Archivo del sitio

VacaCCIóns

O CCI xa está de vacacións, pero a ti aínda che queda o máis duro… aprobar os exames de Xuño. Para darte unha alegría e ganas de aprobalo todo recomendámoste a Ruta Da Auga de Guitiriz. Que que é?. Pois ahí o tes:

É un roteiro, para facer a pé, duns vinte kilómetros de lonxitude que tenta enlazar o camiño norte de Santiago coas tres fontes de auga medicinais existentes no Concello de Guitiriz: Fonte de Valdovín,en Parga, Fonte de San Xoán, en Lagostelle e Fonte de Pardiñas, situada dentro da aldea do mesmo nome que pertence á parroquia de Lagostelle.

O inicio, nun lugar emblemático de Guitiriz, está na parroquia de Sambreixo, en San Alberte. Un lugar onde conflúen unha ponte romana, unha interesante capela gótica con cruceiro e un asombroso conxunto natural con gran variedade de árbores; todo á beira do río Parga que nesta zona xa é adulto e corre raudo a xuntarse co Ladra uns kilómetros despois. Moi perto daquí, subindo á esquerda, atópase o miradoiro de Sambreixo dende o que se pode disfrutar  dunha fermosa visión da zona.

E o resto… xa o descubriredes vos. Nós, pola nosa banda, a pesares de estar de vacacións, seguiremos actualizando o blog con contidos relacionados coa auga ou non. Ata o ano que ven!!!