Archivo del sitio

Visita a Punta Langosteira

Moi boas CCI´s!!!!

Como xa sabedes polas mensaxes e as chamadas que fixemos ao longo da semana, hoxe é o día no que visitaremos, o que nun futuro será, o Porto Exterior de A Coruña. Un proxecto de Novas Instalacións Portuarias que se erixe como unha das más importantes obras en execución debido ao seu nivel de complexidade e de incidencia para a Comunidade Autónoma Galega.

Un proxecto, cofinanciado con Fondos de Cohesión da Unión Europea, que pretende, ademáis da recuperación da fachada marítima, incidir de forma notable nas relacións do Porto coa cidade, atribuíndo a este novos usos para a cidadanía.

Na nosa visita, os axentes especiais do CCI Andrés Guerra e Ramón Castro, serán os guias que nos explicarán os plans para converter o noso porto no máis importante de Galicia nunha última sesión de infarto ao borde da auga.

Se queredes saber máis, a Autoridade Portuaria de A Coruña creou un portal web no que podedes atopar:

– Información relativa ao desenvolvemento e execución do proxecto.

– Información correspondente ao desenvolvemento do proceso de transformación de parte dos actuais espazos de uso exclusivo portuario para novos usos cidadáns.

– Sección de Hemeroteca, tanto de noticias xeradas ao longo da xestión do proxecto e o seu impacto en medios como inclusión de imaxes das distintas fases das obras.

– Zona de contactos

Vémonos ás 17 horas en frente de Autoridade Portuaria.

Saíde xa de clase e bulide para aquí!!!

Experimentos para o Día da Ciencia na Rúa

Boas CCI´s

Xa vos podedes descargar os experimentos que levaremos este sábado para ao DCR. Lembrade que quedamos con ámbolos turnos enfrente do palacete da Casa das Ciencias ás 10:45 e 15:45 respectivamente.

Bulide que non queda nada. Vémonos