Noraboa CCIs!
Benvida e noraboa ós primeiros CCIs do ano!
Despois de ler as vosas preguntas só me queda dicirvos que o listón deste ano comeza alto! Nótase que tedes curiosidade e ganas de investigar, e iso é o que buscamos no CCI e nas Bibliotecas!
Aproveito para presentarvos o «Punto científico» que promove a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) na Domus este venres 22 de febreiro; dirixido ao público xeral, de balde até completar aforo.
Alí poderedes atopar, entre outras cousas, dende as 16.30:
– Cinema 3D
– Sesión de charlas, vídeos, música e teatro de ciencia para toda a familia.
Espero que vos sirva de complemento ó CCI, o disfrutes en familia e, sobre todo, sobre todo, chegue ás vosas neuronas espertas!!!
Publicado el 20 febrero, 2013 en CCI, Novas y etiquetado en actividades, cci, ciencia, cine, cinema, domus. Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.
Deja un comentario
Comments 0