Archivo del sitio

Vampiros de auga

Hai xa un mes que 20 lampreas, procedentes de A Guarda, ocuparon o tanque cilíndrico da sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae. Estes peixes parásitos, utilizan os músculos da súa boca para crear un vacío a modo de ventosa que lle permite succionar o sangue, a carne e os fluídos corporais de outros peixes. Poden chegar a comer, ao longo do seu ciclo vital, ata 20 kilos desas sustancias; deixando as presas con vida para pegarse inmediatamente a outras.

Estes “Vampiros” están, dende o 13 de Febreiro, nun tanque especial que o Aquarium adica a amosar especies estacionais. Un tanque que, ademáis de estar decorado con elementos naturais que recrean o ecosistema fluvial dun río galego, conta cunha serie de imaxes inéditas, aportadas pola Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, que percorren as fases da lamprea, dende larva á súa fase adulta.

Bulide a velas que estarán no aquarium por pouco tempo.

Por fin!!!

Todos os que me coñecedes un pouco sabedes que a miña comida favorita é a tortilla. Os que me coñecen un pouco máis están ao corrente de que fai máis de 8 anos que son ovo-lacteo vexetariano. Pero tanto se me coñeces como se non, non sabes que  hoxe é o día no que volverei a comer carne. En concreto peixe, xa que novos estudos revelaron a existencia do “Peixe Tortilla”:

Este curioso animal é unha das novas especies que se atoparon no 2011 e ocupa un lugar destacado no top ten de especies máis espectaculares descubertas ese ano. O estudo feito polo Instituto Internacional de Investigación de Especies de la Universidad Estatal de Arizona di que o Halieutichthys intermedius, nome oficial polo que se coñece este peixe, habita os fondos do Golfo de México polos que se arrastra axudándose dos ganchos que ten nas aletas. O autor desta deliciosa foto corresponde a un dos seus descubridores, Prosanta Chakrabarty.

Que aproveite CCI´s