22:00h.

    É preciso reserva previa no 900 100 134.

Na axenda de maio do MUNCYT podedes consultar o resto de actividades que se desenvolverán.

  • Para aos que lles gusten as matemáticas, este ano a IX FEIRA MATEMÁTICA celébrase tamén o sábado 16 de maio no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11h. ata as 19h. e a súa temática estará centrada nos xogos.

IX Feira Matemática na Coruña

Unha xornada para disfrutar das matemáticas de forma divertida, lúdica e na que nenos e non tan nenos poderán desfacer os miolos para resolver diversos problemas matemáticos. Se vos gustan os retos este é  voso sitio!

  • No Museo de Arte Contemporánea (MACUF), tamén o sábado 16, de 17.30 a 22.00 h., a proposta céntrase na “Arte en termos de sostenibilidade“, un caderno de bitácora artística onde os visitantes poderán expresar o seu talento en papel reciclado, lapis ecolóxicos e outros materiais similares.
  • E non queremos perder a oportunidade de falar doutra proposta do MACUF, xa que temos a oportunidade de coñecer a obra de Jaime Serra, un dos máis recoñecidos xornalistas infográficos a nivel mundial, que ca mostra “Diez historias y un paisaje” presenta historias cotiás a partires da representación de datos subxectivos, pensamentos e emocións, unha provisión de información a través de imaxes, sexan estas fotografías, debuxos, diagramas, esquemas ou mapas. Todo un luxo para a nosa mente.
    Exposición de Jaime Serra no MACUF
    Exposición de Jaime Serra no MACUF
  • Pola súa banda, o CEIDA celebra os días luns 18 e martes 19 de maio as xornadas Congreso Mundial de Parques: a promesa de Sydney e os retos para as áreas protexidas en España, na que presentará as cuestións máis relevantes presentadas no Congreso Mundial “Os Parques, a Xente e o Planeta: Inspirando Solucións”. Para asistir só tedes que inscribirvos mediante formulario.

CEIDA - Centro de Divulgación Ambiental de Galicia

As xornadas inclúen unha visita a diferentes espazos naturais e culturais dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A visita terá lugar o 17 de maio.

Cartaz do Día das Letras Galegas nas bibliotecas Municipais da Coruña

Recordade, estas tan só son algunhas das propostas para estes próximos días, pero nas Bibliotecas Municipais da Coruña tamén celebraremos o Día das Letras Galegas, porque a nosa lingua o merece máis ca nunca.

E como sabemos que a vós tamén vos apetece celebralo, mostrámosvos varios dos camiños para facelo:

– A través do Twitter, co hastag @m8mepresta. Para completalo escolle a túa mensaxe, posa no Photocall que hoxe estará na Biblioteca Ágora todo o día e compárteo!

– Engadindo as vosas obras preferidas en galego, ás xa seleccionadas polas Bibliotecas, na wiki que ano tras ano vaise nutrindo do mellor da nosa literatura.

Cartaz dos mellores da nosa lingua

Día do ADN no MUNCYT

Esta fin de semana (sábado 25 e domingo 26 de abril), o MUNCYT súmase á celebración mundial do Día do ADN (25 de abril) organizando, en colaboración coa Asociación Española de Xenética Humana, diversos obradoiros para ensinar todo o relacionado con esta molécula.

Cartel informativo da celebración do Día do ADN no MUNCYT da Coruña

Os visitantes poderán extraer o ADN dunha froita a partires de material caseiro e farán observacións de cromosomas ao microscopio. Ademáis, a través da reconstrucción dun crime ficticio, explicarase a identificación xenética e poderase participar na construcción dun ADN xigante.

Tes alma de xenetista? Curiosidade científica? Pois aproveita porque a entrada é libre ata completar aforo!

Semana Santa nos Museos Científicos da Coruña

Aviso a navegantes do CCI con ganas de aproveitar a Semana Santa.

mc2

O tres Museos Científicos Coruñeses estarán abertos tódolos días durante toda a Semana Santa (do 23 ao 31 de marzo) cun horario especial. A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren as súas portas ós ollos curiosos e inquedos con distintas experiencias:

Na DOMUS atoparedes a exposición interactiva “Xogo de neuronas”, sobre a intelixencia humana, na que se exploran diversos aspectos da anatomía e funcionamento do cerebro. Propón actividades que pon en práctica as diferentes habilidades das persoas, como tentar reproducir nun teclado unha melodía, clasificar uns seres extraterrestres, realizar un debuxo seguindo instrucións verbais, ou probar os reflexos e a axilidade nun panel con pulsadores a diferentes alturas que hai que tocar cando se acenden.

Como complemento, cada día a Domus ofrece 4 sesións de Cine 3D.

Na CASA DAS CIENCIAS acábase tamén de estrear o programa de planetario “Enerxía para a vida”, no que se aborda a importancia das enerxías renovables, pero tamén fala dos combustibles fósiles e da enerxía nuclear. As espectaculares animacións a toda cúpula permiten ao público voar sobre os rañaceos de Manhattan, introducirse no interior da cheminea dunha central térmica, viaxar aos confíns da nosa galaxia ou penetrarse nas tripas dun aeroxerador.

Cada día ofrece 4 sesións de Planetario dixital.

No AQUARIUM FINISTERRAE, como xa vos comentamos, temos a recente incorporación de lampreas ao tanque cilíndrico, na sala Maremagnum. Cara a mediados desta semana Santa as lampreas recibirán a compañía dunha pequena poboación de esturións.

O Aquarium inclúe ademais nas súas actividades diarias a alimentación das focas, que comen todos os días ás 11.30 e 17 horas, momento no que se convoca ao público e ofréceselle unha charla divulgativa sobre estes animais; tamén, luns, mércores e venres, ás 12 da mañá, pódese ver como se lles dá para comer ás quenllas da piscina do Nautilus.

E con todo isto, e todo o que se vos ocorra, moi bos días de minivacacións!

Á volta contádenos todo o que fixestes!