Archivo del sitio

FiZZiKiD: Rede social para científicos coma ti

Cada vez sodes máis as nais e pais que amosades a vosa preocupación polo tempo e dedicación que os vosos fillos adican ás redes. Na vosa man está que os rapaces accedan a contidos seguros, educativos e de calidade, como o que vos imos presentar agora, a rede social FiZZiKiD. Unha rede social científica para rapaces entre 8 e 14 anos que nace coa intención de espertar a súa vocación científica e favorecer a amizade a través da colaboración investigadora e do intercambio de coñecemento. Con só dúas semanas de vida, ten máis vertentes a valorar: por exemplo, que pon en xogo unhas medidas de protección á nenez dirixidas a evitar o mal uso do servizo.

Esta nova comunidade, non está pechada á participación de nais e pais, que son, precisamente, os que rexistran ao menor na rede 2.0 (a través do seu eDNI e outros documentos identificativos ou probatorios). O servizo vén da man de Pequeciencia Comunidade Educativa na Rede, empresa que semella terse coidado ben no que se refire á seguridade dos pequenos, de aí que engadira un sistema de alertas ante infraccións de normas de conduta ou mensaxes de calquera tipo que non lle acaian á liña editorial da rede. Esta está dirixida a usuarios de a pé e tamén aos centros educativos, co obxectivo de complementar o seu labor de ensino coas vertentes científicas que pon en xogo a plataforma. O prezo por usuario é de arredor de cinco euros.

Esperamos que o disfrutedes