Archivo del sitio

Infiltrado atopado

Moi boas CCI¨s

Temos unha boa noticia que darvos. Gracias a vosa axuda puidemos atopar as persoas que estaba a hackear o noso sistema operativo e que filtraban información confidencial a unha páxina web que cremos que pertence a asociación que leva anos tras os nosos proxectos, a AIE (Axencia Internacional de Espionaxe). Grazas a seguridade de transferencia de datos mantida a través dos webquest, puidemos atopar a dirección de IP do ordenador que estaba a mandar datos de maneira non segura. Fixemos un estudo exhaustivo dos programas de dito ordenador e descubrimos que varias persoas asociadas a seguridade do CCI estaban implicadas neste complot.

Unha vez recuperada a rede de datos e despois de erradicar o virus que estaba a desestructurar os nosos arquivos, comprácenos comunicarvos que puidemos rescatar todos os posts que estaban publicados e que por fin este blog volve ser seguro.