Archivo del sitio

Nace Bibliosons: un novo blog de música nas Bibliotecas Municipais

cropped-propostas1.jpgNas Bibliotecas Municipais da Coruña estamos de estrea, acabamos de inaugurar un blog de música, Bibliosons, co obxectivo de iniciar unha nova canle de comunicación con todos os amantes da música que visitades a miúdo os nosos fondos musicais ou descoñecedes por completo todo o que as nosas bibliotecas agochamos nas estanterías entre libros, películas e cd´s

Bibliosons pretende descubrirvos a gran variedade dos nosos fondos musicais pero tamén:

  1. Informar das últimas novidades musicais incorporadas ao noso catálogo
  2. Difundir as actividades que organizamos relacionadas coa música
  3. Crear un espazo interactivo onde colaborar con entidades e asociacións que traballan no eido da música na nosa cidade
  4. Empregar a música coma un elemento de integración das comunidades de inmigrantes existentes na Coruña, a través do (re)coñecemento da diversidade cultural e da súa valorización en positivo
  5. E sobre todo, por riba de todo: charlar, compartir, opinar, debatir e mellorar as nosas bibliotecas e particularmente os nosos fondos musicais con todas vosas aportacións e comentarios.

cropped-propostas11.jpg

Bibliosons está estruturado en 8 categorías temáticas:

  • Local (artistas e grupos)
  • Actualidade (novidades, concertos, …)
  • Retrovisor (artistas e bandas, escenas musicais, … de épocas pasadas)
  • Recomendacións (nosas e dos nosos usuarios e usuarias)
  • Entrevistas (a artistas, xente do ambiente musical da cidade, …)
  • Radio (lista de reprodución)
  • En profundidade (reportaxes)
  • Ao Vivo (crónicas de concertos, os Xoves na Sagrada, …)

Participa, comenta e descúbrenos esa música que non atopas nas nosas bibliotecas, axúdanos a mellorar, porque como dicía Shakespeare:

O home a quen non lle conmove o acorde dos sons harmoniosos, é capaz de toda clase de traicións, estrataxemas e depravacións. William Shakespeare

bibliosons3

E se queres recibir as próximas actualizacións de Bibliosons no teu correo, deixános o teu nome e o teu correo no formulario de contacto.

De Leviatanes e Mastodontes

Leviatán é unha palabra de antigo, directamente sacada do que lle chaman “Escrituras Sagradas” e que están no trasfondo das relixións maioritarias na nosa contorna. Pero o CCI non iba sobre a auga este ano? Claro que si!, e é que Leviatán é unha balea, un cetaceo inmenso, monstruoso na súa representación, e fora de control.

E das profundidades abisales do mar, xordeu Leviatán en 2004, un disco feroz dun grupo feroz, Mastodon.  Un grupo de Atlanta que con este seu segundo disco fixo unha revisión das bestas mitolóxicas que do profundo mariño saen dos nosos imaxinarios. A música, como todo, para gustos, img-album_leviathan_0mais é un disco feroz e con clase, como Leviatán. As letras, percorrendo a mitoloxía monstrosa-mariña e a presentación, sinxelamente bonita, chea de imaxes referentes á mitoloxía mariña levada pola furia das ondas do mar.

Son moitas as obras que Leviatán inspirou, non só na música mais tamén na literatura e como símbolo de inmersión en moitos e diferentes aspectos da realidade, desde Thomas Hobbes e o seu asentamento de parte das bases das nosas sociedades actuales ou o persoal de Paul Auster ; ata a visión de Fredy Perlman sobre a evolución do planeta e a necesidade dun cambio profundo.

Leviatán está en nós CCIs, nas nosas profundidades ancestrales, quizais non como balea, mais coa forza que temos, capaz de transformar a nosa relaidade…

AnunCCIos

A partires de hoxe mesmo teremos, tódolos luns, un contido novedoso no que tentaremos reflectir a importancia da auga para a humanidade. Lugares para visitar, refráns, festas, citas de personaxes famosos…  entrarán a formar parte do apartado AnunCCIos que se estrea con Nevermind:

O álbum que deu a coñecer mundialmente ao grupo Nirvana e que encumbrou ao máis alto a un xénero musical prácticamente descoñecido ata a época, o Grunge. O CD, lanzado en 1991, converteuse no éxito sen precendentes do panorama underground ao vender máis de 30 millóns de copias en todo o mundo; en parte grazas ao seu single “Smells like teen spirit” que se converteu no paradigma de toda unha xeneración.

Un disco no que música, portada e letras forman unha conxunción conceptual perfecta que nos invita a reflexionar sobre o mundo. O cd co que, a maior parte dos que xa temos máis de trinta, perdimos a inocencia vendo descubertas, nun puñado de temas que siguen estando de recente actualidade, as regras desta farsa que chaman “Estado de Bienestar” .

Pero imos ao que nos fixo publicar isto no blog: a portada. Unha portada sinxela e icónica, orixinal e impactante, naif e escandalosa que foi admirada á vez que criticada polo sector máis consevador do panorama político norteamericano. Unha portada supercoñecida e ultrarecoñecible que se caracteriza por ser, xunto con Abbey Road dos Beatles, a portada máis parodiada no panorama musical.

Se es dos que parodian, dos que se mollan ou dos que pican o anzol; este disco é para ti. Se es un cú inquedo e non coñeces o disco, ou queres volver a escoitalo, podes levalo de gratis para a casa na  biblio municipal máis cercana.