Archivo del Autor: manadaprimitiva

Fotografando…

Disque no CCI este ano vamos facer fotos a moito paxaro, disque imos facernos case fotógrafxs especialistas en natureza a base de biodiversidade aérea e terráquea, de flora e de fauna, de aprender a ver onde habitualmente miramos, e grazas á xente do Grupo Hábitat.

Pois ben, dentro da multitude de información que na rede podemos atopar sobre fotografía naturalista, sempre compre botar un ollo ao que temos cerca, á nosa propia contorna e así desfrutar do que temos ao alcance da man. Habituadxs como estamos a ver fotos de zonas lonxanas e fauna exótica, perdemos o fío do que temos ao noso carón, así que de cara ao que veremos este ano no CCI visitando zonas da Coruña desas que non sabemos que gardan tesouros agochados á vista non entrenada, podemos ir facendo un visionado da cantidade, da variedad e da multitude de aves que podemos atopar na contorna da nosa cidade.

Queredes saber de qué falo? Pois entrade no blog Fotografiando aves en Arteixoe desfrutade igual que fixen eu con eses seres que sobrevoan as nosas cabezas sin que moitas veces sexamos quen de erguela, mirar cara o ceo e observar, ou deses que viven entre lamas costeiras que tanto noxo dan para a estética dunha localidade e que son paraísos para diferentes especies.

BUSARDO DE HARRISLembrade que non só é ver o invisible, senón ver a falta que fai aprender a valorar en outros termos o que nos rodea, porque non todo é o “bonito” das cidades, senón a calidade de vida que nos aporta a biodiversidade, o respecto ao ciclo vital dos animais, o respecto a nós mesmxs.

 Abride os ollos CCIs!

Anuncios

Guapxs a conciencia

 Xa sabedes que estamos quecendo motores para dar comezo ao CCI 2014, pero antes xusto de comezar queriamos lembrarvos unha nova de hai case un ano, unha nova que afecta tamén a todxs xs paxaros que imos aprender a identificar e que imos avistar nas nosas saídas deste ano.

Sónavos a palabra vivisección? Pois ben, o 11 de marzo do 2013 deuse un grande paso na defensa dos dereitos animales ao ser prohibida para a proba de productos cosméticos así como a súa venda en Europa. Qué significa esto? Símbolo de producto non experimentado en animais

  1. Por unha parte que millóns de animales que eran criados en laboratorios e destinados á experimentación, van deixar de ser utilizados con probas realmente crueis para probar toxicidades, alerxias, lesións, etc.
  1. Que esas colonias, xeles de ducha, champús, pastas de dentes e demais productos cosméticos que usamos na nosa vida diaria, deixarían de estar probados en animales co que non teriamos que buscar a marca co simboliño de producto non testado en animales. 

En definitiva, que xa podemos estar guapxs todxs a conciencia e con conciencia. Agora só queda esperar que se prohiba en todas partes.

Parabéns con antelación a todxs xs animais de laboratorio!

Animal testing ban

Cartaz do 11 de Marzo de 2013.

A natureza ante a lente

 

Xa sabedes que a natureza vive no momento, vive do momento, e no intre menos pensado ofrece as mellores visións que calquera se pcan descansandoode imaxinar.

Igual que o can que descansa sobre un monte enchido de uces, sosegado, tranquilo;  ou o bafo do lobo nun frío mencer, si, deses que tiñamos tantos nos nosos montes e agora escasean polos intereses humanos…

BAFO LOBOSexa como for, as imaxes que a natureza nos regala non son para perdelas, e merecen ter os ollos ben abertos para captalas, senón cunha cámara, co desfrute dos nosos ollos. E se vos gustan estas dúas, estades tardando en ver unha serie de fotos que vos vai deixar apampados aquí!Se nunca vichedes momentos máxicos coma este, tranquilxs, este ano faremos por observar a natureza e poder así capturar imaxes de animais seguro tan impresionantes como estas.

Letras naturalistas

 Porque non só de ciencia vive a persoa, o naturalismo, que tanto resoa por aquí neste período pre-CCI 2014, empápase de un montón de connotacións humanistas, filosóficas, literarias…Se non lembro mal, todo esto do CCI era unha proposta que vinculaba a biblioteca como espazo coa ciencia como grande materia, e este ano específicamente co naturalismo, non é?! Logo pois, aproveito para recomendarvos algún deses nomes que fan apoloxía da ciencia, da natureza, do coñecemento natural de primeira man, chamadxs naturalistas por crer no vínculo que entre o ser humán como habitante e a natureza como nai eterna, se pode e debe crear.

Replica_of_Thoreau's_cabin_near_Walden_Pond_and_his_statue

Henry David Thoreau foi un escritor norteamericano curioso, por decilo así, axitador político, defensor das liberdades nun tempo en que escaseaban as máis esenciales, naturalista convencido, e namorado das paisaxes que o viron crecer. Se tedes oportunidade e queredes disfrutar do que se deu en chamar trascendentalismo na literatura norteamericana, non deixedes de ler Walden, unha viaxe interna de crecemento no medio dos bosques de Massachusetts.WALDEN PORTADA

E se vos gusta, bulide fora da cidade e desfrutade da vida na fraga, no monte, pero lonxe do ruído da civilización.

A ciencia desatada na Domus.

Estamos de noraboa, CCIs de máis idade! Ata o mes de xullo de 2014 os 9 membros de KiiCS (Knowledge Incubation in Innovation and Creation for Science), especialistas nas áreas de ciencias, artes e plataformas multidisciplinares, e outros 9 museos de ciencia de toda Europa distribuiranse en 6 grupos para proporcionar aos mozos a oportunidade de desenvolver ideas creativas e aprender acerca da aplicación de solucións científico artísticas en diversos campos: o desenvolvemento urbanístico (Grupos Urbanauts e Sexa Cities), o cerebro (Grupo Brain),  a moda sustentable (Grupo Fashionable), as conexións sociais (Grupo B-Linked) e o “faino ti mesmo” de ciencias da vida (Grupo Bio KiiCS).

Qué significa todo esto? Pois que na Domus da Coruña podedes disfrutar de diferentes cursos relacionados con areas ben diversas da ciencia dende o 25 de Outubro ata o 3 de Xaneiro!  Xa vos podedes dar prisa e inscribiros, que son de balde!

Aquí podedes ler toda a información.

logoKiiCS

Fotografías polo territorio

Xa vedes que as asociacións preocupadas pola natureza non deixan de facer actividades que poidan ser de interese para todxs aquelxs que gosten de temas naturalistas. Neste caso a xente da Asociación Ecoloxista Adega convoca un concurso fotográfico do que seguro que podedes decir moito… Esta é a información que na súa páxina de Facebook teñen:

Participa no III Concurso “Fotografías polo territorio” de ADEGA. O prazo para presentar as túas fotos remata o 1 de novembro.As fotografías deberán ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao n…oso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info.

Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos. O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de novembro do 2013.

Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 200 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 150 euros. 

 
 
CONCURSO FOTOGRAFÍA ADEGA 2013

Xa sabedes, cámara en man e a participar!

O laio dos xigantes

Parece que o vento da terra pódese ouvir laiar no Monte Pindo, fogar dos xigantes que custodiaban un dos montes máis preciosos da costa galega.

1280px-Xigante_do_Monte_Pindo
Todo o espíritu naturalista do que falamos estes meses pode axudarvos a entender a pena que debe afogar a cada xigante de pedra que vivía nas faldras dun monte que antes fervía en vida e auga. Mentras escribo este pequeno post, o Monte Pindo arde en lume descontrolado e de nada servirán a partir de agora os nosos cadernos de campo, as nosas observacións, os nosos debuxos, porque no Pindo só quedarán cinzas.

Monte Pindo ardendo

E posiblemente o rumor do laio dos xigantes…

Cadernos de campo.

CADERNO DE CAMPO 02Despois dun verán de expedicións, de visitas, de camiños verdes nos que os amigos carballos dábannos fresco para poder seguir a camiñar, non queda máis remedio CCIs que volver a rutina, volver ás clases, ao colexio, ao instituto, ás actividades varias…

Pero non pensedes que eso é malo, para nada, eso significa que estamos a piques de emprender o camiño do novo ano do CCI que vos levamos adiantando nos últimos posts. E xa que estamos, pensades que o título deste fai referencia a un caderno que vive no medio dunha fraga?CADERNO DE CAMPO 04

Un caderno de campo é unha ferramenta empregada por investigadorxs onde anotan as súas observacións, os seus progresos e descubrimentos durante as súas investigacións. E neste caso ven moi ben que aprendamos o que son xa que será tamén para nós unha útil ferramenta de traballo cando empecemos co CCI deste ano. Pero esa é unha historia que vos contarán xs compañeirxs de Hábitat.

Polo momento, ide afilando o s lápices e preparándovos para debuxar nos vosos cadernos o que vedes de natureza non só no campo, senón taméns ao voso carón, máis cerquiña do que credes…

 

 

No rumor da fraga.

Abre os ollos como o moucho e deixa de pensar nas musarañas, pecha o teu PC xa e marcha á montaña, a unha fraga, ao rincón máis escondido da costa onde parece que ninguén te ve. Xa que pronto voltaremos aos ritmos do curso escolar, nada mellor que aproveitar estes días para estar na compañía de todxs xs compañeirxs que ninguén ve, da morea de especies que nos nosos montes hai a pesar do pesadelo dos incendios, da mirada curiosa do cárabo mentras paseamos por unha fraga…

CÁRABO
Se queredes que vos sexa sincero, botade un ollo a este catálogo de especies que podedes atopar sin salir de Galicia e deixade de mirar para o blog do CCI, un/ha naturalista non se fai só mirando para a pantalla dun ordenador!

Natural.mente

Xa vedes CCIs que non paramos de andar por ahí nas nosas expedicións veraniegas. E mentras desfrutamos do natural, vamos pasando paisaxes diversos, no monte e na costa, que nos gustan por seren explosións de vida.

Pero xa sabedes que o noso afán naturalista, o de contemplar a natureza, o de saber qué hai tras cada rocha e pola, baixo os nosos pes, moitas veces confúndese con unha palabra similar na forma, mais totalmente diferente no contido. O naturismo….

ZONA RECOMENDADA NATURISTA blog

E pensaredes, pero pódese ser naturalista e naturista á vez? Pódese, natural.mente CCIs. E para tal, unha suxerencia nestes días que nos quedan de calor, unha visita naturista a un espazo naturalista: a praia de Barra, en Cangas de Morrazo. Un lugar precioso na península do Morrazo no sur da Galiza, no que poder desfrotar da natureza totalmente espido, no fresquiño do seu piñeiral ou refrescarse cun baño nas augas limpas da praia, ou pasear tranquilamente quentiñx ao sol.

BARRA 1 blog

Así que xa sabedes CCIs, aproveitade o que queda de vacacións para practicar o naturalismo de praia en forma naturista, natural.mente!