Archivo del sitio

Homo Erectus, Homo Habilis y …

Neste verán foron atopados en Kenia tres fósiles que demostran que no este de África habitaron tres especies de homínidos ao comezo da evolución humana. Os restos suxiren aos investigadores que no Paleolítico Inferior viviu unha terceira especie xunto ao Homo Erectus e ao Homo Habilis.

Os fósiles pertencen a tres individuos diferentes e se conservan en bo estado. Estos restos trátanse da cara e algúns dentes dun neno ao redor de oito anos; unha mandíbula inferior casi completa que pertenceu a un individuo adulto e un fragmento doutra mandíbula inferior que conserva varios incisivos pequenos, estos restos teñen dous millóns de anos.

Esta nova especie ten un rostro máis grande e plano e confirma que efectivamente foron tres especies contemporáneas: o Homo Erectus, o Homo Habilis e unha terceira que todavía non ten nome.

Con todos os coñecementos que adquirimos este ano, ben podíamos poñerlle nós un nome.

Eu tiro a primeira pedra e chamariao Homo Cara Planus, e vós??

Anuncios