Archivo del sitio
XIX Día da Ciencia na Rúa
Este sábado 10 de maio os membros do Club de Ciencia e Investigación (CCI) das Bibliotecas Municipais saímos á rúa para sermos partícipes do Día da Ciencia na Rúa. Aproveitaremos a ocasión para poñer en práctica, amosar e difundir todo o visto durante estes catro meses de CCI nos que, baixo o lema aCCIón ambiental, nos adentramos na temática naturista e mais concreto no mundo das aves.
Ademais de aprender unha chea de cousas ben interesantes sobre as aves, divertirémonos cos xogos que temos preparados:
- Xerador de haikus
- O xogo dos pares
- Non perdas os aneis
Haberá tamén roteiros polo Parque de Santa Margarita, guiados por membros do Grupo Naturalista Hábitat, que este ano colaboraron con nós no CCI. Os roteiros estarán abertos a todo o público que queira sumarse e os CCI’s irán sacando fotos de natureza durante o roteiro, que entrarán en concurso.
Polo de pronto non vos imos desvelar nada mais… acercádevos este sábado á nosa jaima no Parque de Santa Margarita (Casa das Ciencias) e descubrídeo!! Agardámosvos!!