Archivo del sitio

Ciclo A natureza chega ás bibliotecas

O Concello da Coruña, a través de @CorunaSostible, propoñen xuño coma Un mes para pensar na nosa cidade e no noso planeta . Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellería de Medio Ambiente programa un variado paquete de actividadesabertas ao conxunto da cidadanía entre as que se atopa o ciclo A natureza chega ás bibliotecas.

Xuño Mes do Medio Ambiente

Con esta charlas descubrirás unha serie de trucos imprescindibles para achegarte á observación dos seres vivos e aos instrumentos e ferramentas máis útiles para facelo.

Guías de flores, setas, árbores ou algas. Aves, mamíferos, reptiles, insectos ou fauna marina. Tamén te achegaremos á busca e observación de pegadas e rastros animais e ás principais clases de prismáticos, ao uso de telescopios terrestres e lupas binoculares.

Tamén te aconsellaremos para unha correcta elección e compra dos diferentes libros especializados.

Converte en proveitosas as túas saídas ao campo!

.: Descarga o programa completo (pdf)

Coñecedes os CCI-lotes?!

Unha vez inaugurado o CCI deste ano como se merece, e debidamente reseñado no post anterior aCCIonando mentes, querémosvos presentar unha novidade deste ano: os CCI-lotes!! Aínda que na Biblioteca do Forum é algo que viñan facendo en anos anteriores do CCI, neste 2014 sumámonos á iniciativa as bibliotecas Infantil e Xuvenil e de Ágora. O que si é unha super novidade nas tres bibios son as mochilas tan chulas dos CCI-lotes!!

Os e as CCI’s que puidéchedes vir á primeira sesión xa tivestes ocasión de ver en que consisten os lotes de préstamo do CCI, pero para aqueles rapaces e rapazas que non puideron asistir e para o resto de persoas amantes da natureza e do medio ambiente con ganas de levar en préstamo os CCI-lotes imos explicar brevemente que é iso dos lotes:

3 x 1: tres documentos que contan coma un só préstamo.

A biblio nunha mochila: materiais relacionados coa  natureza, medio ambiente, naturalismo e máis en concreto… aves, que é o tema que nos ocupa este ano no CCI. En cada lote intentamos abarcar a variedade de materiais na biblioteca (audiovisuais, libros de ficción, materias) e a amplitude dos temas relacionados co naturalismo.

Duración do préstamo: 15 días, renovables por outros 15. En total 30 días!

E vos estaredes a preguntar, quen pode levar en préstamo os CCI-lotes? Calquera usuario ou usuaria das Bibliotecas Municipais da CoruñaAsí que bulide! Os CCI-lotes agárdanvos!!

CCI lotes en Bib. Infantil

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil

CCI lotes na Bib. Forum

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

CCI lotes na Bib. Ágora

CCI-lotes na Biblioteca Municipal Ágora