Archivo del sitio

Día de la Tierra 2015

Hoxe estamos de celebración, cada ano neste día celebramos o Día da Terra, pero… sabedes porque o celebramos?

Este día é un día celebrado en moitos países. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra. É un día para render homenaxe ao noso planeta e recoñecer á Terra como o noso fogar e a nosa nai, así como expresárono distintas culturas ao longo da historia, demostrando a interdependencia entre os seus ecosistemas e os seres vivos que a habitamos.

earth-day-2015-5638584300208128.3-hp

Como en todas as celebracións importantes Google crea un Doodle especial e este que vos ensinamos é o deste ano, a maiores crearon un divertido cuestionario para saber que animal somos. Facelo leva menos de dous minutos e é moi divertido, eu en concreto son un mamut lanudo :), e vós??

o

Cuestionario do Día da Terra, ¿QUE ANIMAL ERES?

Cuestionario Día de la Tierra

Como sabedes esta ano o CCI está adicado á Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz. E dende logo que a luz xoga un papel fundamental na nosa vida cotiá. Revolucionou a mediciña ou a maneira de fabricar productos e posibilitiou o desenvolvemento de internet.

Por todos estes avances a nosa Terra pode verse afectada senon a aproveitamos de maneira razonable. Debemos xerar un consumo moderado e responsabilizado, esencial para o futuro desenvolvemento da humanidade.

Entre os obxectivos máis importantes deste ano adicado á Luz están:

Aumentar a cooperación internacional, moi ligado ao que prentedía Gaylord Nelson cando instaurou o Día da Terra (crear unha conciencia común aos problemas da superpobación, a producción de contaminación, a conservación da biodiversidade…).

Promover a importancia da tecnoloxía de iluminación no desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida nos países en vías de desenvolvemento.

Por todo isto, debemos coidar a nosa Terra e todo o que nos ofrece, luz, auga, alimento…

Día da Terra

Si, rapaces, hoxe é o DÍA DA TERRA!!!!

Cada ano, o 22 de abril, celébrase o Día da Terra. Millóns de persoas de todos os rincóns do mundo o celebran para conseguir protexer o medio ambiente.

Este ano o lema é “DÍA DE LA TIERRA 2013: “EL ROSTRO DEL CAMBIO CLIMÁTICO” . E este é o vídeo que mellor o expresa, nel móstranse animais e lugares afectados ou ameazados polo cambio climático, así como tamén persoas esforzándose por facer algo ao respecto.

Mesmo Google, celebra este día cun dos seus famosos doodle.

Se pinchades na foto poderedes ver o doodle interactivo.

page

 

Así que, dende aquí lle desexamos á nosa nai Terra FELICIDADES!!!!