Archivo del sitio

Goodbye Neil

“Un pequeno paso para o home, un grande paso para a humanidade”

O astronauta Neil Armstrong, a primeira persoa que pisou a lúa, finou este sábado. O 16 de Xullo de 1969 comezaría a súa grande aventura cando a nave Apolo 11, da que era comandante, iniciou a súa viaxe cara o descoñecido; a súa viaxe cara a lúa. Tres persoas foron as afortunadas en emprender a primeira misión pilotada á lúa; Neil Armstrong, “Buzz” Aldrin e Michael Collins que lograron aterrar nela o 21 de Xullo. Despois de máis de dúas horas recollendo mostras, facendo experimentos e tomando fotografías emprenderon a volta ao noso planeta aterrando no Océano Pacífico o 24 dese mesmo mes.

Chegaba, deste xeito, o culme da denominda Carreira espacial, que evidenciaba a competencia entre os dous países que ostentaban o título de grandes potencias mundiais naquel entonces (EEUU e a URSS). Esta “Carreira” por explorar o espacio exterior, por dominar o mundo, perdorou uns cantos anos máis (ata 1975). Ben é sabido por todos vos que moralmente falando  non estamos de acordo con esta “guerra” nin con nigunha outra; pero pensando científicamente, hai que dicir que gracias a ela algúns de nós soñamos con conquistar as estrelas e como Yuri Gagarin; ser a primeira persoa en ver o espacio cos nosos propios ollos.